martes, 17 de marzo de 2015

Penúltimas tendencias en publicidade

Despois de traballar na aula co poemario Penúltimas tendencias de Carlos Negro e recibir a súa visita, o alumnado de 4º de ESO lanzouse á experimentación publicitaria a partir das ideas e impresións que lles suscitou esta lectura. Aquí vos deixamos os seus sorprendentes e divertidos resultados. Quen ía dicir que a poesía daba para...

facer deporte...



coidar a imaxe persoal...



conversar cunha eminencia...



subir nota apampando...


ou ter unha escusa para ir de bares...




sábado, 14 de marzo de 2015

Feliz día de Π

O día de Pi  celébrase todos os anos o 14 de marzo ( 3/ 14). 

Pi, representado mediante a letra grega π, expresa unha cantidade moi común no estudo das figuras circulares,  de gran importancia  para a ciencia e a tecnoloxía. Concretamente, π é o resultado de dividir a lonxitude de calquera circunferencia entre o seu diámetro. 
π  ten infinitas cifras decimais, sendo as primeiras: 

π = 3,14159 26535 89793 23846 26433 83279 50288 41971 69399 37510 58209 74944 59230 78164 06286 20899 86280 34825 34211 70679 82148 08651 32823 06647 09384...         

Case nada!!

Este ano a celebración é máis especial por cadrar a data con máis cifras do número, de aí que a festa  sexa aínda maior!

Non  dubides  en festexar tamén ti o instante máis  π  do século!!


miércoles, 11 de marzo de 2015

"Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo"


Este é o título da charla que nos regalou Xurxo Mariño o pasado  martes 3 de marzo.

E como se dun novo Odiseo se tratase, durante máis de hora e media seguimos, enfeitizad@s, as súas andainas polo mundo adiante, entre os lotófagos, os cíclopes, as Escilas e as Caribdis do noso tempo.
Realmente foi o relato dunha viaxe chea de aventuras, chea de coñecementos, que nos deixou a tod@s cunhas ganas enormes de coller a mochila e saír a percorrer este fascinante planeta que, moitas veces, tan mal tratamos.
Non fai falla dicir que agardamos impacientes a próxima publicación do libro no que recolle estas e outras experiencias para atesouralo na nosa biblioteca.

E así como el nos ofreceu un resume do seu extraordinario periplo, tamén nós presentamos aquí unha versión abreviada da súa visita, pero se queredes ver completo o vídeo da súa charla, podédelo facer no ordenador da biblioteca.













De todos os xeitos, para saber máis sobre a súa obra e viaxes, aquí tedes algunhas ligazóns de interese relacionadas coa súa actividade:




Facendo click nas imaxes podedes ler o relato co que nos agasallou

A incrible historia de Xeobot

e outras obras súas que están na rede






E aquí vos deixamos algunhas das fotos que tomamos ao longo da súa estancia no noso centro:








Grazas, Xurxo, por unha mañá chea de marabillas!

domingo, 8 de marzo de 2015

Mulleres de Mate

Esta semana  imos a dedicarlla as mulleres, pero de modo especial, as matemáticas. Estas son algunhas das que  traballamos co alumnado de 1º de ESO, no proxecto Mulleres de Mate. Cantas cousas descubrimos!!





Estes foron os traballos que elaboraron empregando as TICS en galego e en inglés:
Esta é a cronoloxía das mulleres de Mate incluíndo as profes do noso IES 

viernes, 6 de marzo de 2015

Calendario CambaNet para 3º trimestre


Debido a un erro, onte apareceu publicado o calendario provisional para o terceiro trimestre. 
O que publicamos a continuación é o definitivo. 
No seu deseño tíveronse en conta algúns problemas que ocasionaba o reparto inicial. 
Deste xeito, os 4 departamentos que quedan por intervir no concurso formularán dúas preguntas (non 4 como ata o momento) que se publicarán ao longo das 4 semanas do mes de maio, reservando a primeira semana do mes de xuño para a fase de desempate, se houber lugar:


Departamentos de Música e Plástica:

6-12 de abril

Departamento de Lingua castelá:

13-19 de abril

Departamento de Lingua galega:

20-26 de abril

Departamento de Linguas clásicas:

27 abril-3 de maio

Fase de desempate:

4-10 de maio


O día 6 de abril sairán publicadas as preguntas correspondentes aos departamentos de Plástica e Música  a pesar de ser día non lectivo. O mesmo acontecería o 4 de maio en caso de producirse a fase de desempate.

lunes, 2 de marzo de 2015

Aviso para cambaNeteir@s


Despois destes intensos meses de inmersión na nosa biblioteca e na rede en busca de datos, libros e informacións varias, precisamos un descanso para poñer o foco na actividade lectiva ordinaria, de xeito que este mes de marzo non haberá concurso CambaNet. 
Retomaremos a actividade despois das vacacións.

Este venres 6 de marzo publicaremos o calendario definitivo para o 3º trimestre 

domingo, 1 de marzo de 2015

Clasificación 2º Bloque 6ª Fase

As respostas correctas ao 2º bloque de preguntas da 6ª fase son as seguintes:


1. Busca no libro da biblioteca titulado Atrévete a pensar as consecuencias sociais que tivo a sociedade industrial segundo o filósofo Marx e indica cales son.

      Admitíronse distintas respostas

2. Na biblioteca atoparás que outras tradicións filosóficas existen ademais da nosa. Indica polo menos dúas e, tamén, o título do libro ou libros de onde sacaches a información. Podes consultalo en obras dos seguintes autores: Jesús Mosterín, David E. Cooper e Hans Joachim Störing.

     Admitíronse distintas respostas


Clasificación


     EQUIPO          
      PUNTUACIÓN POR PREGUNTA      
    TOTAL PARCIAL    
     TOTAL FINAL        
Os nènos
5/5
10
94
 Nosilo
5/4
9
88
Morriña
5/5
10
88
As venusiñas
0/0
0
71
Chocolota
0/0
0
58
  Alex Tintor
0/0
0
50
Ilussia
0/0
0
44
Merengue 
Merengue!! 
0/0
0
29
Los Ma´s
0/0
0
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato 
de Cristal 
0/0
0
10
Galizantes 
0/0
0
5
Equipo A 
0/0
0
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap 
0/0
0
0
Sen nome
0/0
0
0