Un curso máis o noso alumnado participa
na décimo sétima edición do concurso Odisea. As preguntas que se fan cínguense ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego.
Estes quen serán que ao concurso acoden?
A onde levades ese portátil co seu cargador,
eses portos USB, eses libros cheos de tarxetas separadoras?
Cantas escolas están revolucionadas
con alumnos investigadores esta sacra mañá?
Oh instituto, os teus corredores énchense de mozos
que acoden á pescuda, á sala de computadores
cargados con mochilas,
levando as súas libretas, os seus bolígrafos e a súa ilusión.
Que fermosa imaxe digna dun Fidias do século XXI
que inmortalizase nun friso os vosos xestos,
os vosos pasos decididos!
Cando a nosa xeración destrúa o tempo
permaneceríades, entre penas distintas
das nosas, inmortalizados en pedra dicindo:
"A beleza é verdade e a verdade beleza"... Nada máis
se sabe nesta terra e nada máis fai falta.
De todo isto non quedará unha obra en pedra,
pero sí, como a copa de Fidias achada en Olimpia,
un detalle emocionante lembrará o que traballamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario