martes, 22 de diciembre de 2015

Festa de Nadal no Camballón

No Auditorio Xosé Casal, tivo lugar unha boa festa, o I Certame de Regueifas de Vila de Cruzes foi espectacular! 16 participantes, un público que participou de forma exemplar, animando e acompañando os nervos d@s valentes regueifeiras, e un xurado ao que agradecemos o seu labor.

Dentro do Festival de Nadal do IES Marco do Camballón, deu unha conferencia o arqueólogo submarino David Abella, da empresa de arqueloxía Argos, especializada en xestión do patrimonio e mergullo arqueolóxico.Presentou o proxecto de arqueoloxía submarina que ARGOS-Servizo de Actividades Subacuáticas vai desenvolver no rio Ulla, no lugar de Brandomés, en colaboración co Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
Este proxecto parte da lenda da espada de Brandomés, unha lenda recollida durante a elaboración do "Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces" que alumnado, profesorado e familias do IES Marco do Camballón desenvolveron hai dous cursos e no que participaron mais de cen persoas.
Ao ser o rio Ulla un lugar de interese arqueolóxico especial, pois nel apareceron no século XX numerosas espadas da Idade de Bronce, este proxeto relaciona a nosa lingua e a tradición oral coa arqueloxía submarina. Relacionado con este traballo de divulgación,, alumnos do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón fixeron o curso pasado dúas replicas de espadas da prehistória, asesorados pola arqueóloga Beatriz Comendador.
David Abella e ARGOS teñen interese na divulgación da arqueoloxía como forma de posta en valor do patrimonio e, neste proceso científico e educativo, participará o alumnado do Marco do Camballón coñecendo de primeira man a metodoloxía científica e comunicativa dunha intervención arqueolóxica deste tipo.
Desde o Clube da Lingua explican que é importante relacionar os nosos valores culturais, o noso patrimonio, coa última tecnoloxia científicia, e que o motor deste proxecto é a lingua galega, ao converterse no estímulo fundamental deste e outros procesos de participación social e educativa.

  Que viva a festa!

viernes, 18 de diciembre de 2015

Mulleres de mate

http://www.edu.xunta.es/eduga/985/boas-practicas/mulleres-mate



A revista Eduga publica a experiencia que levamos a cabo o curso pasado co alumnado de 1º de ESO na materia de Proxecto Interdisciplinar. Para ver o documento premer na imaxe.

Felices festas

Montaje creado Bloggif
O equipo de Biblioteca deséxavos un
Bo Nadal
e un 
Próspero Aninovo 
cheo de lecturas.

A boina galega

Hoxe foi a presentación mundial da primeira boina galega do século XXI, no noso instituto!
A artesá Sandra Vilas trouxo as primeiras boinas que elaborou a man, tres modelos diferentes. Iso si, acabamos de descubrir que a boina galega ten moitas posibilidades de variación e que se poden crear moitísimos deseños diferentes, mesmo personalizados. A boina con espiral azul é un exemplo dos múltiples deseños que se poden chegar a elaborar, grazas á creatividade da artesá, unha artista de vangarda.
Parabéns Sandra Vilas e moitas grazas por firmar no noso libro de visitas!

jueves, 17 de diciembre de 2015

Formación Xadrez

As/os alumnas/os de 1º ESO participou nun taller de Xadrez coordinado polo profesor de Matemáticas, Manuel Lugo, que elaborou un pequeno manual para o alumnado de 1º ESO. As primeiras sesións realizáronse con cada titoría e rematouse o taller cunha sesión conxunta de ámbalas titorías.


Leer más publicaciones en Calaméo
Durante varias sesión de titoría aprenderon nocións elementais e movementos básicos e comezaron a xogar partidas entre compañeiros de clase.

martes, 15 de diciembre de 2015

A curiosidade lectora

Para espertar a curiosidade lectora, o alumnado de TAPSD escolleron anacos de textos dos libros que están non distintos carros de lecturas e colgaron carteis por todo o centro.


Recomendacións de Nadal

Baixo o lema LER EN NADAL É IDEAL, alumnas de 2º de Bacharelato tiveron a iniciativa de crear un grupo de WhatsApp para recomendar libros e películas para estas vacacións.
Moitas grazas e felices lecturas!!.

viernes, 11 de diciembre de 2015

O Camballón celebra os Dereitos Humanos

10 de decembro é un dos días máis significativos en termos educativos e así o entendemos no Camballón. Este curso o alumnado fixo unha lectura dos 30 artigos da Declaracións dos Dereitos humanos en distintos idiomas.



Nadal verde

O Nadal tamén se pode ver e sentir doutro xeito. Unha mostra é este traballo feito por alumnas e alunmos de TAPSD. Esta é outra mostra do seu traballo.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Música e fotografía

O alumnado de 3º e 4º ESO escoitou a Real Filharmonía de Galicia nun concerto didáctico dirixido polo mestre Maximino Zumalave.

Este concerto comezou cunha obra Minueto do compositor italiano Luigi Boccherini (1743-1805), afincado en España desde os 25 años, onde desenvolveu a maior parte da súa carrera como compositor.

Os músicos interpretaron  unha selección da Serenata nº 9 “Posthorn” de Mozart (1756-1791). O manuscrito data de 1779 e parece que foi creada para as cerimonias anuais de graduación da Universidade de Salzburgo.

Tamén foron ver a exposión do fotógrafo galego José Suárez, unhas das figura máis interesantes e destacadas no século XX, baixo o título "Uns ollos vivos que pensan". 
Remataron a xornada en Santiago realizando cun taller de revelado.



 

Video dereitos humanos

Conmemorando o día dos dereitos humanos a alumnado de 1º Bacharelato fixeron este traballo.



Parabéns!!

Música e fotografía

O alumnado de 3º e 4º ESO escoitou a Real Filharmonía de Galicia nun concerto didáctico dirixido polo mestre Maximino Zumalave.

Este concerto comezou cunha obra Minueto do compositor italiano Luigi Boccherini (1743-1805), afincado en España desde os 25 años, onde desenvolveu a maior parte da súa carrera como compositor.

Os músicos interpretaron  unha selección da Serenata nº 9 “Posthorn” de Mozart (1756-1791). O manuscrito data de 1779 e parece que foi creada para as cerimonias anuais de graduación da Universidade de Salzburgo.

Tamén foron ver a exposión do fotógrafo galego José Suárez, unhas das figura máis interesantes e destacadas no século XX, baixo o título "Uns ollos vivos que pensan". 
Remataron a xornada en Santiago realizando cun taller de revelado.



 

viernes, 27 de noviembre de 2015

FALECE XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe deixounos o cruceño máis internacional, o escritor máis coñecido da nosa vila que será sempre recordado polo seu personaxe de Balbino en Memorias dun neno labrego, unha obra imprescindible na historia da literatura galega. As homenaxes na súa honra levanse sucedendo xa durante varios anos nos que os galegos e galegas recoñeceron a importancia capital da escrita deste novelista que é un dos grandes creadores na nosa terra; a partires de hoxe as loubanzas xa non contarán coa súa presencia que sempre nos quedará nas súas obras.

Así recollen a nova algúns xornais:

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 de novembro: Educando contra a Violencia de Xénero


Un ano máis as estadísticas ofrecen datos vergoñentos sobre o número de vítimas por violencia de xénero. É necesario recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia. 







150 vídeos para traballar a prevención da violencia de xénero no eido educativo.


No centro traballouse este tema e o resultados foron traballos como estes:



Alumnado de TAPSD
O alumnado de terceiro de ESO fixeron unha nube de palabras sobre  o violencia de xénero

lunes, 23 de noviembre de 2015

A historia da ponte de Ponte Ledesma

Na tarde de hoxe visitounos don Juan Rico Lenza- Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos- que veu acompañado por dúas persoas que pertencen a directiva da Asociación de Veciños de Ponte Ledesma-Natalí González e Alejandra Fernández-, que levan tempo promovendo diferentes iniciativas de divulgación cultural.
Unha das súas principais vertentes de coñecemento ten que ver coa investigación e difusión do patrimonio da súa contorna, entre o que salienta a emblemática ponte construída sobre o río Ulla, que comunica as parroquias de Santiago de Gres e Ledesma, xusto no límite dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón.
Trátase dun espazo singular non só pola presenza dunha excepcional contrución como é a ponte, senón pola súa  relevancia como escenario dun episodio de gran transcendencia histórica. Alí tivo lugar a coñecida batalla de Ponteledesma, mo marco da Guerra de Independencia.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Gañadores de Samaín

Os cursos gañadores do concurso de decoración por aulas foron:


TAPSRRORÍFICO- Alumnado de TAPSD                              O CONXURO DOS DOCES- 2º ESO B










Os gañadores do campeonato de axedrez foron:
Marcos Gónzalez Lamas
Daniel Soto Parcero


O equipo  mellor da xincana de xogos foi o formado por: Iria, Nerea, Anxela, María, Paula e María.


Parabéns a todos por ese vale por un Bocata!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Día da ciencia en galego

O mércores 5 de novembro o alumnado de 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Tapsd asistíu a videoconferencias de Ciencia en Galego co título: A máquina que constrúe a mente e a realidade a cargo do biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas Xurxo Maríño.
Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo.

sábado, 7 de noviembre de 2015

Samaín no Camballón

O venres celebramos no centro o Samaín, festividade de orixe celta, un tempo de tradicións e festa, e sobre todo de medo, de moito... medo.
Na entrada do centro tiñamos a un invitado especial, presentándonos unha colección de libros e películas de medo. Por unha banda, propuxemos un concurso de decoración por parte do alumnado das distintas aulas
Por outra banda, elaboramos un recetario de cociña con productos típicos desta época como son: cogumelos, castañas, noces e cabazas. Neste proxecto da Biblioteca colaboraron os departamentos de Lingua galega, Lingua Castelá, Francés, Inglés e ITI.


 Tamén tivo lugar unha xornada de xogos e rematamos cunha degustación de castañas.

O alumnado de 2º de Bacharelato e 4º de ESO elaboraron unha recopilación de epitafío

viernes, 6 de noviembre de 2015

Regueifando na Biblioteca Ánxel Casal

 IES Maximino Romero, de Baio, e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces presentamos o dia 5 de novembro en Santiago de Compostela, o “Proxecto Regueifesta”, dentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal. Este proyecto ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, valoración e práctica da regueifa como impulso de normalización linguística.
A regueifa, forma tradicional de improvisación oral, ten un importante potencial lúdico e unha alta capacidade para desenvolver habilidades linguísticas, musicais, comunicativas e sociais.
Esta forma tradicional do noso patrimonio inmaterial, chegou a nós grazas á transmisión oral. Este proxecto pretende activar e difundir a regueifa entre a xente nova, mediante un proceso de participación sociocultural, interxeracional e interterritorial a través das novas tecnoloxías.
O Proxecto Regueifesta, alén do obxectivo de normalización da lingua, desenvolve outras competencias educativas de interese: música, literatura, igualdade de xénero, interculturalidade, coñecemento do medio...
O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso desocialización.
 A xornada completouse coa visita ao Museo do Pobo galego.

sábado, 31 de octubre de 2015

Semana da Biblioteca

Durante a semana pasada estivemos celebrando no centro a Semana da Biblioteca. Comezamos entregando os títulos de Voluntariado na Biblioteca escolar, así como unha libreta, as voluntarias do curso pasado.


Quixemos que fose unha semana doce en lecturas e demos aos lectores un chupa e un pequeno agasallo.
E que mellor semana para saber que opinaban da Biblioteca? Este foi o resultado

sábado, 24 de octubre de 2015

Día da Biblioteca

Este ano algunhas das alumnadas de 2º de Bacharelato, que son colaboradoras e/ou que están no Club de Lectura, quixeron adicar uns intres do seu tempo para renderlle unha pequena homenaxe o lugar que, sen dúbida, máis visitan no seu paso polo centro: a Biblioteca.

Grazas a Carla, Alba Ramos, Belén, Silvia, Carmen, Alba López, Bárbara e Tamara por este fermoso traballo.

Contigo aprendín...



martes, 20 de octubre de 2015

Visita de José Ramón Pichel


 
Tanto Club da lingua como a Biblioteca temos que agraceder a presenza de José Ramón Pichel de "Imaxin, Factoria de Software e Multimedia",    que nos falou sobre:  a lingua dos teléfonos, as linguas dos tradutores automáticos, as linguas da Pedra Roseta, a lingua de Cristiano Ronaldo e de Neymar, as nosas linguas....e, sobre todo, explicounos porque, para moita xente, galego e portugués a mesma lingua é.
Moitas grazas!


viernes, 9 de octubre de 2015

Sesión inaugural do Club de lectura





Onte tivo lugar na aula Manuel Dobarro a sesión inaugural do Club de lectura para o presente curso 2015-16. 
Lucas, o coordinador, explicou como se ía traballar, horarios, profesorado implicado, a distribución dos grupos e as actividades que se pretenden levar a cabo.
Boas lecturas!!








jueves, 8 de octubre de 2015

Premio Nobel de literatura 2015


A escritora bielorrusa Svetlana Alexievich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015. Escritora e periodista en lingua rusa a realidade e o drama de gran parte da poboación da antigua URSS, así como dos sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e outros conflictos. 
Parabéns!!

Día internacional das persoas de idade



O pasado 1 de outubro,  conmemorouse o Día Internacional das persoas de idade con lema: "A sostenibilidade e a inclusión das persoas maiores na contorna urbana".
 É preciso prestar máis atención ás necesidades das persoas de idade e os seus problemas.
Dende a biblioteca quixemos facer visible a importancia destas persoas nas nosas vida. O alumnado do Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de Dependencia traballou co alumnado de Relixión de 1º de ESO.




martes, 6 de octubre de 2015

Nobel Física 2015



O Xaponés Takaaki Kajita e o canadiense Arthur B. McDonald, investigadores das oscilacións dos neutrinos, foron premiados co Nobel de Física 2015.

Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil


O libro humorístico da viguesa Leticia Costas: "Escarlatina, a cociñeira defunta",publicado pola editorial Xerais, foi premiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor/a español/a escrita en calquera das linguas oficiais do estado e editada en España durante o pasado año 2014.
Parabéns Ledicia
La vanguardia

Se queredes ler algo esta autora na nosa biblioteca contamos cos seguintes libros desta autora:
Escarlatina, a cociñeira defunta- Rexistro 7612- N/COS/esc
Recinto gris- Rexistro 7222- N/COS/rec
Xardín de inverno- Rexistro 6255- N/COS/xar
O corazón de Xúpiter- Rexistro 6235- N/COS/cor
Unha estrela no vento- Rexistro 3011- N/COS/est

jueves, 1 de octubre de 2015

Xadrez 2015



Este curso retomamos o proxecto de divulgar entre o alumnado do centro o xogo de xadrez.

Tod@s @s que saibades xogar podedes facelo de 11:30 a 11:55 na aula 106 onde hai taboleiros á vosa disposición.

Para @s que descoñecen os aspectos básicos deste xogo, daranse unhas sesións de introdución ás súas regras. Para iso haberá que anotarse nas follas de inscrición situada na aula 106 ou falar con Manuel Lugo (membro do equipo de biblioteca)

Excursión a Roma

O pasado mes de Xuño o alumnado de Bacharelato visitou Roma, e para mostra de como o pasaron fixeron este vídeo.

martes, 15 de septiembre de 2015

Biblioteca escolar, base de exploracións

Arrancamos este curso co lema "Biblioteca escolar, base de exploracións",  campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 A imaxe do cartel é do ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO.
A biblioteca pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios.
Bo comezo de curso.

martes, 30 de junio de 2015

RECOÑECEMENTO EXTRAORDINARIO

Dous dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato, Silvia Alonso Blanco e Marcos Fernández Pichel, recibiron hoxe  en Santiago de Compostela o recoñecemento ao seu esforzo. Estes premios concédense aos mellores expedientes de Galicia cuxa puntuación supere o 9 na nota de acceso á univesidade. Parabéns.



martes, 23 de junio de 2015

VIDEO OBRADOIRO DE CREACIÓN ARTÍSTICA 2015

Sumándonos ao fenómeno dos vídeo clips urbanos, os rapaces/as do grupo de obradoiro de creación artística realizan a montaxe dun vídeo ao ritmo da canción  “blurred lines” de Robin Thicke. Utilizamos como marco creativo diversas zonas do noso instituto como son: o ximnasio, a biblioteca, as escaleiras da entrada, os baixos, as pistas polideportivas, os corredores da planta baixa e as columnas da entrada. O vosos compañeiros/as bailan e brincan en todos estes escenarios abertos, nunha mostra de traballo en equipo e creatividade a esgalla.





miércoles, 17 de junio de 2015

Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia

O vindeiro curso 2015-2016, o IES "Marco do Camballón" ofertará o 
Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, 
conducente ao título de Técnico en atención a persoas en situación de dependencia. 





Contacto:
e-mail: ies.marco.camballon@edu.xunta.es

Tfo.: 986582251

Ligazóns de interese:

http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp
http://www.edu.xunta.es/fp/conece-fp


lunes, 15 de junio de 2015

A República das Palavras

Xa temos na biblio a última obra de Séchu que reseña José F. Asorey:



Séchu Sende, A  República das Palavras

A editorial Através vén de sacar do prelo A república das Palavras, recente contribución de Séchu Sende á República das Letras Galegas. Trinta e tantos relatos breves con algunhas cuñas poéticas conforman esta magnífica obra que o seu autor confirma ser continuación de Made in Galiza. Pode considerarse como unha miscelánea narrativa na que Sende, xogando coas imaxes humorísticas, trata temas de ficción, realistas e mesmo surrealistas, desde anécdotas tabernarias ata narracións sublimes que non nos deixan indiferentes. Asemade, fai unha defensa apaixonada da lingua e da cultura de noso, tocando ademais outros temas como pode ser o feminismo e o amor polos animais. Dada a miña simpatía e admiración por Séchu, que me honra coa súa amizade, recoñezo que non podo ser totalmente obxectivo, pero o que si podo asegurar é que coa lectura de A República das Palavras gocei moitísimo.
Días atrás, o diario catalán La Vanguardia publicou unha recensión coa que coincido totalmente. Recomendo encarecidamente a súa lectura.
Parabéns, Séchu, e grazas por esta achega á República das Letras Galegas.


Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:

http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html



Esta é a foto que Xurxo Mariño lle fixo ao escaparate dunha libraría tarraconense na que se expoñía a versión catalá da Made in Galiza, La venedora de paraules


Cerceda 2015

O alumnado de Relixión participou o pasado venres dunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.

miércoles, 3 de junio de 2015

Boletín de lecturas para verán

Aquí vos deixamos as distintas suxestións de lectura para este verán. O prazo de préstamo está aberto ata o venres 19. Non vos despistedes!!!








martes, 2 de junio de 2015

Actividades varias do departamento de Educación Física

Aquí podedes ver as actividades que levou a cabo o Departamento de Educación Física ao longo deste mes.




jueves, 28 de mayo de 2015

Tattoos da Galiza

Hoxe tivemos na biblioteca do Camballón  ao ganador do concurso de tatuaxes, Terrino, que nos falou sobre tattoos, petróglifos e patrimonio e asinou o noso libro de visitas.






 Recibiuno o alumnado de 3º de ESO, que onte grabou un vídeo de promoción do libro Tattoos da Galiza no que nos invitan a participar na campaña de crowdfunding para subvencionar a súa edición.
Animádevos a participar, colaborade con 10 euros nunha iniciativa novidosa para a elaboración dun libro interesante e de alto valor estético.


martes, 19 de mayo de 2015

Concurso de personaxes célebres franceses

O alumnado de francés participou nun concurso sobre persoaxes francófonos famosos, organizado polos profesores de Francés de Galicia  (APFG). O obxectivo era introducir as artes nas aula, potenciando o desenvolvemento de competencias e favorecendo o enriquecemento do acervo cultural como factor clave da transmisión de coñecementos entre civilizacións. Estes foron os seus traballos:

 

Xadrez con Cruces

Participaron neste último torneo de Xadrez un total de 50 xogadore/as repartidos en: Grupo A (ESO, FPB e profes) cun total de 30 e Grupo B (BACH, CF SOLe profes) 20 participantes. Desenvolveuse polo Sistema Suizo a 6 roldas, en tando que os desempates fixéronse mediante o Sistema Bucholz.Os catro mellores de cada grupo disputan unha "final-catro" cun tempo de 20 minutos por xogador, enfrontándose o primeiro clasificado co cuarto e o segundo co terceiro.
Grupo B
1. Diego Rodríguez Taboada
2. Alberto Mejuto Sesto
3. Marcos Torres Torres
4. Marcos González Lamas
O Campión do grupo foi Marcos Gónzalez Lamas e Subcampión Alberto Mejuto Sesto.
Grupo  A:
1. Martín Saa López
2. Alejandro Senín Montero
3. Adrián Guerra García
4. Javier Troitiño Jordedo
O Campión deste grupo foi Adrián Guerra García e Subcampión Martín Saa López.




 PARABÉNS A TODOS!!

lunes, 18 de mayo de 2015

Semana das Letras Galegas





Este curso, celebramos o Día das Letras Galegas decorando o corredor do acceso ao noso centro con poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado de 1º de ESO.












Letras galegas 2015 on PhotoPeach  
 Así quedou o traballo
 
Asemade, retomamos, despois dun ano, a sección "Nós tamén facemos letras galegas" publicando os relatos gañadores do concurso Sígueme ilustrados por alumnado do centro


e a tradución do poema de Cavafis, Ítaca, que realizaron as alumnas de Grego I:



Ademais da tradución deste poema fixeron o seguinte traballo:

 
Na clase de grego de 1º de BACH limos a Odisea de Homero na versión de Rosemary Suttcliff, ilustrada polo gran debuxante Alan Lee e editada por Vicens Vives. Como tod@s sabedes, é o relato do regreso de Odiseo desde Troia, a cidade que asolaran os gregos tras un asedio que durou dez anos, ata Ítaca, a súa illa natal onde o esperaban a súa esposa, Penélope, o seu fillo, Telémaco, e o trono real. Cubrir esa distancia, aparentemente curta se consultades un mapa actual, levoulle ao noso heroe outros dez anos, de xeito que a ausencia da súa casa acadou dúas décadas enteiras. Ao longo desta dilatada travesía, Odiseo viviu unha morea de aventuras das que vos damos noticia no mapa interactivo de abaixo. Cada icona contén un breve texto que informa sobre a peripecia en cuestión e sobre algunha proposta de localización no mapa do Mediterráneo (permitíndonos a licenza de supoñer que a xeografía imaxinaria poda coincidir coa xeografía real). Un dos puntos marcados cun corazón é Ítaca; o outro, xa veredes cal é. O punto marcado coa icona de círculos concéntricos non se corresponde con ningún lugar presente na Odisea, é un “extra” que incluímos. Por último, hai outro punto do mapa que nunca visitou Odiseo e que nós destacamos coa icona do círculo verde: Alexandría, a vila natal do poeta Cavafis autor do famoso poema Ítaca. Nós traducímolo na clase e deixámosvos aí a nosa versión.

Este traballo queremos dedicarllo ao profesor Xurxo Mariño, un Odiseo do noso tempo, que tivo a xenerosidade de incluír o IES "Marco do Camballón" no seu periplo deste curso para compartir con nós as súas experiencias e coñecementos. (Miriam Lareu, Carla Castro, Alba López e Tamara Soto)

viernes, 15 de mayo de 2015

Entrega premios CambaNet

Aquí vos deixamos as imaxes da entrega de premios aos equipos gañadores do CambaNet que tivo lugar na biblioteca.
A todos eles lles entregamos, ademais, o novo pendrive co logo da biblio, aquí o tedes:






jueves, 14 de mayo de 2015

Viaxe a Londres

Neste mes de abril, o alumnado que integra as seccións bilingües de Educación Física, Plástica e Matemáticas viaxaron a Londres coas profes Eva e Carmen.  Foi unha estancia “ typically British” aínda que  a climatoloxía  fose máis ben “typically Spanish”… e abofé que ninguén protestou!




lunes, 11 de mayo de 2015

En abril, a biblioteca mantivo tamén o seu compromiso coa CIENCIA

Na primeira quincena do mes de abril, celebráronse no IES Marco do Camballón as Primeiras Xornadas de Portas Abertas do departamento de Física e Química. Nelas, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, Diversificación Curricular e FP Básica traballou no laboratorio con 8 experimentos, guiados por alumnos e alumnas de 4º de Eso e 1º e 2º de Bach e baixo a supervisión da profesora Raquel Veira.

Deses oito experimentos, seis eran de física, relacionados con temas como as ondas, a luz e o son; a mecánica ou o magnetismo e dous de química, en relación co pH de ácidos e bases e as reaccións de oxidación e redución.


O obxectivo da actividade foi que o alumnado se familiarizase co laboratorio e con algúns conceptos interesantes da física e da química, que teñen aplicacións na vida cotiá, dun xeito práctico e divertido. Esperamos que os participantes disfrutasen da experiencia e aquí vos deixamos, en imaxes, un recordo do que deron de si as xornadas.


Aquí tedes un tríptico onde se recollen as experiencias:



Aquí unha precsentación con distintas imaxes:




E aquí un vídeo con distintos momentos das xornadas:



Esta é a vosa avaliación da actividade:

sábado, 9 de mayo de 2015

CambaNet: clasificación final

A biblioteca e os departamentos que tomaron parte nesta 1ª edición do concurso CambaNet queremos felicitar os catro equipos que chegastes ao final do concurso.

Foi unha carreira de fondo na que demostrastes perseveranza, tenacidade e capacidade de loita, sexa cal for a puntuación obtida.

Esperamos que fose unha experiencia enriquecedora e que, máis alá dos contidos directamente relacionados coas preguntas, atesouredes agora un bo feixe de habilidades e estratexias para a procura de información, tanto en bibliotecas como en Internet, para o traballo en equipo e para a xestión do tempo.

Parabéns a Os Nènos (Adrián García, Roi Guzmán e Alexander Iglesias de 2º ESO), flamante equipo ganador que se mantivo invicto ao longo de todo o proceso e que só cando a “kriptonita” diminuíu leve e temporalmente as súas enerxías cometeu dous pequenos erros.

Parabéns a Nosilo (Silvia Alonso, Lucía Blanco e Noelia Dopazo de 2º Bach), que, tras un tramo final sumamente disputado, obtivo a segunda posición.

Parabéns a Morriña (Cecilia García Soto de 1º Bach), que ata o último momento pelexou por ese mesmo posto e quedou a un punto de conseguilo.

E parabéns a Alex Tintor (Uxía Blanco de 4º e Marta Blanco de 3º de ESO), que, pese a todos os escollos, continuou respondendo as sucesivas fases cun auténtico espírito deportivo e un alto afán de superación.

Bravo a todos e todas!
Chegados a este punto, só cabe dicir que foi un auténtico pracer compartir con vós esta aventura!

A entrega de premios, á que estades convocados os membros dos catro equipos, será o venres 15 de maio ás 11:30 na biblioteca.


domingo, 3 de mayo de 2015

Clasificación 10ª Fase

 As respostas correctas ás preguntas da 10ª fase son as seguintes: 


  1. Cara ao final das Euménides (obra contida no volume que ten a signatura 807/ESQ/tra), unha importante deusa do panteón grego pon paz entre Orestes e as súas perseguidoras. Segundo a lenda, esta deusa entregou aos atenienses unha oliveira, a carón da cal, no século V a.C. , se erixiu un templo que tomou o nome dun rei mítico da cidade e que é coñecido, sobre todo, por ter as máis femininas das columnas gregas.
Como se chama o templo? Como se chaman esas columnas?

Erecteón/Erecteion
Cariátides

2.  Nos andeis da sección de Linguas Clásicas podedes atopar algunhas das obras do poeta que formulou o tópico literario do carpe diem. En que páxina do exemplar que temos na nosa biblioteca podemos atopar este verso? A quen está dirixido o poema?


Páxina 77
Leucónoe


CLASIFICACIÓN

Equipo
Puntuación por pregunta
Total parcial
Total final
Os nènos
5/4
9
133
Nosilo
5/5
10
128
Morriña
5/4
9
127
Alex Tintor
4/0
4
79


Próximamente publicaremos os nomes das ganadoras e ganadores e a data de entrega de premios.