viernes, 20 de diciembre de 2019

Elisa e Marcela

Onte asistimos a representación da compañía Panadaría da obra Elisa e Marcela. Conta a historia  real do amor de dúas mulleres. Elisa e Marcela coñécense no 1885, e o que comeza sendo unha grande amizade acaba sendo unha relación amorosa que deben vivila a escondidas. Elisa faise pasar por un home, Mario, e pódense casar. Posteriormente teñen que abandonar Dumbría a onde non poden voltar. Estiveron en Oporto onde as tiveron no cárcere por falsedade en documentos e logo foron a Bos Aires.

jueves, 19 de diciembre de 2019

Nadal na Residencia

O alumnado de TAPSD foi a residencia este ano para vivir cos maiores o Nadal.

domingo, 15 de diciembre de 2019

Nadal de Refugallo

O alumnado de 2º e 3º de ESO empregando material de refugallo elaboraron estas decoracións navideñas empregando elementos que temos nas nosas casas. Aquí tedes unha pequena mostra.

viernes, 13 de diciembre de 2019

Recreos culturais

Rubén explicou o funcionamento do seu instrumento e tocou o Estudo nº 20 de Ferling. Inagurou desta maneira a parte adicada a música dentro dos recreos culturais. Despois do Nadal teremos a participación de outros alumnos que nos van mostrar o funcionamento doutros instrumentos.

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Premio Ti onde les?



Estes son os  gañador e gañadoras do concurso Ti ondes les?
Parabéns a Enzo, Edla e Elisa.

martes, 10 de diciembre de 2019

Recomendacións de Nadal

A piques xa de comezar as vacacións de Nadal, aquí deixamos unhas recomendacións que podedes coller na nosa biblioteca.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Lalín diverso


O Alumnado do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia, participou no chamamento que se realizou dende "Lalin diverso" .
O alumnado asistiu ao acto central na Praza da Igrexa de Lalin, onde participamos coas nosas mans cor naranxa ,na actividade de inclusión cos diferentes colectivos co galo de visibilizar as diversidades funcionais.
No instituto fixemos visible ese día con algúns libros que temos nos nosos andéis.

viernes, 29 de noviembre de 2019

Thanksgiving (Dia de Accion de Gracias)

This Thursday, November 28th, is Thanksgiving! Thanksgiving is an American holiday where we come together with family and celebrate what we are thankful for with a large meal. The typical food for Thanksgiving includes mashed potatoes, gravy, cranberry sauce, macaroni and cheese, and of course the most important - TURKEY! To celebrate Thanksgiving at IES Marco do Camballón, throughout the week in English class all of the students wrote what they are thankful for on the ‘feathers’ of the turkey that we displayed in the hallway. The students enjoyed being able to share what is important to them while learning about different cultures and showing their creativity. Happy Thanksgiving!

Este jueves 28 de Noviembre es
Thanksgiving (Dia de Accion de Gracias)! Thanksgiving es un día festivo de los Estados Unidos cuando nos reunimos con la familia y celebramos todo por lo que estamos agradecidos con una cena muy grande. La comida típica de Thanksgiving incluye puré de patatas, salsa de arándanos rojos, salsa de pavo, macarrones con queso, y lo más importante - PAVO!.
Para celebrar Thanksgiving en IES Marco do Camballón, durante toda la semana en las clases de inglés los estudiantes han escrito “por lo que están agradecidos” en las ‘plumas’ del pavo que tenemos en el pasillo. Los estudiantes han disfrutado de compartir lo que es importante para ellos mientras aprendían acerca de diferentes culturas, expresando su creatividad. ¡Feliz Thanksgiving!



miércoles, 27 de noviembre de 2019

Mes da Ciencia en galego

O alumnado de 1º ESO estivo traballando durante todo este mes recollendo imaxes do reino Fungo e Plantas. Aquí está unha pequena mostra do que recolleron.

martes, 26 de noviembre de 2019

25N

Dia contra a violencia de xénero; co galo do 25 novembro, día intenacional contra a violencia de xénero o IES Marco do Camballón realizou varias actividades de sensibilización 1º,2º,3º de ESO participaron dunha actividade onde o alumnado visitaba 3 aulas nas que estaba representado un escalón da violencia de xénero,a  través de diferentes elementos, gráficos e sensoriais.
O alumnado de 4º e bacharelato traballo na aula o texto"Medias Rojas" de Emilia Pardo Bazán
O alumnado de ciclos e FPbásica participou nunha charla sobre novos modelos de masculinidade.
Para pechar os actos, reunímonos no ximnasio onde estaban escefinicado un ceminterio, onde 52 pares de  zapatos foron asignados aos nomes das 52 mulleres víctimas da violencia de xénero.



lunes, 25 de noviembre de 2019

Quero cantar!!

Este domingo, por segundo ano consecutivo, Noa Guzmán participou no concurso Quero Cantar que tivo lugar no Teatro Colón na Coruña. A canción que interpretaba "Ondas do Mar" composta e interpretada ao piano por ela, acadou un segundo premio.
Parabéns!!

viernes, 15 de noviembre de 2019

Centro de Capacitación Agroforestal de Sergude

O alumnado de FPBásica 1 e 2 e o alumnado de PMAR visitou as instalacións do Centro de Capacitacións Agroforestal de Sergude, onde se cursan estudos de ciclo medio agropecuario e forestal. Unha profesora do centro ensinounos todas as instalacións:  a granxa de vacún, os laboratorios, os invernadoiros, a maquinaria, as razas autóctonas de galiñas de Mos e galiña piñeira. o cabalo galego e o porco celta.
Tiveron tamén a oportunidadede ver árbores froiteiras e unha práctica de trepado nas árbores para a poda. Visitaron a residencia de estudantes.

Día do Patrimonio

Para conmemorar o Día do Patrimonio a Biblioteca realiza unha exposición de fotografías e documentos antigos recollidos a través do proxecto: O noso patrimonio. A intención desta actividade é reconstruír, conservar e poñer en valor o patrimonio máis próximo.
As imaxes son anterior a 1970 (inda que temos algunha posterior) e mostran lugares como escolas, igrexas, fontes, cruceiros, vivenda.. Tamén aparecen celebracións familiares, reunións, festas e outros acontecementos como o entroido.
Os documentos teñen relación co exército, entidades, cooperativas ou asociacións.
O alumnado ao longo da vindeira semana terá un traballo complementario de clasificación e catalogación.




Patrimonio

jueves, 7 de noviembre de 2019


O día 6 de Novembro, tivemos a primeira charla para a Escola de pais e nais do IES Marco do Camballón sobre “Educación sexual”.

Como relatores para esta sesión, contamos coa asociación  ASEIA “asociación para a saúde emocional na infancia e adolescencia”
Esta asociación está formada por un equipo interdisciplinario de diferentes ramas de coñecemento como Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social e Educación que teñen unha experiencia no campo desde hai máis de 10 anos.












miércoles, 6 de noviembre de 2019

Visita ao patrimonio da contorna

O alumnado de 1º de ESO foi de visita a Fundación Neira Vilas de Gres pasar coñecer a biblioteca que ten a fundación así como coñecer algo máis sobre Xosé Neiras Vilas. Despois fomos o mosteiro de San Salvador de Camanzo para ver unha mostra do Románico da zona. Rematamos a visita no museo de Fontao, onde visionamos unha curta sobre o traballo que se facía na Brea así como ferramentas que se empregaban.

jueves, 31 de octubre de 2019

Castro de San Paio

O alumnado de 1º de ESO visitou o Castro de San Paio onde se está facendo unha intervención arqueolóxica nestes días.

martes, 29 de octubre de 2019

Magosto no Camballón

Onte disfrutamos dunha sesión festiva de magosto onde ademais de degustar as castañas asadas por parte dos traballadores do concello tivemos un taller de manualidades con material de refugallo dirixido por dúas monitoras da empresa Eduvia. O alumnado tiña que estar dividido en grupos de 6 e cada grupo recopilará os materiais nunha caixa ( 6 tapóns de cortiza, papel de propaganda, 6 cartóns de papel hixiénico, anacos de papel de regalo, papeis de periódicos vellos, 6 paus de brochetas, anelas de lata de refresco, lá de cores e bricks de leite, tesoiras, pegamento cola, rotuladores permanentes, argolas pequenas, e anilas de chaveiros).


viernes, 25 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas Escolares

Para conmemorar o día das Bibliotecas no Marco do Camballón, obsequiamos ao alumnado que máis libros lera no curso pasado, Mairene, Aroa e Lorena.
Durante esta semana estamos recopilando imaxes dos lugares  que o alumnado prefere para ler, e pódeno facer chegar dúas canles: vía email ou vía instagram con

 

hastang tiondeles?

miércoles, 23 de octubre de 2019

Divulgamente



O alumnado do ciclo de atención a persoas en situación de dependecia participa este ano no programa Divulgamente da fundación Barrie Participamos na primeira actividade unha charla sobre os efectos do Alzheimer a nivel cerebral

viernes, 18 de octubre de 2019

Recreos culturais. Taller de reciclaxe

Hoxe tivo lugar a segunda sesión do taller do reciclaxe. Na primeira sesión o que fixemos foi desmontar teclados e pc inservibles para esta sesión crear obxectos.


Recreos culturais. Pulseiras

O venres 11 e o 18 tivo lugar na aula do alumnado un taller de pulseiras dentro do Proxecto Recreos culturais.

miércoles, 16 de octubre de 2019

O que arde

O alumnado e 4º e 1º Bacharelato foron onte ao cine Númax ver o filme "O que arde".
No cine Númax,viron o filme "O que arde" do director galego Óliver Laxe, recoñecido co premio do xurado no Festival de Cannes e aplaudido polo público de Galicia e de media Europa ao que hai que engadir os aplausos do noso alumnado onte en Compostela. No filme narra a crise do rural, os incendios forestais e outras historias que rodean a vida de Amador e Benedita. "O que arde" é un filme que está a facer historia e formará parte da Historia, con maiúsculas, do cine galego e europea. Unha historia que nos puidemos vivir!.
Ademáis, visitaron o Centro Galego de Arte Comtemporánea, construído polo arquitecto Álvaro Siza, e o parque de Bonaval, planificado polo mesmo arquitecto portugués.


martes, 15 de octubre de 2019

Día das escritoras

Hoxe celebramos o día das escritoras cunha exposición de obras de varias delas nos corredores do centro.

jueves, 10 de octubre de 2019

Recreos culturais

Mañá terá lugar a primeira sesión de recreos culturais do Camballón.

viernes, 4 de octubre de 2019

Emprender chanzo a chanzo


O pasado mércores 2 de outubro o alumnado de 2º curso dos ciclos de Soldadura e Caldeiraría e Atención a Persoas en Situación de Dependencia participaron nunha sesión de emprendemento organizada polo Viveiro de empresas de Lalín.
O obxectivo desta actividade foi aproximar ao alumnado ao mundo do emprendemento, introducindo conceptos importantes como a metodoloxía Lean startup ou o modelo Canva.
Durante 3 sesións lectivas o alumnado traballou de forma dinámica colaborando na creación dun mural no que reflexinamos sobre o significado do termo "emprender" ao mesmo tempo formentouse o traballo en equipo e a resolución de problemas a través dun xogo no que cada agrupamento debía construír a torre máis alta posible empregando diverso material como spaguettis e fío. En definitiva, unhas sesións nas que o alumnado participou activdamente e que nos permitiu comprender que o emprendemento é un camiño que se percorre chanzo a chanzo.


miércoles, 2 de octubre de 2019

Inaguramos o club de lectura

Onte o director e a coordinadora da biblioteca do centro, xunto cos profesores e profesoras que participan este curso no club de lectura, participamos na primeira sesión de Club de lectura.


viernes, 27 de septiembre de 2019

Club de Lectura

O vindeiro martes inaguramos o Club de lectura. Para esta primeira reunión iremos todos e todas a aula Manuel Dobarro


Punto verde





Hoxe inaguramos o punto verde do noso centro coincidindo coa folga contra o Cambio Climático.






viernes, 20 de septiembre de 2019

Carpetas viaxeiras

A partires de hoxe as carpetas viaxeiras de Marco do Camballón comezan unha nova andaina cargadas de moitas novidades. Van a percorrer os lugares aos que as queiran levar o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

miércoles, 18 de septiembre de 2019

Formación 1º ESO

O alumnado de 1º ESO  tivo unha xornada de Formación na nosa Biblioteca e na sala de Alumnado para explicarlles ao novo alumnado como funciona e de que materiais se conta en cada un das salas.


martes, 17 de septiembre de 2019

Formación do alumnado de TAPSD

O alumnado do ciclo de TAPSD visitou hoxe a Biblioteca e a sala do alumnado e coñeceron como funciona a biblioteca, o servizo de empréstito, club de lectura, voluntariado, blog.

Minuto de silencio

Que peor maneira de comezar o curso que ter que recordar que no día de onte en Valga unha familia quedou rota. O Marco do Camballón está contra a Violencia de Xénero.

lunes, 16 de septiembre de 2019

Arrancamos !!

Iniciamos un novo curso e con el unha novo proxecto que este ano versará sobre o Noso Patrimonio:
- No primeiro trimestre traballaremos  o Patrimonio Histórico- Artístico da contorna.
- No segundo trimestre Patrimonio inmaterial da contorna
- No terceiro trimestre Patrimonio Natural.
Esperamos que percorrades e descubrades a contorna todos e todas

viernes, 21 de junio de 2019

Fin de curso

Hoxe, damos por rematado este curso con moita festa: entregas de premio, bailes e música. Esto foi unha pequena mostra do que se fixo. Disfrutade das vacacións e boas lecturas a todos e todas. Vémonos en setembro!!

As túas máns poden salvar vidas

Onte tivemos  a gran sorte de contar cunha visita moi especial, os nosos ex-alumnos e alumnas que están cursando Mediciña, Lucía Blanco, José Luis Puga e Natalia Santiso. Estiveron co alumnado de ESO concienciándoos o importante que pode ser a axuda inmediata para salvar a vidas doutras persoas e como uns minutos de esperan teñen graves consecuencias. Tamén non falaron do DEA que temos no concello e onde están situados. Moitísimas grazas por esta visita!!

martes, 18 de junio de 2019

A nosa música somos nós

O noso centro está cheo de xente musical e a música da regueifa, as bandas, a tradición, o rap ou o rock, entre outros estilos, enchen as nosas  vidas. Para moita xente do instituto a música é vida. Respiramos facendo, escoitando, gozando coa música.

Ademais temos a sorte de vivirmos en galego. Sabemos outras linguas e vivimos en galego. Cantamos noutras linguas e cantamos en galego. E aínda que non é moi normal encontrar a música galega nos medios de comunicación, porque a situación socio-cultural e política é adversa, as nosas redes sociais abren as portas á música na nosa lingua, a nosa música. 

A pesar de que moita xente pensa, a música galega é extensa e variada. Máis alá dos prexuízos que reducen a música galega a gaitas e pandeiretas, no Camballón coñecemos ska, techno, rap, pop, rock, reagge e calquera estilo musical en galego. Porque en galego podemos expresar todo o que queiramos e do xeito que queiramos. 

E de feito, hai centos, milleiros de persoas que fan música na nosa lingua. E entre a xente máis nova estamos nós: Noa e as Enxebres, as regueifeiras e regueifeiros, a xente que desde as Cruces bota fora do seu peito as palabras do noso idioma. Ou Sabela, Sokram ou A Banda da Loba...

Durante dous cursos estivemos a tirar fotos cheas de simpatía e puxemos os nosos corpos para completar as carátulas de máis de 40 cds da historia e da actualidade da nosa música, desde Ana Kiro a Sés, de Pucho Boedo a SondaRua, de Xenreira a Cuarta Xusta.

Dise que un pobo que canta nunca morre. E nas Cruces sabemos cantar e escoitar moi ben na nosa lingua. A música precisa pobo e moita xente no Camballón sentimos ese compromiso, esa ligazón, esa unión coa nosa música e coa nosa lingua. Debería ser o normal, como en calquera lugar do mundo. 

Temos sorte! Viva o Camballón!

Que a lingua nos acompañe! Que a nosa música nos acompañe!




Acto de graduación

Onte tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de 2º Bacharelato e Ciclos Formativos. O evento tivo lugar no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces onde alumndo, familias e profesorado vivíu momento moi emotivos. Moita sorte nesta nova etapa!!

Girls of the worth

O alumnado da materia de Igualdade de xénero ben de crear un punto de observación sobre os medios de comunicaciók. O  taboleiro leva por nome e quere  ser un punto de reflexión e crítica sobre o que está a acontecer coas mulleres neste século XXI.


viernes, 7 de junio de 2019

Un curso de emocións

Este ano traballamos as emocións como tema transversal  e estes son algúns materiais que se elaboraron interdisciplinarmente.
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia


Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.

Radical Punk



 Gústame














Superpop















Guapa y a la última
















Pornografía















Nota necrolóxica
















Lúa
















Fast &Furius


Poesía fea
















Suicidio


martes, 4 de junio de 2019

PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA

O pasado 28 de maio, o noso centro participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV, organizado pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Baixo o nome de "Misión Einstein: rastrexando raios cósmicos", esta cápsula pretendía poñer en marcha unha serie de experimentos moi interesantes: dúas mostras biolóxicas expostas á radiación e condicións da estratosfera, para analizar a influencia destes factores nelas; sensores de ozono e radiación UV; medición do campo magnético terrestre; e un detector de muóns que pretende evidenciar de xeito empírico algúns efectos pronosticados pola Teoría da Relatividade de Einstein.
O día do lanzamento, o tempo era favorábel ao voo, se ben en superficie había rachas de vento que provocaron o impacto da cápsula contra un muro aos poucos metros do despegue. Malia iso, a misión continuou sen máis contratempos, aterrando nas inmediacións do concello de Maceda. Tras catro días de búsqueda, a cápsula puido ser recuperada con éxito grazas á colaboración no rastrexo da familia Regos, de Ordes. Tras abrir a cápsula, puidemos comprobar o bo estado do instrumental e iniciar a análise dos datos.
Neste voo acadamos un novo rexistro de altura, chegando aos 35553 m. A anterior marca fixáraa a MarumaSat II, con 33612m

sábado, 1 de junio de 2019

Equipo de ciberasesor@s

O alumnado de 2º ESO traballou nun programa de mediación no entorno das redes sociais chamado Ciberasesor@s. O obxectivo non é outro que o de concienciar ao alumnado dos riscos dun mal uso das redes sociais.
Durante as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un papel activo e este venres traballaron co alumnado de 1º ESO do IES.



Sesión TEI 1 e 2

O alumnado de TEI-1 e TEI-2 celebraron a clausura das actividades TEI do presente curso. TEI-1 desfrutou dun obradoiro de xogos tradicionais con elementos naturais  e xogos psicomotrices. O TEI-2 asistíu ao visionado da película Mustang, da que de seguro sacaron interesantes conclusións.

viernes, 31 de mayo de 2019

Visita de Paula Cereixo

Hoxe visitounos Paula Cereixo, antiga alumna do centro e atriz. O alumnado de Artes Escénicas e Danza de 4º de ESO compartíu con ela unha sesión na que falaron de teatro, cine, arte... e remataron vendo a curta El Jefe de Kraken films. Moitas grazas por vir Paula!!

jueves, 30 de mayo de 2019

O Camballón publica un libro de recollida oral sobre o guerrilleiro antifascista Foucellas

O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón presentou hoxe, 30 de maio, o libro O Foucellas en Vila de Cruces, un volume onde se recollen histórias de tradición oral arredor da figura de Benigno López Andrade, guerrilleiro antifascista contra a ditadura franquista. O livro conta, ademais, con tres textos de Manuel Igrexas, Carlos G, Reigosa e Ramiro Vidal Alvarinho que contextualizan as historias recollidas polo alumnado do instituto cruceño. 
Este libro reúne vinte e seis historias recollidas por alumnado e exalumnado do Camballón e configuran un arquivo diverso sobre a presenza da guerrilla antifranquista nas terras de Carbia e o Deza. O libro forma parte do Proxecto Palabras de Pedra, un proxecto de posta en valor o patrimonio material e inmaterial das Cruces que, desde o Equipo de Normalización, pretende socializar os valores culturais, lingüísticos e sociolingüísticos locais. Outrosproxectos de participación que xurdiron de Palabras de Pedra son a posta en valor das Mámoas de Oirós, o Mapa dos Tesouros das Lendas de Vila de Cruces, A nosa música somos nós ou a Regueifesta, entre outros. Esta metodoloxía parte da importancia do traballo colectivo e da participación social para transformar e enriquecer a realidade socio-cultural das Cruces. 
No prólogo do libro, podemos ler algunhas das funcións educativas da publicación: 
Unha das razóns polas que publicamos este libriño é para contrastar a rumoroloxía coa Historia. Porque sabemos que o personaxe do Foucellas está construído tamén con invencións e difamacións promovidas polo réxime de Franco, e aquí confiamos na historia como ciencia, como porta de coñecementos contrastados. Porque moitas veces aparecen as preguntas e a curiosidade e nós queremos saber máis e queremos aprender mellor! Unha pregunta: Por que en Francia os maquis, as mulleres e homes da Resistencia contra Hitler e o nazismo son homenaxeados con nomes de rúas, estatuas ou celebracións de admiración e aquí non se lle dá o mesmo trato á xente que loitou contra Franco e o fascismo  nos anos da Ditadura?
O Foucellas foi un guerrilleiro antifranquista, un home fuxido por razóns políticas, sobre o que hai varios libros escritos. Estas páxinas intentan coñecer algunhas das historias do paso de Benigno López Andrade polas terras de Vila de Cruces para completar a imaxe sobre este personaxe histórico.
No tempo das fake news e a invención da historia, é bo reflexionar sobre un personaxe histórico que loitou contra unha ditadura que tamén fixo uso da propaganda contra os guerrilleiros.
Pensamos que escoitarnos entre nós é unha forma de aprender que debe terse máis en conta. Pensamos que falando entre nós descubrimos cousas que moitas veces nos sorprenden. Porque no Clube da Lingua temos moita curiosidade e queremos coñecer a nosa Historia a partir das nosas historias, aquí vai este libriño sobre Benigno López Andrade, O Foucellas.
Debemos agradecer estas páxinas a toda a xente que colaborou neste traballo colectivo, obra común de moitas persoas."
O vindeiro xoves, 30 de maio, às 11.30 terá lugar a presentación do libro O Foucellas en Vila de Cruces nun acto no que participarán alumnado, profesorado do IES Marco do Camballón e o historiador Manuel Igrexas.

Orientación e sendeirismo

martes, 28 de mayo de 2019

Benvida ao alumnado de Primaria

Onte recibimos ao alumnado do CEIP de Merza, CEIP Cerdeiriñas e CEIP Nosa Señora da Piedade de 6º de Primaria que virán o vindeiro curso ao Instituto. O alumnado de 1º de ESO, voluntarios e voluntarias da Biblioteca e membros do Club de lectura, foron os encargados de recibilos na Biblioteca e explicarlle como funciona. Ao final da visita déronlle un agallo, l lápiz e un marcapáxinas creado por Antía, alumna do club de Lectura.

miércoles, 22 de mayo de 2019

II Marco numérico

Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado de ESO e BAC.
O segundo volume de Marco Numérico acaba de saír do prelo. A publicación (de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do Departamento de Matemáticas do IES Marco do Camballón) quere recoller traballos de investigación realizados por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos que teñan as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias. A temática dos artigos é libre, podendo abordar asuntos de interese social e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da investigación matemática ou numérica.
Do punto de vista educativo, a publicación pretende introducir ao alumnado de secundaria e bacharelato na investigación formal. Deste xeito, o alumnado muda o rol pasivo que habitualmente ten asignado nas escolas por un papel máis activo na adquisición e formalización do coñecemento. Ademais de adquirir competencias específicas da área das matemáticas, esta experiencia pode ser motivadora en termos xerais, ben noutros eidos do coñecemento científico, ben tamén na investigación humanística.
O presente número consta de dúas seccións, Dentro do Marco e Fóra do Marco. Na primeira sección, Dentro do Marco, inclúense os artigos realizados polo propio alumnado do IES Marco do Camballón. Os traballos incluídos neste número son os seguintes:
- Lei de Benford xeralizada para números primos.
- O efecto invernadoiro no contexto da Unión Europea.
- Manchas solares: distribución e ciclos.
- O azar predicible: xerando números pseudoaleatorios.
- Análise estatística da distribución de sumas de Goldbach.
- Eficacia probabilística do test de primalidade de Fermat.
- Movemento browniano no contexto dunha apocalipse zombi.
- O método de Newton-Raphson no riff de Day Tripper.
- Autómatas celulares: un modelo para a propagación de enfermidades.
Na sección Fóra do Marco inclúense traballos de alumnado do IES Virxe do Mar (Noia) e IES Maruxa Mallo (Ordes):
- Planificación de rutas e teoría de grafos: un caso práctico.
- Programa de código aberto para a resolución de sistemas de ecuacións lineais.
- O consumo eléctrico e as súas tarifas.
- Os xuros e as mensualidades.
O presente número conta ademais cun limiar da profesora titular da Facultade de Matemáticas da USC Mª Victoria Otero Espinar.

martes, 21 de mayo de 2019

Equipo de ciberasesor@s visita o colexio

No presente curso, o alumnado de 2º ESO traballou nun programa de mediación no entorno das redes sociais chamado Ciberasesor@s. Esta iniciativa xurdiu nas titorías de 2º ESO e inspírase en actuacións semellantes desenvoltas noutros centros. O obxectivo non é outro que o de concienciar ao alumnado dos riscos dun mal uso das redes sociais.
Durante as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un papel activo na medida en que as presentacións estaban destinadas ao alumnado de primaria do colexio da localidade, o CEIP Nosa Señora da Piedade. Con iso tratouse de conseguir que o noso alumnado se metera de cheo na materia a tratar e se responsabilizara da súa comunicación aos máis pequenos, de xeito que adquiriran unha maior implicación.
Valoramos moi satisfactoriamente o resultado da intervencións do alumnado. Conseguiron transmitir a idea de que as redes sociais deben ser empregadas con cautela e que temos que levar conta das nosas accións porque as consecuencias son imprevisibles.

O equipo de mediación tamén exporá a presentación ao alumnado de 1º ESO do noso centro, nunha sesión programada para esta semana.

martes, 14 de mayo de 2019

Viaxe de repentistas do Camballón a Cataluña


O alumnado dos institutos das Cruces e de Baio viaxaron a Barcelona para participar nunhas xornadas de improvisación oral en verso xunto a adolescentes de Euskal Herria e de Cataluña.

O ano pasado foi Cataluña quen se sumou á experiencia e alumnado de Barcelona achegarase a Compostela para participar na Regueifesta 2018 con bascos e alumnado galego das catro provincias.

O primeiro día chegamos ao Ateneu Popular de Nou Barris e alí coñecemos o alumnado do convivio. Algunhas das alumnas xa levan catro anos de aventura, para outros era a primeira vez, e as actividades de presentación foron dinámicas e divertidas, e comezamos a improvisar xa desde o primeiro momento!

Ás 19.00 o teatro do Ateneu encheuse e tivo lugar o primeiro espectáculo, onde as representantes galegas se presentaron cantando, e improvisaron a partir do primeiro verso "Non hai auga para todos" e, finalmente, construíron unha copla a partir dun tema dado: "Tes que comprar mazás... Cales comprarías, as que veñen de moi lonxe e explotan traballadoras e destrúen o medio ambiente, e son máis baratas, ou as que veñen de perto da túa casa e son máis caras?

Ao día seguinte visitamos o IES Ramón Berenguer de Santa Coloma, un centro con moita inmigración de todas as partes do mundo e onde o catalá é lingua de unión. E subimos ao poboado íbero que, polo Camiño das Bruxas, fica ao pé do centro escolar. Foi un paseo duro mais valeu moito a pena porque no alto, na hora de tempo libre, apareceu a música de forma espontánea e cantamos e danzamos cada quen na súa lingua. Un momento máxico! 

De volta no instituto, o noso alunado regueifou de forma brillante sobre uns obxectos que a persoa que presentaba colocou no palco. Unha proba moi divertida!

Á tarde, roteiro polo bairro de Gràcia! Fantástico! Estivemos no local dunha asociación viciñal e despois no Centre Tradicionarius, onde nos falaron sobre cultura participativa, asociacionismo e música tradicional. 

E á tardiña visitamos o instituto Montserrat, e coas famílias e o alumnado do centro cantamos improvisando sobre varios temas. O máis divertido: ter que construír unha copla con palabras en euskera e catalá.

O terceiro dia foi o día do Improversem, o grande Encontro de Improvisación escolar catalá. O tema sobre o que tocou improvisar, o feminismo. E cun pé forzado apareceron coplas da embaixada galega como estas: 

Acabar co patriarcado
iso está nas nosas listas
vouvos dicir unha cousa
que nós somos feministas

Sonvos unha muller brava
e veño desde Galicia
e como nos é debido
nós sómosvos feministas. 

Desde o 8 de marzo
demostrouse o que sabía
as mulleres saen á calle* (rúa)
e nós somos feministas


Viva a Regueifesta! Viva Improversem! Gora Euskal Herria, Visca Catalunya, Viva Galicia!


sábado, 11 de mayo de 2019

1º festival de Artes escénicas e danza

Non é a primeira experiencia que temos dun festival no auditorio de Vila de Cruces. Ao longo de todos estes anos,  o departamento de Educación Física organizou moitos festivais nos cales contidos coma o teatro, a expresión corporal, coreografías de diversos tipos e  exhibicións varias tiñan cabida neses espectáculos.
A gran diferenza é que agora contamos cunha  materia optativa en 4º ESO. 
O musical xorde da necesidade de intentar englobar todos os contidos aprendidos, darlle forma a través dunha performance audio-visual e, ao mesmo tempo, de canalizar o que fomos traballando nun obxectivo concreto.
Presentaron un musical, UN MUNDO PERFECTO?, que supón unha crítica feroz en clave de comedia do mundo que nos toca vivir e que nos rodea.
Neste I Festival de Artes escénicas e danzas temos, contamos coa participación doutros centros que nos presentaron o que están a realizar, moitas grazas ao IES de Melide e ao IES Chamoso Lamas de O Carballiño pola súa participación.

viernes, 3 de mayo de 2019

Visita de Silvia Cernadas

O pasado 29 de abril o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre o libro de María Vinyals. Un talento rebelde impartida por Silvia Cernadas, persoa que fixo a revisión histórica da publicación.
Descubrimos a figura apaixoante de María Vinyals escritora. articulista e pioneira do feminismo.

martes, 30 de abril de 2019

"Chegou a radio ao Camballón...

Vimos de comezar unha aventura que de seguro vai dar moito xogo ao longo dos vindeiros cursos. Polo de agora, tanto os/as prof@s coma os/as alumn@s que participaron no curso de formación impartido por Luis Losada de Rede Espora, quedamos encantad@s e puidemos comprobar as múltiples posibilidades que esta ferramenta nos ofrece. Queremos desde aquí darlle as grazas pola súa implicación e por ensinarnos dun xeito tan ameno todo aquelo que precisamos para poder facer programas de radio desde o noso centro!!
Grazas ao equipamento do que dispoñemos e a que contamos con 22 técnicos especializados entre o noso alumnado, cremos que os nosos programas chegarán lonxe! Polo momento iremos publicando nesta páxina aqueles traballos que vaiamos elaborando e que colgaremos en formato PodCast na nosa canle de Ivoox. Proximamente teredes máis novidades!"


martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

Para celebrar o Día do libro, o alumnado gañadores do concurso do minilibro, leron e recibiron o agasallo na biblioteca.




Tamén contamos hoxe cunha exposición de novidades que a Libraría O Colexio non prestou e está nos corredores do centro.




viernes, 12 de abril de 2019

Visita ao Courel



O alumnado do IES do Marco do Camballón e
do IES María Soliño  viaxaron ata o Courel para entrevista a Antonio Río Montero, brindeiro nonaxenario das montañas do Cebreiro

martes, 2 de abril de 2019

Románico en Silleda


O departamento de Relixión e o departamento de Historia, realizaron  unha saída ao concello de Silleda para visitar o tres monumentos románicos. Comezou a visita na igrexa parroquial de Santiago de Breixa, despois transladámonos a igrexa parroquial de San Pedro de Ansemil e rematamos no Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.
A esta visita convocamos a todo o alumnado de 2º de ESO para complementar e ver in situ o que tanto en Historia como en Relixión se lles explicara nas aulas.

Apadriñamento lector

O alumnado de Ciclo medio TAPSD realizaron o apadriñamento lector na Escola infantil de Vila de Cruces e no CEIP Nosa Señora da Piedade. A experiencia foi moi positiva e esperamos oder repetir para o vindeiro curso.

sábado, 30 de marzo de 2019

Proxecto Mersh

Os estudantes da Facultade de Mediciña de Santiago de Compostela, alumnado dos últimos cursos da carreira compartiron toda a mañá do venresco alumnado de 2º e 3º de ESO,impartindo docencia e realizando talleres sobre Sexualidade e Saúde Reprodutiva e Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico.
O proxecto MERSH (Hospital de Educación Médica, Sexualidade e Saúde Reprodutiva) que naceu en Santiago no 2014. Esta actividade ten as súas orixes noutra. que realiza tamén a asociación MEIGA, dirixIda a alumnado de educación infantil e primaria: o Hospital de Osiños de Peluche (TBH, Teddy Bear Hospital).

Memoria prodixiosa


 O departamento de Matemáticas leva tres anos consecutivos celebrando unha proba de memorización do numero PI para conmemorar o Día Internacional de este número especial, que se conmemorou o 14 deste mes.
Este ano, Nuria Torres, alumna de 3º ESO, memoriza 145 cifras do número PI, converténdose así na mellor marca de Galicia e a sexta de España. 
Nuria alcanzou este resultado no primer intento e nun tempo de 4 minutos.
Parabéns Nuria!!



martes, 26 de marzo de 2019

Representación da Cistellaria de Plauto



Este luns 25 de marzo, as alumnas e alumnos de Latín, Grego e Artes Escénicas do IES "Marco do Camballón" fixemos unha excursión a Ourense para asistir á representación da Cistellaria de Plauto a cargo de SV Producciones. Despois dun breve paseo polo casco antigo da cidade, dirixímonos, gozando dunha temperatura e un ceo espléndidos, ao Auditorio Municipal, onde coincidimos con centos de alumnas e alumnos doutros centros de ensino secundario de Galicia. A obra non defraudou e a vis comica de Plauto espertou as gargalladas dun público entregado 2200 anos despois da estrea da obra. Teresa Amado, organizadora deste evento, emprazounos para o vindeiro ano no que se celebrarán os primeiros 20 de existencia do Festival de Teatro Clásico de Lugo. Parabéns pola efeméride, intentaremos formar parte dela.


viernes, 22 de marzo de 2019

Explorando os límites do libro e a poesía

Durante esta semana na materia de Lingua galega e literatura, o alumnado de 1º de ESO comezou unha tarefa que ten como finalidade última a realización dun minilibro poético, aproveitando a actividade suxerida pola Biblioteca para celebrar o 23 de abril.
A tarefa iniciouse cunha breve investigación sobre a orixe do Día Internacional da Poesía e do Día do Libro. Posteriormente, o alumnado visitou a exposición de libros, organizada polo departamento coa axuda da Biblioteca, que se colocou na nova e flamante Sala do alumnado; alí observaron e manipularon libros poucos convencionais, tanto de narrativa como de poesía, e comprobaron que poden ter formatos moi diversos e mesmo soprendentes, ao tempo que admiraron a calidade artística dalgúns exemplares.
A segunda parte da sesión estivo dedicada á lectura de poesía: cadaquén escolleu o libro/s que lle chamou a atención dunha selección duns 20 poemarios do fondo da biblioteca. O obxectivo fundamental era desmontar prexuízos sobre a poesía e abofé que comprobaron que a poesía non sempre ten que rimar, nin ser aburrida, nin tratar de amor, nin ser incomprensible… Os libros que maior entusiasmo espertaron foron, sen dúbida, os de Carlos Negro (Makinaria e Penúltimas tendencias), Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados) e Lupe Gómez (Poesía fea), pero non os únicos.
Na seguinte fase do proceso toca escoller un poema/s ou aplicar os novos coñecementos para compoñer un propio e deseñar o minilibro (a ver se algo da beleza e sorpresa do que viron deixou pegada). Seguimos traballando e proximamente teremos os resultados finais, pero non pode haber poema máis redondo para unha docente ca ver ao alumnado abalanzándose sobre unha caixa de poemarios coma se estivese repleta de lambonadas!

Visita ao centro estatal do Alzheimer



O alumnado do ciclo medio de atención s persoas en situación de dependencia, realizou unha visita didáctica ao centro de referencia estatal do Alzheimer e outras demencias. Durante a visita o alumnado participou nun obradoiro sobre alimentación e demencia e realizou uha visita as suas instalacións, visitando as diferentes espacios onde se realizan os programas de estimulación sensorial, terapia asistida con animais, rehabilitación neurolóxica e arteterapia.

Visita das irmáns Cabaleiro

No día de onte estiveron con nós
Para celebrar o día da Muller, o alumnado de 4º ESO, 1º Bac e 1º Soldadura asistiron a unha charla a cargo de Carolina e Ana Cabaleiro.
Carolina comentou a súa experienca como única alumna do ciclo de Soldadura e a súa irmá Ana falou da súa actividade como escritora e explicou como foi o proceso creativo do seu libro As Ramonas ( obra que se está traballando no Club de lectura de 4º ESO).


miércoles, 20 de marzo de 2019

Parlamento Xove

Esta fin de semana, 15 e 16 de marzo, o alumnado matriculado en Iniciación ao debate participou por primeira vez no torneo de debate Parlamento Xove. O tema a debater foi “Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da UE?”. Aínda que, como podedes supoñer, non era doado opinar oralmente sobre esta cuestión tan complexa, Iván Fdez. (refutador), Ërika Mato (refutadora), Lucía Pampín (oradora), Noa Pichel (asistente da coordinadora), Carla Sánchez (oradora) e Araceli Costoya (coordinadora)  foron capaces de acadar o décimosexto posto, unha posición máis que digna para cinco debutantes. Ademais, como colofón a esta magnífica estrea, Lucía Pampín obtivo o galardón de Mellor Oradora do torneo. Sentímonos pletóricos, moi orgullosos.

viernes, 8 de marzo de 2019

8M♀️

8M♀️

POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS. 
MULLERES EN FOLGA, REMATEMOS CO SILENCIO


No Día da Muller deixamos un vídeo realizado polas alumnas do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, para dar visibilidade e loitar pola igualdade de xénero. En loita polos dereitos das mulleres, brillantes e dignas como lúa!
SÍNTOME VIVA, SEMPRE VALENTE, SEMPRE LIBRE E SEMPRE COMBATIVA. ♀️

O noso agradecemento ao grupo de rapazas "Enxebres" de Vila de Cruces e ao ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia.




PD: Viva a igualdade, a diversidade e a música tradicional galega.


Performance

Froito do taller de afectividade e autoestima, o alumnado de segundo da ESO realizou unha "performace", sobre a necesidade de rachar cos estereotipos de xénero e aprender a valorarse como persoas únicas e diferentes.

jueves, 7 de marzo de 2019

Igualdade

Hoxe tivo lugar unha serie de actividades realizadas polo alumnado de 2º ESO da materia de Igualdade de Xénero para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO para celebrar o  8 de marzo.

Deseñaron e levaron a cabo un xogo de pistas co alumnado de 1º ESO


Con 3º de ESO fixeron un pasapalabra.


2019-03-07 Igualdade2

Bravo por estas alumnas empoderadas!

sábado, 2 de marzo de 2019

Entroido

E xa toca disfrazarmos.... Este ano traballamos o entroido por titorías. O alumnado debía elaborar unha canción , caracterizarse e facer unha representación no ximnasio. Estivemos acompañados por un fabuloso grupo de músicos que foron  os  encargados de marcar o inicio e o fin da actividade.

viernes, 1 de marzo de 2019

Xornada TEI

Coa finalidade de seguir coñecendo a nosa parella Tei  ,o pasado 1 de marzo realizamos 2 talleres sobre habilidades sociaise e sobre a confianza na nosa parella Tei.O resultado aquí o tedes!

Entroido na Residencia

O pasado xoves 28 de febreiro as alumanas  de primer curso do ciclo medio técnico en atención a persoas en situación de dependencia, realizaron a animación do Entroido na residencia de Maiores de Vila de Cruces.Durante unha hora realizaron actividades cos maiores para logo desfrutar todos xuntos dunhas orellas con un fantástico chocolate.

miércoles, 27 de febrero de 2019

Taller de afectividade e autoestima

O alumnado de segundo estiveron onte co equipo de arteexpresate(Geles e Rebeca) na última sesión sobre afectividade e autoestima co grupo.
Desta volta e a través do rol playing o alumnafo analizou os mitos do amor romántico e fixo unha aposta polo valor único de cada persoa.

Taller de afectividade

O martes 26 de febrero levouse a cabo a segunda xornada de formación sobre afectividade e autoestima para segundo de ESO. Desta volta analizaron os estereotipos de xénero e como afectan non desenvolvmento da nosa autoestima.

martes, 26 de febrero de 2019

Pinto de Herbón en Vila de Cruces




Pinto de Herbón,  estivo no Marco do Camballón  aprendendo a regueifar ao alumnado de 1° da ESO.

lunes, 25 de febrero de 2019

Concerto Panxea

O venres 22 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO asistíu a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. O concerto titulábase Panxea e nel o mestre Abraham Cupeiro mostrou distintos instrumentos que foi coñecendo durante as súas viaxes arredor do mundo.
Antes de entrar fixeron unha visita guiada á exposición Deseño Galego no Século XX.
Para rematar asistiron á exposición Castelao Maxistral, no Gaiás, que foi explicada polo profesor Sèchu Sende.


viernes, 22 de febrero de 2019

Salomé: III CONGRESO NOSA


O pasado 11 de febreiro, o IES Marco do Camballón participou no III Congreso NOSA, celebrado no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros. Neste congreso presentáronse varias comunicacións que analizaban os datos do voo da cápsula MarumaSat III, lanzada o pasado mes de maio. 
Alén diso, o acto constituíu o primeiro encontro cos nosos centros incorporados ao proxecto. Neste momento, a NOSA está formada por seis centros públicos galegos: IES Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Xelmírez II, IES Ferrol Vello, CPI O Cruce e IES Marco do Camballón. 
Na xornada presentouse a páxina web da NOSA (www.nosa.gal) e contouse coa presenza da escritora e profesora Marilar Aleixandre, que ofreceu unha conferencia sobre pensamento crítico no eido das ciencias.