sábado, 22 de diciembre de 2018

Planetario

Neste primeiro trimestre, o alumnado da materia Introdución á astronomía (1º BAC) traballou no deseño e construción dun planetario portátil. Os materiais empregados foron de uso corrente: tubos de pvc e unha lona de plástico. Con iso armouse unha cúpula con espazo para uns 20 visitantes. 
No interior da cúpula preparouse unha superficie de proxección con folios tamaño A3, na que se puideron visualizar as principais constelacións do hemisferio norte. Un dos principais atractivos do planetario foi o feito de conseguir que unha imaxe proxectada do ceo en 3 dimensións.
A proxección das constelacións, que simulaba o movemento real das estrelas ao longo dunha noite, ía acompañada dun audio preparado polo alumnado no que se explicaban as características científicas e aspectos mitolóxicos asociados a cada unha delas.
Na última semana de clases antes do Nadal organizáronse varias visitas a alumnado da ESO e BAC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario