jueves, 27 de enero de 2011

CONCURSO


30 CANCIÓNS POLA PAZ
30 DE XANEIRO


Identificar:
Número de canción e Número de pista
Autor/a e cantante
Álbum
Ano
Pista

Pódese participar en grupo (ata 3 persoas) ou individual
Gañarán o premio aqueles/as que máis cancións identifiquen
Material nos ordenadores da biblioteca e no departamento de música

Data límite VENRES 4 DE FEBREIRO. Na BIBLIOTECA


Todos os días 30 de xaneiro celébrase o día mundial da paz en lembranza do líder espiritual y político hindú Mahatma Gandhi (1869-1948) que defendía as súas ideas con métodos pacíficos, de resistencia non violenta e de rexeitamento de toda clase de enfrontamento armado entre pobos. Lamentablemente foi asasinado por un rival extremista.



Moitos músicos hai que adicaron parte da súa creatividade para defender e proclamar a voz cantada que a paz é un dos bens básicos desta humanidade, como o é a auga, o pan e todos os demáis dereitos do ser humano. Varios deles foron tamén asasinados, pero o que non lograrán xamáis os violentos será asasinar a súa música.

Sen dúbida, a mellor homenaxe que se lle pode facer a eses músicos é escoitar as súas cancións e compartir así as súas mensaxes de esperanza.

O concurso consiste en tratar de relacionar as letras que tes no arquivo .pdf (que podes descargar da páxina do centro -pestaña Departamentos_Departamento de Música- ou que tamén podes descargar nos ordenadores da Biblioteca) coas cancións que podes escoitar ou levar para casa no teu pendrive o mp3 (os audios das cancións telos nos ordenadores da Biblioteca)

Terás que relacionar cada Pista de audio co número de canción do arquivo pdf, averiguar quen a canta (o autor) e o ano e o album no que aparece a composición.

miércoles, 26 de enero de 2011

martes, 25 de enero de 2011

POEMA POLA PAZ

PROPÓÑOCHE QUE SEXAMOS MILITANTES
DO INMENSO EXÉRCITO DA VIDA
QUE POÑAMOS AO SERVIZO DA
PAZ
O NOSO ARSENAL DE ARMAS BRANCAS:
AMOR, CARIDADE, SOLIDARIEDADE, RESPECTO
PARA CONSTRUÍR UN MUNDO PLENO DE HARMONÍA...
DEPOÑAMOS ACTITUDES VANAS:
ORGULLO, VAIDADE, EGOÍSMO
E SINTAMOS EN TODO O NOSO SER
A MARABILLOSA SENSACIÓN DE SABER COMPARTIR...
HOXE, XA!, SEXAMOS POESÍA
E FAGAMOS VERSOS DAS NOSAS MANS
CON RIMA DE CORAZÓNS PARA CREAR
O POEMA INMENSO QUE ABARQUE TODA A TERRA
E ALCANCE O CEO, E SEXA ACUBILLO, ALEGRÍA,
PRESENTE E FUTURO... XUNTEMOS O TEU DESEXO E O MEU ANHELO

E FAGAMOS REALIDADE A PAZ DUN MUNDO NOVO...
................................
....................................
(RAMÓN VERMELLAS MOREL)

ORACIÓN DE MAHATMA GANDHI
Humildemente esforzareime
en amar,
en dicir a verdade,
en ser honesto e puro,
en non posuír nada que non me sexa necesario,
en gañarme o soldo co traballo,
en estar atento sempre ao que como e bebo,
en non ter nunca medo,
en respectar as crenzas dos demais,
en buscar sempre o mellor para todos,
en ser un irmán para todos os meus irmáns.

viernes, 21 de enero de 2011

GÖTZ E MEYER


En 1941-1942, en plena Segunda Guerra Mundial, tras o denominado -Holocausto por bala- que acabou con case todos os xudeus varóns de Belgrado prodúxose nesta ciudad o exterminio das mulleres, anciáns e nenos xudeus mediante o sistema dos camións-cámara de gas. Wiltem Göetz e Erwin Meyer foron dous dos suboficiais alemáns encargados das execucións.

miércoles, 19 de enero de 2011

PREMIOS JOSÉ MARÍA FORQUÉ 2011



Buriel de Rodrigo Cortés e Luis Tosar foron os grandes triunfadores.

Buriel gañou o premio a mellor película do ano
Luis Tosar pola súa banda consigueu o premio pola mellor actuación masculina na película "También la lluvia"


Parabéns

A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

Esta novela de Teresa González trata dunha rapaza chamada
Serafina que de maior quere ser equilibrista nun circo cunha bicicleta.
O seu pai é ladrón de bicicletas e vive nunha vila mariñeira coa súa tía.

lunes, 17 de enero de 2011

ABEL SÁNCHEZ


Esta novela de Miguel Unamuno cuenta la historia de una lucha interior del protagonista, Abel, acosado por sus miedos, celos, religiosidad...

jueves, 13 de enero de 2011

AS SERPES CEGAS


Este cómic de Felipe Hernández, premio nacional de Cómic do 2oo9, conta a historia dun persoaxe misterioso que chega a Nova York buscando a Ben Koch para facerlle cumprir un pauto. Será isto posible?? Que terá que facer??

martes, 11 de enero de 2011

UN HOME FELIZ


Este cómic do debuxante e guionista Antonio Seijas, recibiu o premio ao mellor guión no 2007 no salón do cómic de Barcelona e o premio Castelao no 2006. Trata da historia dun home que vai a outro país para fuxir de si mesmo atormentado por cousas do pasado

sábado, 8 de enero de 2011

PREMIO NADAL 2011

Dende fai 67 anos concédense os premios Nadal. Este ano acadou o premio a escritora Alicia Ginez Bartlett coa novela Donde nadie te encuentre