martes, 26 de abril de 2016

Miguel de Cervantes





Hoxe realizamos no centro unha serie de actividades para lembrar a figura de Miguel de Cervantes e a súa obra.
 O alumnado de 2º Bacharelato fixeron unha lectura compartida co alumnado de 1º de ESO en inglés do libro" The pied Piper of Hamelin" e Tamara Soto interpretou a frauta a melodía. Para finalizar a actividade estiveron facendo unha posta en común sobre o libro.







As alumnas e os alumnos de 1º ESO recitaron poemas en Castelán que acompañáronos con imaxes.


Clases sen fume

Hoxe visitounos Victoria do programa Clases sen fume. Explicou ao alumnado de 1º ESO os perigos do tabaco. Ao finalizar a charla fixo unhas probas ao alumnado de 1º ESO e tamén aos de Ciclo de Soldadura.


lunes, 25 de abril de 2016

Día do libro



Con este cartaz que fixeron o alumnado de 1º TAPSD conmemoramos o día do libro. Co préstamo ía incluído  a degustación das catro receitas que elas cociñaron no  centro e un marcapáxinas das receitas.


Por todo o centro estaban colocadas pegadas de libros e películas que marcaron ao noso alumnado e profesorado.

Mención honorífica polo traballo"Arte e xogo feminino ao longo da historia

Acabamos de recibir a nova de que o traballo realizado polo alumnado de 1º ESO: "Arte e xogo feminino ao longo da historia" foi galardoado con Mención Honorífica no IV  premio de Innovación Educativa Escolar Viva/ FETE-UGTdun total de 42 traballos presentados dende centros de todo Galicia. O traballo fíxose en coordinación co Equipo de Biblioteca, as titorías e con varios departamento: Lingua e Literatura Galega, Ciencias Sociais, Educación Artística, Francés, Inglés e Educación Física.
Faro de Vigo
Estas foron algúns dos traballos que fixeron o alumnado de 1º ESO.

viernes, 22 de abril de 2016

Viaxe a Monforte

O alumnado de TAPSD visitou hoxe PRODEME,  nas terras de Monforte de Lemos, unha asociación adicada o traballo con persoas con diversidade funcional intelectual coas que realizan diversos talleres de inserción laboral e ocupacional para fomentar a súa autonomía.
A visita mostrounos outro xeitos de atención psicosocial dende o respeto o usuario e a potenciación das súas capacidades.

sábado, 16 de abril de 2016

FIFA no Camballón


 O Proxecto FIFA é unha actividade impulsada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballon de Vila de Cruces. Con esta iniciativa preténdese promover o uso do Portugués nas novas tecnoloxías e combater os perxuízos e comportamentos sexistas nos videos-xogos e nas actividades deportivas.
Na FIFA 15 en XBox o alumnado preparou un tornero de FIFA programando equipos galegos femininos e masculinos de diferentes categorias, dende o Celta, Ourense ata o equipo feminino de Vila de Cruces, "Cruces FSF"
 O Proxecto púxose a andar cunha conferencia do programador informático José Ramón Pichel, da empresa  "Imaxin, Factoreia de Software e Multimedia" sobre a internacionalidade da nosa llingua e as novas tecnoloxías.

viernes, 15 de abril de 2016

Visita EPA Piñeiral

Onte visitáronnos a EPA Piñeiral de Arzúa. Presentáronnos o ciclo de Panadaría, repostaría e confeitaría. As receitas que se elabormos no MasterPREC foron sinxelas pero  creativas e innovadoras, buscando traballar coas distintas texturas, sabores e cores ata acadar o produto desexado. Foi toda unha experiencia, moitas grazas!!.

miércoles, 6 de abril de 2016

Visita ao Museo de Historia Natural

O alumnado de 3º ESO e 1º BAC visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela. Este museo foi fundado por Luis Iglesias, profesor de ciencias no ano 1840-41.
Aspectos que se mostran:
- Evolución da ciencia representada por unha árbore.
- Ecosistemas: bosque Atlántico (fraga), lagoa, río, mar, solo e costa.
- Biomas: selva, sabana.
- Xeoloxía: rochas, minerais e meteoritos.
- Fósil: e ósos de mamut lanudo.
- Actividade práctica: clasificación de mamíferos disecados por tamaño, dieta... utilizando tableta.