sábado, 22 de diciembre de 2018

Planetario

Neste primeiro trimestre, o alumnado da materia Introdución á astronomía (1º BAC) traballou no deseño e construción dun planetario portátil. Os materiais empregados foron de uso corrente: tubos de pvc e unha lona de plástico. Con iso armouse unha cúpula con espazo para uns 20 visitantes. 
No interior da cúpula preparouse unha superficie de proxección con folios tamaño A3, na que se puideron visualizar as principais constelacións do hemisferio norte. Un dos principais atractivos do planetario foi o feito de conseguir que unha imaxe proxectada do ceo en 3 dimensións.
A proxección das constelacións, que simulaba o movemento real das estrelas ao longo dunha noite, ía acompañada dun audio preparado polo alumnado no que se explicaban as características científicas e aspectos mitolóxicos asociados a cada unha delas.
Na última semana de clases antes do Nadal organizáronse varias visitas a alumnado da ESO e BAC.

viernes, 21 de diciembre de 2018

Festival de Nadal

Rematamos este trimestre cun festival onde participaron Iria e Saleta bailando unha canción e a continuación  as concursantes de Quero cantar,  o alumnado de artes escénica e o alumnado de Regueifa, que cerrou o acto.




2018-12-21 Festival Nadal



Bo Nadal e Felices Festas!

Felices lecturas!

Festival TEI

O alumnado da ESO participou este xoves nas actividades de cohesión grupal e afianzamento das parellas TEI, coa finalidade de adquirir ferramentas contra o acoso escolar.


jueves, 20 de diciembre de 2018

Viaxe a Santiago

O alumnado de 2º Bacharelato estivo este mércores en Santiago.  Visitaron as cubertas da Catedral, viron as  fachadas e o seu interior. Remataron a viaxe no Monte Gaiás para ver a exposición sobre Castelao.


lunes, 17 de diciembre de 2018

Postais Nadal

Os maiores precisan sentir o Nadal como eles o viviron, por iso o grupo de 1º TAPSD realizaron en colaboración coa residencia de miores de Vila de Cruces estas postais.


viernes, 14 de diciembre de 2018

Recomendacións de Nadal

A piques de comezar as merecidas vacacións de Nadal, queremos facervos recomendarvos algunhas lecturas que esperamos vos emocionen.


martes, 11 de diciembre de 2018

Carpetas viaxeiras de 1º ESO

Unha nova viaxe van a percorrer as carpetas viaxeiras de 1º ESO que van cargadas de materiais interesantes para o alumnado e para as familias.


martes, 4 de diciembre de 2018

Coñecemos o que nos rodea?

O título elixido fai referencia á biodiversidade natural que forma parte da nosa contorna e que moitas veces pasa desapercibida diante dos nosos ollos.
Esta exposición realizouse coa colaboración do alumnado de 1ºESO co propósito de visibilizar aqueles aspectos que se estudan de forma teórica durante as clases, acerca dos distintos reinos de seres vivos. Neste caso centrámonos nos seguintes reinos: Fungos e Plantas. O alumnado foi o encargado de recoller os exemplares e de elaborar os carteis que sinalan aqueles aspectos destacables dos mesmos.
Expuxéronse fungos, musgos, fentos, hedras, follas de anxiospermas e ximnospermas, sementes de ximnospermas, flores de anxiospermas, ... Cada un destes ten ao seu carón os carteis que marcan o seu nome, o reino ao que pertence e aquelas curiosidades ou partes que o forman.
Dun xeito moi sinxelo, logrouse agrupar de forma práctica moito do coñecemento teórico que o alumnado foi traballando durante as sesións, ademais de contribuír a fortalecer valores como a responsabilidade individual ou a colaboración entre iguais.