jueves, 27 de mayo de 2010

OPERACIÓN RENOVE

Chegou a hora de renovar en parte a nosa Biblioteca. Mirade, que vos parece??

lunes, 24 de mayo de 2010

VISITA


Hoxe vai estar no noso centro CÁNDIDO PAZÓ autor de A Piragua, libro que leron no Club de Lectura.

É un dramaturgo galego que exerce como autor teatral, director de escena, narrador oral e actor algúns dos textos e espectáculos máis destacados dos que é autor e/ou director: Nano, O bululú do linier, Ñiqui-Ñaque, Binomio de Newton, Bicos con lingua, García, A Piragua, Emigrados, E ti quen vés sendo?

martes, 18 de mayo de 2010

viernes, 14 de mayo de 2010

jueves, 13 de mayo de 2010

CONCURSO MARCAPÁXINAS



Bases:
- Medidas 20x5cm
- Lema que teña que ver coa lectura
- Feito en cartulina

(O/a gañador/a terá un agasallo)

En breve saíra publicada cal é o MELLOR MARCAPÁXINAS.

Días das Letras Galegas


UXÍO NOVONEYRA

Porta Xorda 1966

PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!
Dente puño teso a premer valeiro!
Cando volva o vento
Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?


Rota a corda que tempera a forza do sino
Un pobo enteiro rébrese no tempo
Folga Xeral contra da Historia.


Compría agouxarse en calquer ichó
Mais seguín fora a xistra
Velando norde estrela longa brillo atuido.
Alguén chama. Alguén agarda
Corazón tente
Sostén a gran nembranza.