viernes, 28 de febrero de 2014

Publicidade no Camballón

O alumnado de 1º de Bacharelato estivo traballando a publicidade ao longo da historia e en distintos soportes. traballada a parte teórica o alumnado tivo que elaborar por grupos publicidade do Club de Lectura e da Biblioteca do noso centro e estes foron algúns dos traballos:
CLUB DE LECTURA

Publidade da Biblioteca

miércoles, 26 de febrero de 2014

Clases sen fume

O alumnado de 1º ESO participou no día de hoxe nunha charla do Programa Clases sen fume.

viernes, 21 de febrero de 2014

Capricornio I de Galiza e II de España !!!


Capricornio I de Galiza e II de España !!!

Mellor, case imposible.
Εὔγε, παῖδες ! Porque detrás do premio e da honra hai 
moooooito traballo... e ben feito.
Os vosos compañeiros e profes estamos orgullosos de vós.

Aquí o enlace á crónica de La Voz de Galicia.

sábado, 15 de febrero de 2014

Capricornio, unha constelación no firmamento clásico

E aquí o post da páxina web da SEEC Galicia que publica a foto do equipo ganador o día da final en Santiago.


viernes, 14 de febrero de 2014

Namorados das clásicas!


Aquí tedes o artigo que hoxe,14 de febreiro, publica La Voz de Galicia sobre a participación do alumnado do IES "Marco do Camballón" no concurso Odisea 2014.




Os cupidos do Camballón

O alumnado do Club de Lectura estivo traballando para celebrar por todo o alto o día de San Valentín. Por un día convertíronse en Cúpido. Fixeron flores que repartiron segundo as encargas acompañadas dun poemas.


 

miércoles, 12 de febrero de 2014

Cruces victrix


Νενικήκαμεν!!!

Primeiros de Galicia
no concurso Odisea
... e por segundo ano consecutivo!

Musae Cruces amant!

Silvia, Celia, Alejandro
Bravissimo!
(Spectatores, plaudite)

viernes, 7 de febrero de 2014

...Chegando a Ítaca





Rematou a primeira fase do concurso Odisea 2014 e dous equipos do IES Marco do Camballón acadaron a máxima puntuación posible (conseguírono só 15 dun total de 265). É dicir, que por segundo ano consecutivo haberá representación dos estudantes de Vila de Cruces na final autonómica do vindeiro mércores. E igualmente parabéns ao noso terceiro equipo, que fixo un estupendo traballo e ficou a tan só seis puntos dos setenta e nove que dan acceso ao desempate final. Mais non marchan coas mans baleiras; levan como galardón o aprendido nestes días de investigacións, de nervios e un punto de rivalidade pero tamén de compañeirismo e de espírito deportivo.

jueves, 6 de febrero de 2014

Imitando a Manuel Antonio


Un 28 de xaneiro de 1930 morría o poeta rianxeiro Manuel Antonio con tan só 29 anos. En vida publicou unicamente un poemario, De catro a catro, escrito a bordo do barco  Constantino Candeira. Malia isto, sempre foi considerado un referente indispensable da poesía galega, mesmo antes de que vise a luz, aínda moi recentemente, a totalidade da súa obra. Un dos poemas máis célebres desa obra é o que reproducimos deseguido:

SÓS

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte

Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe

Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura

N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa     Saudade
Noite    Silenzo    Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.




O alumnado de 4º de ESO do IES Marco do Camballón, 84 anos despois, meteuse tamén a poeta, imitando, ao seu xeito e segundo os seus intereses -abofé ben distintos dos de Manuel Antonio!!-, o poema anterior. Para descubrirdes o que escribiron, desprazade o rato pola imaxe do poeta:

miércoles, 5 de febrero de 2014

Concurso Odisea 2014






Unha  vez máis, o alumnado de Latín e Grego do IES Marco do Camballón toma parte no concurso Odisea. Este ano con tres equipos: Venusiñas, Casiopea e Capricornio. 
Moita sorte para tod@s!