martes, 12 de mayo de 2026

Teatro foro: o consumismo


Por fin chegou o día! Tras os últimos ensaios, o pasado 10 de abril presentamos o recurso didáctico sobre consumismo creado polo alumnado de 3º ESO e PDC. Unha peza composta por 11 escenas nas que o alumnado deu forma e vida a distintas posibles situacións arredor do tema central. Ademais, prepararon o atrezo, carteis con debuxos e un manifesto a favor do consumo responsable para concienciar aos
compañeiros/as de 2º ESO, que se converteron en espec-actores e espec-actrices!
E iso non é todo! A sesión estivo amenizada pola música do ukelele e mesmo cantamos todos xuntos a modo karaoke a prol dunha forma de vida menos materialista e consumista.

Nas ligazóns podedes ver como foron os ensaios finais e a representación da pezaSen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora que non deixou indiferente a ninguén. Con gañas de repetir, damos as grazas a todas as persoas colaboradoras, especialmente ao alumnado pola súa participación e implicación, ao profe Rubén polas súas ideas e melodías e a Ramón por darnos a coñecer o teatro foro e por facelo posible!

Menores nin unha pinga!

O alumnado de 1º e 3º da ESO participaron hoxe no obradoiro "Menores nin unha pinga", que trata de previr o consumo de alcohol en menores. 


viernes, 8 de mayo de 2026

As mulleres do volframio

 Seguindo coas actividades do Proxecto "As mulleres do volframio", o alumnado de 1º ESO coñeceu o traballo das mulleres da minas de Fontao, vendo o documental "A luz do negro", de Encarna Otero. A través do relato de varias das veciñas que traballaron nas minas puideron facerse unha idea do que supuxo esta actividade no noso concello. Estas actividades están enmarcadas no Proxecto "Donas de si".






A minas de Fontao

 


Presentación dos traballos das Minas de Fontao, unhas das actividades de investigación do proxecto interdisciplinar "As mulleres do volframio", a  proposta coa que o noso centro participa no Proxecto "Donas de si" coordinado por Carmen Frade.