Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de julio de 2026

Orgullo do noso: Neira Vilas, voz da aldea

O Día das Letras Galegas 2027, adicarase a unha figura moi especial para a nosa comunidade: Xosé Neira Vilas, un dos escritores máis recoñecidos do noso concello. A súa obra e o seu compromiso coa lingua e coa  cultura galega convérteno nun referente imprescindible, e para o noso IES é un motivo de orgullo celebrar esta homenaxe tan próxima e sentida.

Neira Vilas soubo dar voz, con sensibilidade e verdade, á vida da xente do rural galego. A través de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, achegounos a mirada limpa e sincera dun neno da aldea, que observa o mundo con curiosidade, xustiza e tamén esperanza. Balbino non é só un personaxe: é un símbolo de toda unha xeración e dunha forma de vivir que forma parte da nosa identidade.


Para o noso centro educativo, esta celebración ten un significado especial. Non só recoñecemos a traxectoria dun grande escritor, senón que tamén reivindicamos as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura. 

Ao lembrar a Neira Vilas, lembramos tamén a importancia de manter viva a lingua galega e de seguir creando, lendo e compartindo en galego. Porque, como nos ensinou Balbino, mesmo desde unha pequena aldea pódense contar historias que chegan ao corazón de todo un pobo.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

Neira Vilas

 

Hoxe celebramos o nacemento do noso escritor máis senlleiro, Xosé Neira Vilas. Narrador, periodista, poeta....nacido en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Emigrou a Bos Aires en 1949, casou coa escritora cubana Anisia Miranda e trasladouse a Cuba. En 1992 regresan a Galicia para vivir en Gres, alí dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas

viernes, 27 de noviembre de 2020

Homenaxe a Neira Vilas

 Homenaxe a Xosé Neira Vilas no seu 5º cabo de ano. O alumnado do IES Marco do Camballón a Gres conmemoralo con música, regueifa, roteiro e global muiñeira. Agradecemos a Fundación Xosé Neira Vilas e a Xosé Manuel Lobato por todo!!
 

 


20201127Neira Vilas - Kizoa Movie Maker

martes, 3 de noviembre de 2020

3 de Novembro: Homenaxe a Neira Vilas

 No día en que se conmemora o nacemento de Xosé Neira Vilas, que mellor maneira de homenaxealo, que recollendo as ilustracións do seu libro "Memorias dun neno labrego" e musicalo cunha peza interpretada polo grupo de gaitas Luz de Ilicinio, un dos grupos que forman parte de AACC Mestre Manuel Gacio de Lestedo. Grazas a AACC por permitir empregar esta peza.
 

 


jueves, 3 de noviembre de 2016

Biblioteca Neira Vilas

Coincidindo co día do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, o alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca que leva o seu nome no núcleo urbano do concello. Alí recibíronnos Mónica e Elsa que moi amablemente nos explicaron como funcionaba, cales son os recursos que ten e participamos nunha bateria de preguntas sobre Neira Vilas. Aproveitamos esta visita para facer a tarxeta de socio ou socia. Moitas grazas!!