sábado, 23 de diciembre de 2023

Regueifa tour


 No día de ontevtivo lugar nas Cruces unha emocionate festa onde tivo lugar un atranque dos Xenerais do Ulla improvisado. Acudiron ex alumnas no centro e grandes regueifeiras como son Nuria Penas e Lorena Medela


 

Fixéronse dous grupos de regueifeiras e regueifeiros e presentaron o enforntamento entre dous exércitos. A un lado o Exército Popular Galego e enfronte o Exército Francés como sucedera na batalla de Ponte Ledesma.



Nesta festa tamén tivo lugar unha homenaxe a Xosé Casal gran músico do Concello e gran actor que representou durante varias temporadas a Atilano, un esquelete acompañado da súa trompeta, que cando a facía soar non auguraba nada bo. Neste caso o papel de Atilano representábao Xabi de 4º ESO


viernes, 22 de diciembre de 2023

A mediación está de volta!

Atención, atención! 

A mediación está de volta!

 Un curso máis seguimos a traballar na mediación. Nesta ocasión retomamos o traballo do profesorado do equipo de mediación, e a que non sabedes....xa fixemos algunha cousiña moi produtiva! Acondicionouse un espacio como aula de mediación e xa se realizou algunha intervención con alumnado en conflito, a fin de contribuír ás boas relacións e clima nas aulas. Polo momento vaise recollendo algún froito!

Asemade, estamos a facer máis sinxelo o proceso e adaptando os documentos do protocolo para que o proceso sexa máis rápido e operativo. Tamén comezamos a intervir en 1º da ESO nas titorías, para traballar en convivencia e resolución de conflitos e que coñezan a mediación, o que comenzamos con unha dinámica sobre as etiquetas e prexuízos.


Seguiremos a traballar nos próximos trimestres, co obxectivo de que tamén o alumnado participe activamente como mediador e contribuír á expansión da cultura da mediación.

Nadal solidario

Dende o centro organizamos o Nadal solidario, unha iniciativa consistente na doazón de alimentos non perecedoiros e/ou xoguetes usados en bo estado para axudar ás familias que o necesitan do Concello. Hoxe, o persoal de Servizos Sociais achegouse ao centro para recoller as doazóns, coas que facer un Nadal máis agradable a algunhas persoas.

Grazas a aquelas persoas que aportaron un grao de area! De seguro a súa humanidade xerará sorrisos!


jueves, 21 de diciembre de 2023

Festival de Nadal

Rematamos este trimestre cun festival no Auditorio Xosé Casal. Estivo con nós o contador de contos Candido Pazó, que foi o encargado de abrir o espectáculo cunha das súas historia. A continuación o alumndo de Regueifa fixeron unha demostración e rematamos a xornada coa magnífica actuación do grupo Musical Os Kokakolas (alumnas e alumnos do noso centro). Neste vídeos podedes ver imaxe e escoitar unha das pezas que os Kokakolas tocaron.



martes, 19 de diciembre de 2023

lunes, 18 de diciembre de 2023


Chega o nadal ao Camballón! O alumnado do ciclo de TAPSD adornou as súas aulas con estas decoracións tan chulas!

 






lunes, 4 de diciembre de 2023

Premio Futurgal

O alumnado de 4º ESO de Economía e emprendemento, participaron na primeira edición do Certame Emprendemento, Ideas e Innovación, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional (FP) dos centros educativos de Galicia. 

 Parabéns!!

sábado, 2 de diciembre de 2023

Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade


 Da man do alumnado e profesorado do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia conmemoramos o Día da diversidade funcional, que se celebra o 3 de decembro, baixo o lema "Baixo o mesmo paraugas. Vila de Cruces pola diversidade". 

O alumnado do centro tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro práctico pensado para coñecer os distintos tipos de diversidade e poñerse na pel das persoas con algún tipo de capacidade diversa, para o que pasaron por varios postos desenvolvendo actividades nas que se achegaron aos distintos sistemas de comunicación e coñeceron material de apoio e adaptado. 

Foi unha xornada de concienciación coa finalidade de promover a empatía, respecto e normalización, favorecida pola aprendizaxe entre iguais, agradecendo a implicación do ciclo de APSD, con mención especial ás alumnas do 2º curso, que tiveron un papel clave na realización da actividade, transmitindo valores aos compañeiros/as das distintas etapas do centro. 




viernes, 1 de diciembre de 2023

Masculinidades diversas

SEGUIMOS A FALAR DE MASCULINIDADES DIVERSAS!





Nesta semana seguimos a falar de masculinidades diversas con alumnado da ESO. Leváronse a cabo as últimas sesións do obradoiro, cun marcado carácter reflexivo sobre o traballado nas distintas sesións. Sen dúbida, quedamos con grandes aprendizaxes, como a importancia do respecto e o bo trato entre os xéneros, sempre en igualdade e tolerando a diversidade!

lunes, 27 de noviembre de 2023

sábado, 25 de noviembre de 2023

O Camballón vence en Valadares

O pasado 24 de novembro o IES Marco do Camballón venceu no Encontro Escolar Provincial de Regueifa de Valadares. O noso instituto conseguir clasificar cinco regueifeiras na semifinal Parabésn ás regueifeiras e regueifeiros do Camballón, que cursan unha materia optativa de "Regueifa e mprovisación oral en verso" en segundo da ESO, e manteñen un "Clube da Regueifa" e mais unha liga non competitiva de regueifa "RegueiChampións".


viernes, 24 de noviembre de 2023

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

No día de hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No noso centro sabedores da importancia de educar na igualdade, levamos toda a semana realizando tarefas en materia de educación e prevención na materia. Así, deron comezo os obradoiros sobre masculinidades diversas co alumnado da ESO, que da man de Marc e traballando en grupo, reflexionaron sobre os estereotipos de xénero e as distintas formas da expresión de xénero, concluíndo na importancia do respecto á diversidade



E proseguindo coa importancia do respecto entre persoas, no día de onte o alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun scape room de prevención da violencia de xénero, descubrindo as palabras clave mediante o traballo colaborativo, para avanzar nas probas e quedar no mellor posto posible. A sesión foi moi produtiva, facendo consciente ao alumnado da importancia das relacións afectivas igualitarias, independentemente do xénero das persoas que conforman a parella.












A xornada de onte rematou coa entrega de pulseiras a todo o alumnado do centro, remitidas dende a Fundación Anar no marco da súa campaña "La violencia de género no tiene edad", nas que se indica o teléfono contra a violencia de xénero para menores de idade (900 20 20 10).



Sen dúbida foi unha semana intensa! Para a próxima continuaremos traballando na materia!



lunes, 20 de noviembre de 2023

Xornadas de biblioteca


Este sábado tivo lugar no pazo de Congreso e exposicións de Santiago as Xornadas de Bibliotecas escolares que este ano tiñan como exige vetebrador o cómic


 

Lecturas 25N



Propostas da biblio para o 25N que podedes consultar nos corredores do centro!!


 

miércoles, 15 de noviembre de 2023

Oito señais.

 



Onte visitounos Noelia Míguez, autora do libro Ocho señales. Relatou ao alumnado de Bacharelato e Ciclos a súa dura e impactante historia persoal sobre violencia de xénero. Todo un exemplo de valentía e superación. Moito que reflexionar despois do seu relato!!



viernes, 10 de noviembre de 2023

Que non te líen, ti elixes!

 No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes!", convocado pola Consellería de Educación para favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos de xénero na elección de itinerarios e profesións.

Os obradoiros foron levados a cabo por persoal da Fundación Laboral da Construción. Unha orientadora laboral e unha traballadora do sector da construción encargáronse de dinamizar a actividade, que de seguro foi de grande utilidade para axudar ao alumnado de cara a toma de decisións vocacionais.  

Mes da ciencia. Proxecto Silla

 Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia.
 
 
O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Durante este mes imos expoñer varias actividades, hoxe toca promover o Proxecto Silla do alumnado de de 2º ESO que estiven diseñando na materia de Tecnoloxía. 



 

lunes, 6 de noviembre de 2023

Visita á Axencia Galega de emerxencias

O alumnado do segundo curso do Ciclo de TAPSD visitou a Axencia Galega de emerxencias (AXEGA) onde coñeceron o 112 que xestiona as urxencias en materia sanitaria (061), extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadana e protección civil. Ensináronlles como se xestionan as chamadas e os protocolos de atención. Tamén puideron comprobar os recursos do Grupo de Apoio Loxístico de intervención (GALI)

 


 

sábado, 4 de noviembre de 2023

Ao son da oralidade

Hoxe inagurouse a exposición do Proxecto "Ao son da oralidade" no Museo do Pobo. Ide vela!!



Galego que do IES do Milladoiro e do noso instituto. 


 

martes, 31 de octubre de 2023

Magosto no Camballón


 Na mañá de hoxe celebramos o magosto e que mellor maneira que xogando en equipos, degustando castañas e escoitando as regueifas do alumnado de 2º ESO. 




Obradoiro de regueifa



Hoxe estivo no noso centro Pinto de Herbón para impartir un Obradoiro de Regueifa organizado pola Asociación Oral ao alumnado de Oralidade e Regueifa e improvisión oral en verso. Forma parte do Certame Escolar Provincial de Regueifas  que vai ter lugar en Valadares.
 

viernes, 27 de octubre de 2023

Cosemos a máquina

 

O noso obradoiro de costura dos venres avanza, xa utilizamos a máquina! 
Estan deseñando unha bolsa empregando as telas de paraugas rotos, a ver que tal quedan😅




GaliciaSkills2023

 


Hoxe temos que darlle os parabéns ao noso alumno do Ciclo Medio de Soldadura e caldeirería, Sergio López Salgado, que acadou o primer premio en Galicia Skills, campeonato galego de Formación Profesional.

 Durante dúas xornadas, o alumnado compite nas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. Na especialidade de  Soldadura e caldeirería Sergio acadou a Medalla de Ouro.

Parabéns Sergio!!



martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas


 Hoxe celebramos o día das bibliotecas cunha Xincana! O alumnado de 1° da ESO tivo que seguir moitas pistas e resolver uns cantos misterios!! Buscaron libros e películas perdidas, descubriron novos lugares do noso centro e moitos segredos da nosa biblio!!!