viernes, 28 de septiembre de 2012

FEBRE

Carmucha, unha moza de dezasete anos, non ten medo de nada nin de ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.

martes, 18 de septiembre de 2012

COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA




Ola amigos e amigas dende hoxe empezamos unha nova andaina no noso Club de Lectura e....se queredes participar nela .... xa vos podedes anotar na Biblio se queredes participar. Ánimo, esperámoste!!!

lunes, 17 de septiembre de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

A Biblio xa se pon en marcha dende hoxe, así cando queirades .... temos moitas novidades...