martes, 4 de junio de 2019

PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA

O pasado 28 de maio, o noso centro participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV, organizado pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Baixo o nome de "Misión Einstein: rastrexando raios cósmicos", esta cápsula pretendía poñer en marcha unha serie de experimentos moi interesantes: dúas mostras biolóxicas expostas á radiación e condicións da estratosfera, para analizar a influencia destes factores nelas; sensores de ozono e radiación UV; medición do campo magnético terrestre; e un detector de muóns que pretende evidenciar de xeito empírico algúns efectos pronosticados pola Teoría da Relatividade de Einstein.
O día do lanzamento, o tempo era favorábel ao voo, se ben en superficie había rachas de vento que provocaron o impacto da cápsula contra un muro aos poucos metros do despegue. Malia iso, a misión continuou sen máis contratempos, aterrando nas inmediacións do concello de Maceda. Tras catro días de búsqueda, a cápsula puido ser recuperada con éxito grazas á colaboración no rastrexo da familia Regos, de Ordes. Tras abrir a cápsula, puidemos comprobar o bo estado do instrumental e iniciar a análise dos datos.
Neste voo acadamos un novo rexistro de altura, chegando aos 35553 m. A anterior marca fixáraa a MarumaSat II, con 33612m

No hay comentarios:

Publicar un comentario