Este cómic relata unha historia de amor e desencontros dunha parella que se reencontran despois de 10 anos. O seu autor DavidRubín foi gañador con esta obra da primeira edición do premio de bandadeseñada Castelao
Xa está nos andeis da nosa Biblio un novo Comic de Manel Cráneo. Nesta obra Martín de Ferreira e Lopo viven unha serie de aventuras. Animámosvos a que o leades.
O escritor ourensán, membro da Real Academia Galega, recibe o premio de A voz de Galicia polo seu irrenunciable compromiso con Galicia. Destacar os seus traballos de ensaísta, poeta, novelista e producción periodísticas de investigación e crítica. Noraboa
Nemesio Castro colabora coa Secretaría de Estado do Goberno na raíña Isabel II e vai voltar de Brasil, onde é un home de boa posición social, para participar nunha espionaxe política no Norte de África.
Inquietante libro de Cormac McCarthy. Esta novela apocalíptica narra o vagar dun pai co seu fillo por unha terra destruida e asolada, equipados cuns fortes instintos de supervivencia. Esta obra foi galardoada co premio Pulitzer 2007. McCarthy é autor tamén na novela "Non é país para vellos" en cuxa versión cinematográfica destacou a interpretación de Javier Bardem, pola que obtivo un merecido Óscar.
A adaptación da novela é a película que leva o mesmo nome e aqui vai un adianto...
Este libro de Mar Guerra , Premio Merlín 2008, conta a historia da chegada dun alumno a un cole por primeira vez. Este rapaz chámase Xenaro e polas súas aficcións poderíase considerar un bicho raro. Unha historia fascinante que podes descubrir.
MarioVargasLlosa, autor peruano de títulos como: Los jefes, La huída del Inca, El desafío, La ciudad y los perros, La casa verde, Los cachorros, Conversación en la Catedral, Carta de batalla por Tirant lo Blanc, Contra viento y marea, La fiesta del chivo, La guerra del fin del mundo ...
Neste libro recóllese a historia de Wilson Valderrama, unha persoa de acción, entregado aos demais, empeñado en elaborar un proxecto de transformación social.
A súa vida transcorre entre Alemania e Colombia, e a historia esta narrada por Pastora, Gloria Inés e o propio Wilson. Pero mellor que no lo conte o autor desta obra
Nesta novela nárrase como un grupo de compañeiros de clase percorren o CamiñodeSantiagoen 16 días, dende Somport ata aCatedraldeSantiago. Nada máis comezar a ruta o guía alertaos de que un enorme perigo rodea a cidade de Santiago de Compostela. Que estará a acontecer?
Esta obra de Marcos Calveiro, premio LAZARILLO 2009, ven a ser unha homenaxe ao pintor VAN GOGH.
O protagonista é enviado pola súa nai a pasar unha tempada en París a casa dunha tía e alí vai coñecer a Vincent, un pintor do que non se vai separar durante a súa estancia en Auvers.
Nestes últimos días de curso a biblioteca adquire libros, entre eles, contamos dende hoxe con estes novostítulos,por un lado as novelas deFederico Moccia