Mostrando entradas con la etiqueta Visita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visita. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de mayo de 2025

Marco di Murano


 

Onte veu o noso centro Marcos Porto, autor da novela Marco di Murano, que leron os membros dos distintos Club de lectura do centro.





 Na charla, que tivo lugar na aula Manuel Dobarro, falou do proceso de creación e edición do libro.


Tratou aspectos históricos, artísticos e culturais de Venecia, Milán e Florencia,  cidades nas que está ambientada a historia de Marco. Ademais recordounos a importancia de crer en nós mesmos e de que fagamos aquilo que nos apaixone.


Moitas grazas pola túa visita @marcodimurano!

miércoles, 28 de febrero de 2024

Visita Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

                                                                   

   Hoxe visitamos a Biblioteca Municipal co alumnado de 1° da ESO. A súa coordinadora explicounos o funcionamento do préstamo, o ácceso ás salas de lectura e aos ordenadores e falounos dos fondos existentes. O alumnado que non tiña carnet de usuario levou o formulario que debe cubrir para poder obtelo e ter acceso aos distintos materiais da biblioteca. Este documento vailles permitir levar libros en préstamo en calquera biblioteca galega.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Visita de Dona Isaura Lorenzo Chacón


 Hoxe celebramos o día de Rosalía coa visita de outra poeta. Recibimos a Isaura Lorenzo Chacón, veciña do noso Concello e avoa dun alumno centro. Isaura mostrounos a súa obra, diversos obxectos artesanais, apeiros de labranza e utensilios de cociña sobre os que escribe os seus poemas. Moitas grazas pola visita!! 

 










viernes, 4 de febrero de 2022

Visita de Carlos Negro

 

 

O alumnado de 1º de ESO do Club de Lectura  e de Investigación e tratamento da información estiveron con Carlos Negros, autor de Makinaria e Penúltimas tendencias, dous libros lidos no club. Falounos de libros e descubriunos novas formas de achegarnos á poesía.

 

 

 

 

 



20220104 Horta e Granxa da Asociación Raíña - Kizoa Movie Maker

Visita á Horta e Granxa da Asociación Raíña

 O xoves o alumnado de Fp Básica visitou a Horta e Granxa ecolóxica do marabilloso proxecto da Asociación Raiña en Vilasantar, no que aprendimos un xeito de vivir a ecoloxía, estivéronnos contando como o seu proxecto comezou da nada pero con algo indispensable para calquera proxecto, as ganas, o optimismo e o convencemento de que o mundo pode ser un lugar mellor. Elas cultivan produtos ecolóxicos cos que despois abastecen os comedores escolares, e tamén visitamos o seu galiñeiro de Galiña de Mos. Foi unha xornada produtiva e moi interesante. Convidáronnos tamén a un pique nique riquísimo.

martes, 1 de febrero de 2022

Visita a Casa do Maior de Duxame

 O alumnado de 2º TAPSD visitou o recurso  para a atención aos maiores da Casa do Maior de Duxame.
O obxectivo da visita foi coñecer o novo recurso recén implantado no noso concello e coñecer de primeira man a experiencia emprendedora de Cristina, a sua responsable

jueves, 27 de enero de 2022

Visita de Álex Ferradás


Hoxe visitounos Álex Ferradás, creador de Working Wheels, asociación que busca a integración das perosas con diversidade a través do deporte.
Durante a charla Álex explicounos de primeira mán a súa experiencia a raíz da súa diversidade e como superou as adversidades para convertir en motivación o que moitas persoas perciben con discapacidade.

lunes, 24 de enero de 2022

Presentación do Centro Superior de Hostalería de Galicia


O venres 21 de xaneiro, o alumnado de 4º da ESO tivo unha presentación do Centro Superior de Hostelería de Galicia na que puideron coñecer de primeira man a oferta formativa do centro e o seu método de ensino, baseado na combinación de teoría e práctica e nunha aprendizaxe vivencial na que o alumnado aprende facendo e adquire destrezas de todos os postos posibles da organización.

O achegamento a experiencias reais de antigos alumnos/as, as saídas laborais das especialidades impartidas no centro e as posibilidades de empregabilidade foron outras das cuestións abordadas nas sesións.

As persoas interesadas poden coñecer máis sobre a escola na súa web (http://www.cshg.gal/index.php/es/), ou mesmo concertar unha visita.  


 



20220124 hostelaría - Kizoa Movie Maker

miércoles, 12 de febrero de 2020

Visita ao Pórtico da Gloria

Onte o alumnado de 2º ESO e 2º Bacharelato visitaron a cidade Compostelá para visitar o Pórtico da Gloria e aproveitaron para percorrer as distintas prazas que rodean a Catedral e ver que elementos forman parte de cada unha das fachadas. Aproveitaron para ver o Igrexa de San Paio de Antealtares e visitar o seu museo e coñecer un pouco a historia da casa da Parra. Non marcharon da cidade sen antes percorrer o casco antigo e pasear polas rúas e coñecer algunha curiosidade que se agocha delas.

miércoles, 29 de enero de 2020

Visita de Xosé de Cea

Hoxe estivo no Camballón, Xosé de Cea para falarnos do seu libro a Revolución Detrito que o alumnado de 2º de ESO traballou no Club de lectura.
Xosé contestou a moitas preguntas que o alumnado lle fixo e tamén reflexionou sobre o grave problema do traballo infantil que a día de hoxe  segue vixente.


viernes, 22 de marzo de 2019

Visita das irmáns Cabaleiro

No día de onte estiveron con nós
Para celebrar o día da Muller, o alumnado de 4º ESO, 1º Bac e 1º Soldadura asistiron a unha charla a cargo de Carolina e Ana Cabaleiro.
Carolina comentou a súa experienca como única alumna do ciclo de Soldadura e a súa irmá Ana falou da súa actividade como escritora e explicou como foi o proceso creativo do seu libro As Ramonas ( obra que se está traballando no Club de lectura de 4º ESO).


viernes, 10 de noviembre de 2017

Visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas

O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca municipal que leva o nome dun ilustre escritor e veciño do Concello de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas. Elsa e Mónica explicaron como funciona, que servizos ofrece e como se pode acceder a Galicia- Le. Fixemos unha pequena actividade sobre o escritor e despois puideron revisar os fondos dos que conta. Agradecer a Mónica e Elsa a acollida e as explicacións.

miércoles, 25 de octubre de 2017

Coñecemos aos maiores da Brea

Hoxe contamos  coa presenza dos veciños da Asociación veciñal Minas da Brea, que nos falaron do seu proxecto "A miña historia". Permitironnos coñecer un pouco máis das nosas raíces. Contáronnos como foi a súa experiencia na viaxe que fixeron a Polonia e a Veselá. Moitas grazas por compartir esta experiencia.

viernes, 15 de abril de 2016

Visita EPA Piñeiral

Onte visitáronnos a EPA Piñeiral de Arzúa. Presentáronnos o ciclo de Panadaría, repostaría e confeitaría. As receitas que se elabormos no MasterPREC foron sinxelas pero  creativas e innovadoras, buscando traballar coas distintas texturas, sabores e cores ata acadar o produto desexado. Foi toda unha experiencia, moitas grazas!!.

viernes, 19 de febrero de 2016

Visita de Canto Ghalpón

Hoxe tivemos a visitas de ex-alumnado que forma o equipo Canto Ghalpón! Falaron de humor, internet, audiovisual e de moito mais.
 Gravaron en unha curta onde participaron algúns alumnas e alumnas que vai dar que falar!! Tamén pasaron polo laboratorio de Física e Química para gravar un dos seus episodios de vinte minutos.
  Ex-alumnado do que nos sentir orgulhos@s. Moitas grazas por esta visita. Aquí podedes visitar a súa páxina.

lunes, 23 de noviembre de 2015

A historia da ponte de Ponte Ledesma

Na tarde de hoxe visitounos don Juan Rico Lenza- Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos- que veu acompañado por dúas persoas que pertencen a directiva da Asociación de Veciños de Ponte Ledesma-Natalí González e Alejandra Fernández-, que levan tempo promovendo diferentes iniciativas de divulgación cultural.
Unha das súas principais vertentes de coñecemento ten que ver coa investigación e difusión do patrimonio da súa contorna, entre o que salienta a emblemática ponte construída sobre o río Ulla, que comunica as parroquias de Santiago de Gres e Ledesma, xusto no límite dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón.
Trátase dun espazo singular non só pola presenza dunha excepcional contrución como é a ponte, senón pola súa  relevancia como escenario dun episodio de gran transcendencia histórica. Alí tivo lugar a coñecida batalla de Ponteledesma, mo marco da Guerra de Independencia.

martes, 20 de octubre de 2015

Visita de José Ramón Pichel


 
Tanto Club da lingua como a Biblioteca temos que agraceder a presenza de José Ramón Pichel de "Imaxin, Factoria de Software e Multimedia",    que nos falou sobre:  a lingua dos teléfonos, as linguas dos tradutores automáticos, as linguas da Pedra Roseta, a lingua de Cristiano Ronaldo e de Neymar, as nosas linguas....e, sobre todo, explicounos porque, para moita xente, galego e portugués a mesma lingua é.
Moitas grazas!


viernes, 6 de junio de 2014

miércoles, 21 de mayo de 2014

Xenómica no Camballón


Aos que tivestes a fortuna de estar alí e aos que, pola razón que sexa, non puidestes asistir, calquera cousa que vos dixésemos agora sobre a conferencia coa que nos agasallou o doutor Ángel Carracedo o pasado martes 20 quedaríase curta.
As expectativas xeradas eran grandes –non en van o conferenciante é unha figura mundial no seu eido científico– e á cita, ademais dos que xogabamos na casa (a xente do Camballón), acudiron estudantes e profesorado dos IES Aller Ulloa e Laxeiro de Lalín, aos que se sumaron nais, pais e público xeral.
Porén, a conferencia non estivo á altura das expectativas previas: estivo por enriba delas. A proximidade do doutor Carracedo –que non quixo permanecer no estrado que se lle tiña preparado e baixou a departir con nós no patio de butacas–, a súa enorme capacidade de comunicación, a súa humildade e honestidade intelectual, converteron a experiencia nunha charla amigable e, ao mesmo tempo, engaiolante que se traduciu nunha longa rolda de preguntas por parte do alumnado. Conseguiuse o case imposible: dúas horas de conversa dun interese indeclinable.
Desde o equipo da biblioteca queremos expresar unha vez máis o noso profundo agradecemento ao doutor Carracedo por compartir connosco, de xeito completamente xeneroso e desinteresado, unha parte do seu tempo e dos seus vastos coñecementos.


Aquí vos deixamos o vídeo da conferencia para que a revivades ou vos asomedes por primeira vez ao que alí se dixo. Aproveitádeo, non sempre se ten a ocasión de aprender cun sabio do noso tempo.









E aquí tedes a galería de imaxes do acontecemento: