viernes, 17 de mayo de 2024
Miña nai
martes, 14 de mayo de 2024
Excursión País Vasco
Os días 1,2 e 3 de maio viaxamos ao País Vasco compartindo aventura cos institutos Basanta Silva de Vilalba e de Río Cabe de Monforte. Era a oitava edición do "Regueibertso", unha convivencia anual entre regueifeiras adolescentes da Galiza e bertsolaris de Euskal Herria. Esta convivencia ten dous obxectivos: xuntarnos para improvisar en verso e coñecer e compartir as nosas linguas e culturas. A regueifa é unha ferramenta para, entre outras moitas cousas, ampliar as relacións socioculturais e vivir emocións, ideas e actividades como esta, onde improvisar em verso é unha forma de vivir creativamente.
Estivemos en Igorre, no IES de Arratia, cun alumnado que nos acolleu moi hospitalariamente e con quen apredemos e nos divertimos. Realizamos diversas actividades, como unha visita ás Covas de Balzola, onde o escritor e profesor Angel Larera nos explicou a mitoloxía da zona, ou un obradoiro de baile tradicional.
Tamén participamos en dous festivais de improvisación, en Igorre e en Dima, onde o alumnado das Cruces, Vilalba e Monforte cantamos improvisando sobre temas variados: neardentais, eucaliptos ou a celulosa ALTRI.
lunes, 13 de mayo de 2024
viernes, 10 de mayo de 2024
O sobreiral de Arnego
Visita ao sobreiral de Arnego do alumnado de 1º de ESO.
Dous integrantes de ADEGA guiáronnos por un terreo custodiado por dita asociación.
martes, 7 de mayo de 2024
Adrián na Olimpíada Filosófica Estatal
O noso Alumno de Filosofía Adrián Pampín de 4º ESO ven de participar na Olimpíada Filosófica Estatal de Filosofía celebrada en Bilbao 10 e 20 de abril. Todo un orgullo para o centro levar tan boa representación galega! Parabéns Adri polo teu marabilloso traballo!
lunes, 6 de mayo de 2024
A cociñar!!
Desta volta o alumnado do Ciclo de TAPSD practicaron a elaborar unha tradicional tortilla de pataca.
Unha receita para repetir!
Educación emocional: proxecto EU
No marco dos contrato-programa Emocióna-T, centrámonos no descubrimento persoal nos cursos de 3º e 4º ESO, levando a cabo o proxecto EU. Trátase dun proxecto de autodescubrimento a través de dinámicas de autocoñecemento e mediante a reflexión e identificación das cualidades propias. No programa, traballamos sobre as habilidades sociais e de comunicación, adquirindo estratexias para o
autocoñecemento e valoración positiva das diferenzas entre as persoas, potenciando a autoestima, empatía e asertividade, á vez que promovemos o bo trato. Coa axuda da entidade Anacos Educativos, aprendemos a de-construirnos de xeito respectuoso, favorecendo a identificación e expresión emocional. Aquí podedes ver un resumo das sesións.
sábado, 4 de mayo de 2024
25 aniversario
viernes, 3 de mayo de 2024
Obradoiro de Primeiros Auxilios
As alumnas de 2º de Tapsd desenvolveron o obradoiro de primeiros auxilios ao alumando de 2ºESO. Estes obradoiros levarase a cabo nos vindeiros días para o resto do alumnado.
jueves, 2 de mayo de 2024
Apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces
O alumnado de 1º de Tapsd acuidíu á Escola infantil de Vila de Cruces a facer o apadriñamento lector cos nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Leron e interpretaron os contos de "O coelliño branco" e "A vaca que puxo un ovo".