viernes, 25 de noviembre de 2016

A ciencia no Camballón

Durante este mes de novembro, o departamento de Bioloxía estivo facendo varios traballos de investigación no laboratorio co alumnado de 1º de ESO. Traballaron o manexo do microscopio óptico para logo levar a cabo varias prácticas. A que máis lle chamou a atención foi a que fixeron con algas e protozoos. Aquí vos deixamos o vídeo da próxima xeración de biólogos e biólogas do Camballón!



miércoles, 16 de noviembre de 2016

Gañadores do Toma Castaña!!

 Queremos agradecer o participación de todo o alumnado do Camballón no Toma Castaña e os gañadores foron....
mellor equipo da xincana de xogos foi...SELBAN (Lucía, Erika, Silia, Noa e Brais M)

a cabaza máis orixinal...A CABAZA CANÍBAL (Alberto, Roi e Xabi)



a cabaza que máis medo dá.... MEDO (Milagros, Patricia, Carolina, Zaira, María, Bea e Sebas)


As outras categorías quedaron desertas.
Para recoller os premios pasar pola nosa Biblio.
Parabéns aos gañadores!!


Premio a mell

viernes, 11 de noviembre de 2016

Toma castaña!!

Hoxe, día de San Martiño, nada mellor para celebrar o magosto, que unha xornada de xogos no ximnasio do Camballón e unhas regueifas a cargo do alumnado de 2º de ESO.


Estivemos dúas sesións 38  equipos xogan a: carreiras de sacos e relevos, bolos, torre de Hanoi, poliedros, orde alfabético, círculos, enredo coas mans, cifras, tangram, botella, tres en raia, dominó, cadeiras, pasapalabra, kapla e avión. Tamén houbo concurso de cabazas en varias categorías:
-a que máis medo da.
- a máis traballada.
- a máis divertida.
O premios fallaranse o martes 15/11/2016.
Pero as castaña non so teñen importancia alimenticias senon folclórica e literaria.
Rosalía de Castro, principiaba así o seu poema: “¡TERRA A NOSA!”.
“Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡Qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se dín alí!”.
O imaxinativo Alvaro Cunqueiro adica istas  verbas ós castiñeiros: “Dende os tempos máis remotos, Galicia foi castañeira. Nas iadeiras dos outeiros nosos, e nos vales, medraba o castiñeiro ou castiro, coa sua grande copa románica, coa flor no primeiro verán que chaman recandeo. Logo aparecían os ourizos, que se van facendo pouco a pouco, co tempero ideal que é “en Agosto arder e en Setembro beber”.

Rematamos a xornada degustando castañas!!

  Aqui queda unha pequena mostra desta xornada.

jueves, 3 de noviembre de 2016

Biblioteca Neira Vilas

Coincidindo co día do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, o alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca que leva o seu nome no núcleo urbano do concello. Alí recibíronnos Mónica e Elsa que moi amablemente nos explicaron como funcionaba, cales son os recursos que ten e participamos nunha bateria de preguntas sobre Neira Vilas. Aproveitamos esta visita para facer a tarxeta de socio ou socia. Moitas grazas!!