jueves, 27 de enero de 2011

CONCURSO


30 CANCIÓNS POLA PAZ
30 DE XANEIRO


Identificar:
Número de canción e Número de pista
Autor/a e cantante
Álbum
Ano
Pista

Pódese participar en grupo (ata 3 persoas) ou individual
Gañarán o premio aqueles/as que máis cancións identifiquen
Material nos ordenadores da biblioteca e no departamento de música

Data límite VENRES 4 DE FEBREIRO. Na BIBLIOTECA


Todos os días 30 de xaneiro celébrase o día mundial da paz en lembranza do líder espiritual y político hindú Mahatma Gandhi (1869-1948) que defendía as súas ideas con métodos pacíficos, de resistencia non violenta e de rexeitamento de toda clase de enfrontamento armado entre pobos. Lamentablemente foi asasinado por un rival extremista.



Moitos músicos hai que adicaron parte da súa creatividade para defender e proclamar a voz cantada que a paz é un dos bens básicos desta humanidade, como o é a auga, o pan e todos os demáis dereitos do ser humano. Varios deles foron tamén asasinados, pero o que non lograrán xamáis os violentos será asasinar a súa música.

Sen dúbida, a mellor homenaxe que se lle pode facer a eses músicos é escoitar as súas cancións e compartir así as súas mensaxes de esperanza.

O concurso consiste en tratar de relacionar as letras que tes no arquivo .pdf (que podes descargar da páxina do centro -pestaña Departamentos_Departamento de Música- ou que tamén podes descargar nos ordenadores da Biblioteca) coas cancións que podes escoitar ou levar para casa no teu pendrive o mp3 (os audios das cancións telos nos ordenadores da Biblioteca)

Terás que relacionar cada Pista de audio co número de canción do arquivo pdf, averiguar quen a canta (o autor) e o ano e o album no que aparece a composición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario