Mostrando entradas con la etiqueta Filosofía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Filosofía. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de mayo de 2024

Adrián na Olimpíada Filosófica Estatal


 O noso Alumno de Filosofía Adrián Pampín de 4º ESO ven de participar na Olimpíada Filosófica Estatal de Filosofía celebrada en Bilbao 10 e 20 de abril. Todo un orgullo para o centro levar tan boa representación galega! Parabéns Adri polo teu marabilloso traballo!

jueves, 8 de febrero de 2024

Filosofía do Camballón




Participación do alumnado de filosofía do Camballón na Olimpíada filosófica de Galicia, nas modalidades de disertación e dilemas morais!

martes, 3 de marzo de 2020

Visita a Lugo

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de Latín, Grego, Filosofía e FP Básica viaxou a Lugo onde levou a cabo varias actividades. Para comezar visitamos en Outeiro de Rei o CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas), onde nos explicaron que é, dende cando existe e cal é a función dun centro pioneiro non só no Estado español senón tamén en Europa e que moi poucos coñecen.  O persoal do centro deunos todo tipo de explicacións sobre o seu funcionamento, amosáronnos as instalación nas que puidemos ver, ademais dalgúns avións non tripulados, tamén o motovelero Stemme e desveláronnos a existencia dun interesante ciclo formativo superior de mantemento aeromecánico que se pode cursar no CIFP As Mercedesen Lugo.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/rozas-orgullo-lugo-nos-situara-epicentro-europa/202002211311051424550.html
Despois fomos ata o centro de Lugo para visitar no Antigo Cárcere a exposición sobre a Serie Amarilla do pintor ourensán Xaime Quessada. Nesta serie, o artista emprega como fío condutor a cor amarela para presentar dun xeito que sorprende ao espectador, inicialmente condicionado pola luminosa cor cara a unha temática amable, un conxunto de cadros onde se suceden distintos episodios de sufrimento humano como a represión da ditadura de Videla, o xenocidio da guerra dos Balcáns, os naufraxios de pateras no Mediterráneo ou a invasión de Irak. Ás emocións e sensacións que suscita a exposición, súmase o efecto de opresión que causa o feito de que as obras estean expostas en sucesivas celas do cárcere.

https://www.facebook.com/1657604821119097/posts/onte-o-alumnado-do-ies-marco-do-camballon-de-vila-de-cruces-disfrutou-da-visita-/2509610629251841/
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2509610629251841&id=1657604821119097

Finalmente, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla onde por medio do visionamento de dous vídeos se nos informou da historia desta construción bimilenaria e de como a cidade de Lugo cubriu de libros unha muralla pero descubriu un Monumento Patrimonio da Humanidade, nun poético e exitoso exemplo de colaboración cidadá na procura dun ben común.

miércoles, 17 de enero de 2018

A mitoloxía


Os mitos forman parte da tradición cultural das diferentes civilizacións. A mitoloxía fálanos dos desexos e temores dos seres humanos, da necesidade que temos de darlle sentido ao mundo que nos rodea. Achegarnos a eles proporciónanos un mellor coñecemento de nós mesmos. Así o reflexaron o alumnado de 1º Bacharelato
  
  
      


















miércoles, 17 de abril de 2013

HISTORIA DE LA FILOSOFÍA: SIN TEMOR NI TEMBLOR

Alba e Nemo, dous adolescentes, son o fío condutor desta Historia da Filosofía para mozas de Fernando Savater. Enlazando maxistralmente as vidas dos máis importantes filósofos, fainos partícipes das correntes de pensamento que marcaron a historia da humanidade desde Sócrates até o século XX. O prólogo introduce aos mozos na idea de que é a filosofía para inmediatamente arrincar, da man de Alba e Nemo e as súas particulares reflexións, coas súas orixes, logrando un texto excepcional que sen dúbida interesará a todo tipo de público.

martes, 16 de abril de 2013

LA FILOSOFÍA DEL DÍA A DÍA

A reflexión sobre situacións cotiás que afectan o individuo común, tales como acudir ao traballo, ir ao médico, reunirse coa familia e os amigos ou gozar dos momentos de lecer, constitúe o punto de partida para analizar diversos conceptos que o autor extrae do mundo da arte, a filosofía, a literatura, a política ou a psicoloxía. O libro constitúe unha orixinal síntese da historia das ideas; un percorrido a través dalgunhas das grandes liñas da cultura universal. Unha análise intelixente que facilita a comprensión de formulacións teóricas básicas do pensamento universal.

lunes, 15 de abril de 2013

LA FUERZA DE EXISTIR

Onfray é o académico que sae á rúa para dicirlle ao mundo: a historia do pensamento que vos contaron é só a máis conveniente á serenidade dos poderosos. Ao idealismo de Platón, dos Pais da Igrexa e de Kant oponse outra liña que non ve o corpo e o pracer como un obstáculo para o coñecemento, senón todo o contrario. No primeiro capítulo, o filósofo preséntase en carne viva: «Falecín á idade de dez anos...» É o momento en que ingresa no orfanato. Os tormentos daqueles anos mostran como o corpo do filósofo é a matriz e a materia de que están feitas as ideas. Nietzsche é a figura tutelar desta contrafilosofía, pero tamén Montaigne, Pascal, e mesmo Descartes. Nas dúas palabras que integran o subtítulo desta obra, Manifesto hedonista, está o programa do labor que Onfray vén realizando. «Manifesto» pola súa potencia política e «hedonista» pola súa reivindicación do potencial liberador do pracer e da necesidade de romper coa tradición que nos fixo crer que o mundo material non cabe no ceo das ideas.

viernes, 12 de abril de 2013

LOS PODCASTS DE PLATÓN

A aplicación da filosofía dos antigos á nosa vida cotiá no presente século, é unha proba de como a SABEDORÍA, labrada en pedra, ou gravada en MP3, sempre é imperecedera. "Os podcasts de Platón" recolle en vinte apaixonantes capítulos as extraordinarias vidas doutros tantos filósofos da antigüidade clásica e preséntanos aspectos insólitos e pouco coñecidos das personalidades de Platón, Sócrates, Aristóteles, Hiparquia de Maronea, Hypatia de Alexandría, etc., das que extrae unha serie de consellos de gran utilidade para transitar polo mundo actual.

jueves, 11 de abril de 2013

LA ERA DEL SIERVOSEÑOR


Considerouse a historia da filosofía despois de Platón como un conxunto de notas ao pé de páxina dos seus diálogos, pero hai verdadeiro pensamento despois do sabio de anchas espal- dás? Como xurdiu? Un percorrido polos grandes temas da filosofía da man dos seus protagonistas, de Diógenes a Michel Onfray, pasando por Aristóteles, Santo Tomas, Wittgenstein, Nietzsche, Foucault ou Althusser entre os grandes nomes da filosofía. Filosofía a marteladas? Un exercicio de deconstrucción da historia da filosofía que pode contribuír a aumentar a capacidade de pensar con liberdade, arremetendo contra o envaramiento ou os abelorios que habitualmente encorsetan o xénero.