martes, 20 de diciembre de 2011

DOS VELAS PARA EL DIABLO

Hoxe en día, ninguén cre nos anxos. Pero os anxos existen e existiron sempre. Que como o sei? Porque o meu pai era un deles. O problema é que, cando os anxos danche as costas, en quen podes confiar?
Unha batalla moito máis antiga que o ser humano parece ter, ao fin, un claro vencedor. Pero nos albores do século XXI, Cat, a filla dun anxo, está disposta a desafiar aos mesmos demos con tal de vingar o asasinato do seu pai.

lunes, 19 de diciembre de 2011

BELOVED


A nai: Sethe, a escrava que mata a súa propia filla para salvala do horror, para que a indignidade do presente non teña futuro posible.A filla: Beloved, a meniña que dende ou seu nacemento alimentouse de leite mesturada con sangue, e pouco a pouco foi perdendo contacto coa realidade . Ou crime como única arma contra a dor axena, ou amor como única xustificación ante ou delito e a morte.

viernes, 16 de diciembre de 2011

LOS HIJOS DEL TRUENO

A Xerencia Nacional de Ensinanzas Intelectuais decide coller polos cornos o problema do fracaso escolar e así, a partir de agora, as aulas de todos os institutos do país deberán contar, en todo momento, con 22 estudantes. O alumnado sobrante será destinado, obrigatoriamente aos Institutos Remanentes

jueves, 15 de diciembre de 2011

SOLAR

Michael Beard é un físico que recibiu fai anos o Premio Nobel por un descubrimento que nos medios cientificos coñécese como a combinación Beard- Einstein e dende entón limitouse a vivir apoltroado nos seus loureiros.
O becario Tom Aldous, leva unha noite a Michael Beard á casa e alí coñece a Patrice, a súa quinta muller.
Novela apasionante sobre a razón e irracionalidade, invítanos a reflexionar sobre o cambio climático.


miércoles, 14 de diciembre de 2011

VALQUIRIAS


Chris e Paulo pasan corenta días no misterioso e descoñecido deserto do Mojave, nunha procura que os levará a enfrontarse coa súa realidade máis recóndita, cos seus medos máis íntimos, as súas debilidades e inseguridades.
Esta obra ábrenos as portas da súa loita máis persoal e fálanos da responsabilidade cara a si mesmo e cara aos seus seres máis queridos.
Valquirias trata da vontade e da capacidade de elección que temos as persoas, e de como nosas decisións determinan o noso destino.

martes, 13 de diciembre de 2011

ANOCHE SOÑÉ CONTIGO


Olga é unha bióloga de 48 anos cuxos soños son visitados con regularidade por un descoñecido que a fai gozar. Mari Loli, de 37 anos, traballa de caixeira nun supermercado e soña esperta con ser Esmeralda, bailar en público e ter ao seu lado a un home tenro e namorado. Olga e Mari Loli representan dous mundos moi distintos un confortablemente burgués; o outro, popular e desasistido, aparentemente sen outro punto de contacto que unha canción.

lunes, 12 de diciembre de 2011

ASÍ ES LA VIDA, CARLOTA


Sentiches algunha vez que en casa o ambiente pódese cortar con coitelo, que che gustan dous mozos á vez, que unha materia se che atravesa e que o teu corpo cambia xusto cando non podes recorrer á túa mellor amiga porque se botou noivo? Pois deixa que Carlota te sorprenda porque? a vida é así!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

LA TRIBU DE CAMELOT


Colección de libros no que un equipo de luxo formado por Berta, Mireya, Eli, Saïd, Miguel, Carlota e o seu gato Merlín. Un equipo que morre por resolver misterios, correr aventuras e meterse en leas?

lunes, 5 de diciembre de 2011

DIARIO DE GREG


Este libro é de Jeff Kinney (é o primeiro dunha colección). Trata sobre a vida dun neno duns 12 ó 13 anos, que se chama Greg . O libro é un diario que conta como empeza Greg no instituto, aventuras no instituto e na casa, cousas sobre os amigos, a xente que non lle cae ben e sobre o que vai facendo Greg.