jueves, 30 de enero de 2014

30 de Xaneiro Día escolar da non Violencia e a Paz

O alumnado de Relixión estivo traballando o tema da Paz. Os de 4º de ESO foron os encargados de diseñar o mural e escolleron un frase de Nelson Mandela, rindíndolle así unha especial homenaxe debido o seu pasamento. Os demáis alumn@s colaboraron na súa realización.
En 1º e 2º ESO estiveron traballando a figura de Nelson Mandela e seleccinaron aquelas imaxes e frases que el pronunciou ao longo da súa vida e que máis lle chamaron a atención.





viernes, 17 de enero de 2014

SAÍDA A SANTIAGO

O alumnado de 1º e 2º de ESO van hoxe a escoitar un concerto no Auditorio de Galicia e o seu remate o grupo de 1º visita o Museo de San Martín Pinario e o de 2º o Museo do Pobo Galego.           Disfrutade!!

viernes, 10 de enero de 2014

Biblioteca para nais e pais


A biblioteca do IES “Marco do Camballón” inaugura este mes unha nova sección: a Biblioteca para  nais e pais.
A colección atópase na entrada do instituto e o acceso aos libros é directo e libre. Poden consultarse en calquera ocasión na que se visite o noso centro e tamén levalos en préstamo por un prazo dun mes, cubrindo un formulario, que está a disposición de quen o solicite en Conserxería, cos seguintes datos:

1) Título da obra
2) Número de rexistro (é o número que aparece no interior do selo da portada do libro)
3) Nome, apelidos e teléfono do usuario.


Facendo click na imaxe de abaixo, accédese ao catálogo desta nova sección, no que se inclúe un breve resume de cada libro.

 Catálogo de obras

jueves, 9 de enero de 2014



Debido ás adversas condicións meteorolóxicas, suspéndese a actividade de contemplación do ceo prevista para mañá venres ás 19:30 horas na Praza do Concello. Esperemos que os deuses sexan benevolentes e varran as nubes do ceo o vindeiro cuarto crecente do mes de febreiro.
Cando teñamos unha nova data para a celebración da sesión de Astronomía na beirarrúa, publicarémolo no blog e no taboleiro da biblioteca.