
miércoles, 21 de mayo de 2025
Viaxamos á estratosfera na MarumaSat VII

miércoles, 26 de febrero de 2025
Participamos no congreso da NOSA
O alumnado de 1o BAC asistiu ao congreso anual da NOSA celebrado o 25 de febreiro, organizado en
Cerceda.
A NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo promovido por varios centros
públicos galegos co obxectivo de lanzar unha cápsula estratosférica con distintos experimentos científicos.
O noso alumnado presentou os obxectivos do seu experimento: a estimación do radio terrestre a través de
datos de imaxe. No punto álxido do voo, cando a cápsula supere os 30 km de altitude, rexistraranse
imaxes da superficie terrestre a partir das cales o alumnado obterá unha aproximación do radio da Terra
empregando os seus coñecementos de trigonometría.
O lanzamento está previsto para o mes de maio.

miércoles, 22 de mayo de 2024
Participamos no último lanzamento da NOSA
Este mércores 22 de maio, o alumnado de 4º ESO do IES Marco do Camballón participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ás 13 h. A actividade está organizada pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega, da que forman parte outros cinco centros públicos do país canda o noso: CPI O Cruce (Cerceda), IES Miraflores (Oleiros), IES Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Ramón Caamaño (Muxía) e CEE de Panxón (Nigrán).
A cápsula montaba os experimentos da chamada Misión asubIA, en referencia ás potencialidades da intelixencia artificial que se incorporaron. Son os seguintes:- Un levitador para medir as variacións de velocidade de transmisión do son en altitude. Este experimento foi proposto pola intelixencia artificial, en concreto pola ferramenta coñecida como ChatGPT.
- Dous experimentos biolóxicos, unha mostra de ADN e outra dun fungo liofilizado para estudar como lles afectan condicións atmosféricas extremas.
- Unha placa peltier que transforma as baixas temperaturas exteriores en voltaxe, de xeito que nun lanzamento futuro poida ser empregalo como fonte de alimentación doutros dispositivos internos.
- Un localizador LoRa, deseñado por alumnado, para rexistrar coordenadas de posición.
- Unha radiosonda para medición de variábeis atmosféricas, que servirán para unha análise numérica e tamén para a elaboración da harmonía musical do ascenso co emprego da ferramentas de intelixencia artificial.
é o rescate da cápsula no punto de aterraxe.
O grupo de seguemento e rescate do noso centro estivo formado por Daniela del Río, Nerea Canda, Victoria Méndez, Xiana Rey e Xiana Taboada. Coas coordenadas da aterraxe, o noso equipo foi o primeiro en chegar ás inmediacións, nun punto da montaña raiano con Castela. Tras un breve rastrexo da contorna, atopamos a cápsula en boas condicións tras o impacto. O seguinte paso será a análise dos datos rexistrados de cara ao seguinte congreso.
Outros dos fitos deste ano foi que, por segundo ano consecutivo, un equipo do noso centro retransmitiu o lanzamento en directo a través da canle de Youtube da NOSA, coa novidade de empregarmos medios profesionais xestionados polo alumnado (rexidor: Unai Ayude; cámara: Xiana Sánchez; presentadores: Pablo Núñez e Xoán Vila; director: Xabier Ferro).O profesorado da NOSA quere felicitar e agradecer o magnífico traballo e compromiso do alumnado do centro en todas as responsabilidades do proxecto nas que se involucrou. Neste punto, non podemos esquecer o difícil comentido do equipo de atado e inflado que, malia o momento de tensión vivido, soubo resolvelo de xeito óptimo, con cabeza e tempero. Parabéns a todas e todos!
jueves, 11 de mayo de 2023
Participamos no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V
Un dos obxectivos da MarumaSat V é a incorporación dunha cámara 360º que gravará neste formato as imaxes do ascenso e descenso. A cápsula tamén incorpora unha estrutura impresa
en 3D deseñada para portar un ovo, co propósito de que resista os abaneos da viaxe e o impacto da aterraxe e regrese intacto á superficie. Ademais diso, instalarase un dispositivo LoRa para estabelecer comunicación por radio coa cápsula. Tamén se rexistrarán diversas magnitudes atmosféricas así como o campo magnético terrestre en altura.
As previsións de traxectoria indicaban que a aterraxe tería lugar nun punto do concello de Quiroga, como efectivamente ocorreu. Tras o lanzamento, organizouse un equipo de rescate, con alumnado dos centros implicado,s que se desprazou até as coordenadas da aterraxe. A cápsula pousouse nas estribacións do Courel, nun punto de difícil acceso. Finalmente, a media tarde e con algo de esforzo, recuperamos a cápsula intacta con todos os experimentos a bordo.
O noso alumnado asumiu o proceso de inflado e atado do globo, paracaídas e cápsula.
Ademais, encarágaronse da cobertura en directo do lanzamento desde a canle de Youtube da NOSA, emisión que se realiza este ano por primeira vez.
Queremos agradecer ao noso alumnado a súa implicación no proxecto, que favoreceu que todo se resolvera con éxito. A partir de agora, analizaremos os datos recollidos para elaborar os informes cientíticos que se exporán no seguinte congreso da NOSA.
miércoles, 12 de febrero de 2020
IV Congreso NOSA
O noso alumnado participou no IV Congreso NOSA, celebrado o 10 de febreiro en Santiago de Compostela. NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo do que forman parte media ducia de centros públicos galegos, e que se encadra no ámbito STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas).O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.
O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.
A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.
martes, 4 de junio de 2019
PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA
O pasado 28 de maio, o noso centro participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV, organizado pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega.
Baixo o nome de "Misión Einstein: rastrexando raios cósmicos", esta
cápsula pretendía poñer en marcha unha serie de experimentos moi
interesantes: dúas mostras biolóxicas expostas á radiación e condicións
da estratosfera, para analizar a influencia destes factores nelas;
sensores de ozono e radiación UV; medición do campo magnético terrestre;
e un detector de muóns que pretende evidenciar de xeito empírico algúns
efectos pronosticados pola Teoría da Relatividade de Einstein.viernes, 22 de febrero de 2019
Salomé: III CONGRESO NOSA
O pasado 11 de febreiro, o IES Marco do Camballón participou no III Congreso NOSA, celebrado no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros. Neste congreso presentáronse varias comunicacións que analizaban os datos do voo da cápsula MarumaSat III, lanzada o pasado mes de maio.
martes, 8 de mayo de 2018
Proxecto Nosa
martes, 30 de mayo de 2017
Proxecto NOSA, lanzamento
2017-05-30 NOSA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
viernes, 28 de abril de 2017
Nosa prepara o seu novo lanzamento ao espazo
O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato forma parte desde este curso do proxecto de creación da Axencia Escolar Espacial Galega, NOSA, xunto co do IES Maruxa Mallo de Ordes e mais o do IES Miraflores de
Oleiros. Esta iniciativa do departamento de Matemáticas concretarase nun lanzamento dunha cápsula á estratosfera ( que contén unha sonda cunha cámara, un GPS e instrumentos de medición de fenómenos atmosféricos) o próximo venres, 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos e de filmar imaxes do espazo. Pódese consultar máis información en: Galicia confidencial, Praza pública, RTVG,Sermos Galiza.








%20(1).jpg)
%20(1).jpg)

