lunes, 24 de febrero de 2020

O xardín de Rosalía


Para celebrar o día de Rosalía na Biblioteca imos sementar un xardín cos seus poemas.


ESCRIBE UN VERSO DE ROSALÍA NA FLOR E COLOREA

Este ano na Biblioteca celebramos o Día de Rosalía prantando un xardín cos seus poemas.
O alumnado escribiu un verso de Rosalía nunha flor e pintouna de cores. As creacións instaláronse nunha maceta na entrada do centro. Este colorido xardín serviunos para recordar a figura da poeta.

sábado, 22 de febrero de 2020

Entroido



Que é o Entroido sen algo de risco!!. Calquer cousa é posible se tes suficiente coraxe...e así o demostraron o equipo do Biblioteca. Por iso Harry Potter foi aceptado no Marco do Camballón e douse así o comezo do festival.



Durante a xornada, despois dunhas sesións de clase pasouse a parte lúdica onde todo o centro participou por equipos en diversos xogos e despois douse paso ao concurso de disfraces e comparsa. Aquí vai un breve resumo do que se disfrutou nesta xornada. Que viva o entroido!!


miércoles, 19 de febrero de 2020

Visita á Biblioteca municipal

O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas para coñecer un pouco mellor os horarios,  funcionamento e os servizos que presta. Asemade aproveitamos a visita para facer os carnets de lector a todo a alumnado que o desexou.


IV Encontro de Entroido

Onte tivo lugar o Encontro de Xenerais do Ulla que ano tras ano se celebra na comarca que que cada ano organiza un dos centros que participa. Este ano foi o organizador o CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces.
Actuaron os Xenerais do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, empregando os traxes do seu entroido, mentres que os Xenerais do CEIP de Merza e do IES Marco do Camballón empregaron as vestimentas da Asociación Cultural "O vellos dos Cornos" de Merza. O alumando do Camballón tamén participou con tres parellas de mouros e un grupo de alumnado que regueifaron.
As parranda correron a cargo do CEIP de Cerdeiriñas e Nosa Señora da Piedade.

Viva o entroido!!

miércoles, 12 de febrero de 2020

Visita ao Pórtico da Gloria

Onte o alumnado de 2º ESO e 2º Bacharelato visitaron a cidade Compostelá para visitar o Pórtico da Gloria e aproveitaron para percorrer as distintas prazas que rodean a Catedral e ver que elementos forman parte de cada unha das fachadas. Aproveitaron para ver o Igrexa de San Paio de Antealtares e visitar o seu museo e coñecer un pouco a historia da casa da Parra. Non marcharon da cidade sen antes percorrer o casco antigo e pasear polas rúas e coñecer algunha curiosidade que se agocha delas.

Monte Gaiás

O alumnado de 4º ESO foron ao museo e a biblioteca e asemade visitaron a exposición sobre A emigración




IV Congreso NOSA

O noso alumnado participou no IV Congreso NOSA, celebrado  o 10 de febreiro en Santiago de Compostela. NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo do que forman parte media ducia de centros públicos galegos, e que se encadra no ámbito STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas).
O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.
O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.
A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas  a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.

martes, 11 de febrero de 2020

Concurso Odisea


Un curso máis, o alumnado do Marco do Camballón participa no concurso Odisea, un certame que vai xa pola 15ª edición e no que o noso centro leva concursando dende o seu segundo ano de celebración. Este ano de olimpismo, como non podía ser doutra maneira, o concurso versa sobre o deporte na Antigüidade, o que nos deu pé a aprender moitas cousas sobre o mundo antigo pero tamén a reflexionar sobre o espírito agonal e os seus límites, o coidado da saúde e a importancia da dieta, a situación da muller dende Grecia ata os nosos días... En fin, non podemos deixar de constatar que somos humanos, que nada humano nos é alleo e que as nosas inquedanzas, degoiros, dificultades e éxitos son os mesmos no 2020 que no 776 a.C., algo que a intensidade do brillo das novas tecnoloxías moitas veces non nos permite ver.
Pero agora, os datos do concurso Odisea 2020:

Este ano están concursando 5.331 alumnos e 346 profesores de toda España, distribuídos en 2.079 grupos procedentes de 309 centros.
No caso de Galicia, participaron 243 equipos de 39 centros diferentes procedentes das catro provincias.
Na primeira fase do concurso, quedou vencedor de todos eles o equipo cruceño LUSAMA, que este mércores 12 de febreiro participará no desempate autonómico competindo con outros catro centros galegos que obtiveron a mesma puntuación aínda que precisaron máis tempo para responder as preguntas.

Parabéns e moita sorte LUSAMA, xa fixestes un traballo espectacular.
Parabéns tamén ao resto de equipos participantes: TACE!, TOK, TWIN TURBO, ZC´S e CLEOPATRA que conseguiron moi boas puntuacións e amosaron un gran entusiasmo e ganas de gañar.

lunes, 10 de febrero de 2020

As nosas mans construiron o mundo


O alumnado de 1º TAPSD realiza un mural na residencia de Vila de Cruces co lema: As nosas mans construiron o mundo, repasaron cos usuarios as súas vidas para rescatar deste xeito o valor inmaterial dos nosos maiores.

miércoles, 5 de febrero de 2020

Visita da poetisa Ana Vila Portomeñe

Hoxe visitounos a poetisa  labrega taboadense Ana Vila Portomeñe que nos explicou como crea os seus poemas. Partindo dun poema dela títulado Canta, o alumnado de 1º de ESO animouse a facer un poema e o resultado foi impresionante. Grazas Ana por compartir con nós este taller de poesía.!!