Hoxe o equipo As Venus do IES Marco do Camballón formado por: Antía, Alicia e Laura recolleron o premio do Concurso Odisea de Galicia. Parabéns!!
jueves, 16 de junio de 2022
Premio Concurso Odisea Galicia
jueves, 10 de febrero de 2022
As nosas alumnas gañan o concurso Odisea
martes, 8 de febrero de 2022
Concurso Odisea
Quod bonum, faustum, felix fortunatumque sit!
O concurso está bastante igualdado, ahí tedes As venus loitando....💪
lunes, 31 de enero de 2022
Concurso Odisea
Un curso máis o noso alumnado participa
na décimo sétima edición do concurso Odisea. As preguntas que se fan cínguense ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego.
Estes quen serán que ao concurso acoden?
A onde levades ese portátil co seu cargador,
eses portos USB, eses libros cheos de tarxetas separadoras?
Cantas escolas están
revolucionadas
con alumnos investigadores esta sacra mañá?
Oh instituto, os teus corredores énchense de mozos
que acoden á pescuda, á sala de computadores
cargados con mochilas,
levando as súas libretas, os seus bolígrafos e a súa ilusión.
Que fermosa imaxe digna dun Fidias do século XXI
que inmortalizase nun friso os vosos xestos,
os vosos pasos decididos!
Cando a nosa xeración destrúa o tempo
permaneceríades, entre penas distintas
das nosas, inmortalizados en pedra dicindo:
"A beleza é verdade e a verdade beleza"... Nada máis
se sabe nesta terra e nada máis fai falta.
De todo isto non quedará unha obra en pedra,
pero sí, como a copa de Fidias achada en Olimpia,
un detalle emocionante lembrará o que traballamos.
martes, 11 de febrero de 2020
Concurso Odisea
Un curso máis, o alumnado do Marco do Camballón participa no concurso Odisea, un certame que vai xa pola 15ª edición e no que o noso centro leva concursando dende o seu segundo ano de celebración. Este ano de olimpismo, como non podía ser doutra maneira, o concurso versa sobre o deporte na Antigüidade, o que nos deu pé a aprender moitas cousas sobre o mundo antigo pero tamén a reflexionar sobre o espírito agonal e os seus límites, o coidado da saúde e a importancia da dieta, a situación da muller dende Grecia ata os nosos días... En fin, non podemos deixar de constatar que somos humanos, que nada humano nos é alleo e que as nosas inquedanzas, degoiros, dificultades e éxitos son os mesmos no 2020 que no 776 a.C., algo que a intensidade do brillo das novas tecnoloxías moitas veces non nos permite ver.Pero agora, os datos do concurso Odisea 2020:
Este ano están concursando 5.331 alumnos e 346 profesores de toda España, distribuídos en 2.079 grupos procedentes de 309 centros.
No caso de Galicia, participaron 243 equipos de 39 centros diferentes procedentes das catro provincias.
Na primeira fase do concurso, quedou vencedor de todos eles o equipo cruceño LUSAMA, que este mércores 12 de febreiro participará no desempate autonómico competindo con outros catro centros galegos que obtiveron a mesma puntuación aínda que precisaron máis tempo para responder as preguntas.
Parabéns e moita sorte LUSAMA, xa fixestes un traballo espectacular.
Parabéns tamén ao resto de equipos participantes: TACE!, TOK, TWIN TURBO, ZC´S e CLEOPATRA que conseguiron moi boas puntuacións e amosaron un gran entusiasmo e ganas de gañar.
jueves, 8 de febrero de 2018
Concurso Odisea
sábado, 18 de marzo de 2017
Recollida do Premio Odisea e visita a Ourense
miércoles, 15 de febrero de 2017
Concurso Odisea
domingo, 5 de febrero de 2017
Odyssea Certamen
Hoc anno MMXVII, a die Lunae postridie Nonas Februarias usque ad diem Iovis ante diem V Idus Februarias, septem turmae discipularum
et discipulorum linguae Latinae et Humanitatis Classicae Lycei "Marco do Camballón" aderunt in certamine optimo Odyssea quod de rei
publicae administrandae rationibus apud veteres Romanos Graecosque aget.Nomina turmarum sunt:
domingo, 31 de enero de 2016
Concurso Odisea
Concurso ODISEA 2016
A GUERRA NA ANTIGÜIDADE
|
οὐδεὶς γὰρ οὕτω ἀνόητός ἐστι ὅστις πόλεμον πρὸ εἰρήνης
αἱρέεται·
ἐν μὲν γὰρ τῇ οἱ παῖδες τοὺς πατέρας θάπτουσι,
ἐν δὲ τῷ οἱ πατέρες τοὺς παῖδας
ninguén é tan necio que escolla a guerra antes que a
paz,
pois se nesta son os fillos os que enterran aos seus
pais,
naquela son os pais os que enterran aos seus fillos
Herodoto, Historia, I, 87, 4
Este ano catro equipos portarán o estandarte do IES Marco do Camballón:
Os Ghraios, As Pitonisas, Os Troianos e Ollos de curuxa
Que Atenea lles sexa favorable!
|
domingo, 1 de febrero de 2015
Concurso Odisea e Gran Festa Grega
Foi unha semana de intenso traballo buscando respostas que ás veces se nos atragoaban...
Meu dito, meu feito. Puxémonos mans á obra: deseñamos unhas invitacións e repartímolas polas aulas.
Decoramos a biblioteca con carteis
e unha grilanda de benvida para a que escollemos un verso de Virxilio que recolle o tema da Odisea deste ano:
Photocall clásico no Camballón 2 on PhotoPeach
Photocall clásico no Camballón 3 on PhotoPeach





