lunes, 21 de diciembre de 2020

Proyecto 25Nov

O pasado 25 de novembro, realizamos no IES un acto, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alumnado de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato gravou, editou e montou este vídeo.

 Grazas polo voso traballo: Christian Otero, Lorena Medela e Xabier Vila.


martes, 15 de diciembre de 2020

Recomendacións de Nadal

Xa estamos a piques de rematar o trimeste e comezar un tempo de lecer. Dende a biblioteca facemos unhas recomendacións por se é do voso interese. Boas lecturas!!

jueves, 3 de diciembre de 2020

O noso monstro

 Para conmemorar o día Internacional de persoas con discapacidade, o alumnado de 1º de ESO estivo traballando "Os monstros de cores" e concluimos que cada un agocha o seu mostro e aquí queda reflectido.



Baixo a mesmo paraugas

Dende o IES Marco do Camballón quixemos aportar o noso gran de area a prol da inclusión e da diversidade, entendida como algo enriquecedor para a sociedade en xeral e para a nosa comunidade educativa en particular.
Por iso, este ano unímonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade.

Moitas gracias a todo o alumnado e profesorado pola vosa implicación e colaboración.

Música: "Mensajes del agua". Macaco (2011).



viernes, 27 de noviembre de 2020

Homenaxe a Neira Vilas

 Homenaxe a Xosé Neira Vilas no seu 5º cabo de ano. O alumnado do IES Marco do Camballón a Gres conmemoralo con música, regueifa, roteiro e global muiñeira. Agradecemos a Fundación Xosé Neira Vilas e a Xosé Manuel Lobato por todo!!
 

 


20201127Neira Vilas - Kizoa Movie Maker

Principais medidas de protección fronte a COVID no noso centro

 

A alumna de 4º ESO, Alba Guzmán Camino, realizou unha curta documental onde recolle cales son as principais medidas de protección fronte a COVID que se aplican no noso centro. O traballo explica, de xeito claro, as pautas que debemos seguir no noso día a día para contribuír á seguridade de todxs. 
Queremos agradecer o traballo de Alba neste proxecto, que ofrece un bo resumo das medidas de proteccións. Parabéns!
 


jueves, 26 de noviembre de 2020

Protección fronte á COVID

 

A alumna Mónica Teixeira Dinís, de 4º ESO, elaborou un vídeo documental onde se expoñen as normas de protección fronte á COVID nas escolas galegas e portuguesas. Con este traballo podemos contrastar como se está a xestionar a pandemia no país veciño. 
Queremos agradecer o traballo de Mónica neste proxecto, que ofrece un resultado moi interesante. Parabéns!
 
 


miércoles, 25 de noviembre de 2020

Manifesto 25 N

 



O alumnado de psicoloxía de  2º de bacharelato elaborou un manifesto para o 25 de Novembro co obxectivo de provocar a reflexión e crítica da violencia machista, tipos, orixe, formas, facendo fincapé en que en tempos de pandemia o coronavirus non foi nin é o único virus que nos está matando.
 
Todos os días son 25 de Novembro!
 
 
    






DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO








jueves, 5 de noviembre de 2020

martes, 3 de noviembre de 2020

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN EN VIOLENCIA CONTRA A MULLER


 

3 de Novembro: Homenaxe a Neira Vilas

 No día en que se conmemora o nacemento de Xosé Neira Vilas, que mellor maneira de homenaxealo, que recollendo as ilustracións do seu libro "Memorias dun neno labrego" e musicalo cunha peza interpretada polo grupo de gaitas Luz de Ilicinio, un dos grupos que forman parte de AACC Mestre Manuel Gacio de Lestedo. Grazas a AACC por permitir empregar esta peza.
 

 


viernes, 23 de octubre de 2020

Concurso de frases organizado polo Concello de Vila de Cruces con motivo do día internacional da non violencia de xénero 25N

 

jueves, 22 de octubre de 2020

VISITA BIBLIOTECA MUNICIPAL XOSÉ NEIRA VILAS


 Para conmemorar o día das bibliotecas o alumnado de 1º ESO  visitou a biblioteca municipal e fixeron os carnés para poder coller material.




miércoles, 14 de octubre de 2020


 Club de lectura en feminino

Que é? Un clube de lectura aberto a toda a comunidade educativa.

Cómo se organiza? A través dun encontró online, una vez a semana comentaremos as

sensacións e impresións da lectura realizada.

Novo mobiliario para a aula da radio

 

Novedades inicio de curso 2020-21

"Mira a que che interesa"


 

Entrega de diplomas ao alumnado voluntario. 
                Grazas pola colaboración

 

jueves, 1 de octubre de 2020

MAFALDA quedou orfa


Onte morreu o seu autor, "Quino!, Joaquín Salvador Lavado, humorista gráfico e historietista arxentino.
Deixa unha ampla obra.
Os protagonistas acostuman a ser xente común, aínda que Quino non renuncia a escenas surrealistas ou alegóricas e ás reaccións caricaturescas.

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Rexistro 10000

Chegamos aos 10000 e facémolo cunha publicación moi especial, co terceiro volume da nosa publicación matemática MARCO NUMÉRICO. Parabéns a todos os que colaborastes


 

martes, 22 de septiembre de 2020

Puntos de devolución de libros e material de biblioteca

Xa temos en cada porta de entrada colocadas os puntos de devolución de libros e dvd. A partir de mañá xa os podedes traerlos.



 

jueves, 17 de septiembre de 2020

Club de lectura 2020

Aínda non te apuntaches ao club de lectura xove padawan? A resistencia está esperando por ti, envía un correo a bibliocruces@gmail.com co teu nome e apelidos e curso. A forza acompaña aos que len!!

miércoles, 16 de septiembre de 2020

Retorna o Club de lectura


Retorna o club de lectura... se queres apuntarte envía un  correo a bibliocruces@gmail.com co teu nome e apelidos e o curso ao que pertences.
Que a forza vos acompañe....


martes, 15 de septiembre de 2020

Recreos seguros





 

Este é a nova distribución dos espazos para que os recreos sexan máis seguros.

lunes, 7 de septiembre de 2020

Volvemos!!

Con máscara, distancia de seguridade... e con máis ganas que nunca de vervos!! Temos moitas lecturas esperando por vós. Como vedes, estamos preparando a biblio ara o inicio de curso, durante estes días vos iredes contando as novas e mostrando novidades.

 

lunes, 29 de junio de 2020

Bo verán

Hoxe despedímonos ata setembro. Como vedes estamos preparando a biblio. Temos moitas novidades e voltaremos con moitos proxectos e ilusións. Bo verán e boas lecturas, vémonos en setembro.

martes, 23 de junio de 2020

Recomendacións de verán

Xa esta rematando este curso 19/ 20 no que sen dúbida houbo moitos cambios para todos e todas pero o que non vai cambiar son as recomendacións que dende a biblioteca do Camballón queremos facervos para o verán. Podedes pasar a recollelos polo biblio tanto estes como os vosos escargados nos horarios marcados.
Moi boas vacacións e felices lecturas!!

miércoles, 10 de junio de 2020

Proxecto da asignatura TIC II.

Adxuntamos a url da páxina web da alumna de 2º de Bach Mª Victoria Rivas Arriechi. Unha web que traballou durante todo o curso (moi especialmente durante este último atípico trimestre) aprendendo a linguaxe de marcas Html5 e  as follas de estilos CSS. Un proxecto da asignatura TIC II. 

A páxina trata sobre as series de televisión-plataformas de pago que tanto éxito teñen na actualidade e tanto interese despertan entre o público de distintas idades.

 A día de hoxe ela segue a traballar na páxina e facendo melloras e actualizacións.

Bravo polo estupendo traballo de Vicky!!


domingo, 17 de mayo de 2020

Feliz día das letras

Estas son as recomendacións que facemos para o día das Letras. Felices lecturas



O alumnado de 1º ESO de ITI crearon estas imaxes, a partir dunha fotografía que eles fixeron, co GIMP. O poema é de Carballo Calero homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A música é unha peza chamada Muiñeira de Mejuto interpretada do Grupo Luz do Ilicinio de Lestedo.

A praia de Coruxo



sábado, 16 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Aquí está o vídeo do Día das Letras Galegas, este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero, un dos principais intelectuais do século XX. Collimos uns versos de Carballo é fixemos esta montaxe chea de sorrisos. Esperando que vos guste!

Viva Carballo Calero!



viernes, 8 de mayo de 2020

Leva protección do Club da Lingua

O Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas artesanalmente.
 
Estas máscaras foron pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
 
O alumnado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
 
E decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente) que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
 
Os memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125 formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non poden ser ofensivos nin sexistas. 
 
Poderanse enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu). Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes, tres máscaras.**

jueves, 23 de abril de 2020

Feliz día do libro

Feliz día do Libro a todos e todas!!

Para festexar este día o profesorado o IES Marco do Camballón recomendan libros e películas que podedes ler e ver.

miércoles, 22 de abril de 2020

Carné Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Bo día, dacordo coa Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, poñemos a disposición de todos os interesados/as sexa ou non membro da comunidade educativa un formulario para que cubrir e mandar  por correo electrónico.
Este formulario vai permitir darnos de alta na Rede de Bibliotecas de Galicia, onde podemos ler e visionar películas sen necesidade de saír da casa.
Aquelas persoas que non poden imprimir o documento, que manuscriban os datos de forma clara, asinan o documento e envían por correo electrónico,
Preme este ligazón para descargar. 
Unha vez aberto o documento- archivo- descargar- microsoft word, opendocument... gardar e xa está no seu ordenador en descargar.

Se xa acceso a Galiciale porque tedes carné dunha biblioteca municipal os pasos son os seguintes:

 - Para poder entrar poñedes no navegador catálogo Galiciale- arriba a dereita - conta (premer e xa cubres os datos)

 - Para poder modificar ou recuperar o contrasinal poñedes no navegador Galiciale e segundo o que queirades facer hai que cubrir:
Concello (biblioteca pública non escolar onde te deches de alta) + seguinte
Número de usuario (DNI sen letra) + enviar (manda un correo electrónica e ahí podes cambiar contrasinal ou recuperar)

lunes, 6 de abril de 2020

miércoles, 11 de marzo de 2020

Día da muller


Aquí tedes unha mostras das cousas que se fixeron no auditorio Xosé Casal no I Encontro Feminista organizado polo IES Marco do Camballón.



martes, 10 de marzo de 2020

Día da muller

Mañá no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces terá lugar un acto a partir das 12 da mañá onde se dará visibilidade ás mulleres da nosa contorna. No acto contaremos con: Elena Ferro, Pilar Vispo (A casa da Quenlla), Ana Rodríguez (compoñente de Leilía), Paula Rivela e Mónica González ( persoa do colectivo feminista de Lalín).








lunes, 9 de marzo de 2020

Premios cuñas radiofónicas

Este é o alumnado gañador no concurso das cuñas radiofónicas cuxo obxectivo era a visibilización da situación da desigualdade da muller en diversos ámbitos.
Parabéns!!

viernes, 6 de marzo de 2020

martes, 3 de marzo de 2020

Visita a Lugo

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de Latín, Grego, Filosofía e FP Básica viaxou a Lugo onde levou a cabo varias actividades. Para comezar visitamos en Outeiro de Rei o CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas), onde nos explicaron que é, dende cando existe e cal é a función dun centro pioneiro non só no Estado español senón tamén en Europa e que moi poucos coñecen.  O persoal do centro deunos todo tipo de explicacións sobre o seu funcionamento, amosáronnos as instalación nas que puidemos ver, ademais dalgúns avións non tripulados, tamén o motovelero Stemme e desveláronnos a existencia dun interesante ciclo formativo superior de mantemento aeromecánico que se pode cursar no CIFP As Mercedesen Lugo.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/rozas-orgullo-lugo-nos-situara-epicentro-europa/202002211311051424550.html
Despois fomos ata o centro de Lugo para visitar no Antigo Cárcere a exposición sobre a Serie Amarilla do pintor ourensán Xaime Quessada. Nesta serie, o artista emprega como fío condutor a cor amarela para presentar dun xeito que sorprende ao espectador, inicialmente condicionado pola luminosa cor cara a unha temática amable, un conxunto de cadros onde se suceden distintos episodios de sufrimento humano como a represión da ditadura de Videla, o xenocidio da guerra dos Balcáns, os naufraxios de pateras no Mediterráneo ou a invasión de Irak. Ás emocións e sensacións que suscita a exposición, súmase o efecto de opresión que causa o feito de que as obras estean expostas en sucesivas celas do cárcere.

https://www.facebook.com/1657604821119097/posts/onte-o-alumnado-do-ies-marco-do-camballon-de-vila-de-cruces-disfrutou-da-visita-/2509610629251841/
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2509610629251841&id=1657604821119097

Finalmente, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla onde por medio do visionamento de dous vídeos se nos informou da historia desta construción bimilenaria e de como a cidade de Lugo cubriu de libros unha muralla pero descubriu un Monumento Patrimonio da Humanidade, nun poético e exitoso exemplo de colaboración cidadá na procura dun ben común.

lunes, 24 de febrero de 2020

O xardín de Rosalía


Para celebrar o día de Rosalía na Biblioteca imos sementar un xardín cos seus poemas.


ESCRIBE UN VERSO DE ROSALÍA NA FLOR E COLOREA

Este ano na Biblioteca celebramos o Día de Rosalía prantando un xardín cos seus poemas.
O alumnado escribiu un verso de Rosalía nunha flor e pintouna de cores. As creacións instaláronse nunha maceta na entrada do centro. Este colorido xardín serviunos para recordar a figura da poeta.

sábado, 22 de febrero de 2020

Entroido



Que é o Entroido sen algo de risco!!. Calquer cousa é posible se tes suficiente coraxe...e así o demostraron o equipo do Biblioteca. Por iso Harry Potter foi aceptado no Marco do Camballón e douse así o comezo do festival.



Durante a xornada, despois dunhas sesións de clase pasouse a parte lúdica onde todo o centro participou por equipos en diversos xogos e despois douse paso ao concurso de disfraces e comparsa. Aquí vai un breve resumo do que se disfrutou nesta xornada. Que viva o entroido!!


miércoles, 19 de febrero de 2020

Visita á Biblioteca municipal

O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas para coñecer un pouco mellor os horarios,  funcionamento e os servizos que presta. Asemade aproveitamos a visita para facer os carnets de lector a todo a alumnado que o desexou.


IV Encontro de Entroido

Onte tivo lugar o Encontro de Xenerais do Ulla que ano tras ano se celebra na comarca que que cada ano organiza un dos centros que participa. Este ano foi o organizador o CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces.
Actuaron os Xenerais do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, empregando os traxes do seu entroido, mentres que os Xenerais do CEIP de Merza e do IES Marco do Camballón empregaron as vestimentas da Asociación Cultural "O vellos dos Cornos" de Merza. O alumando do Camballón tamén participou con tres parellas de mouros e un grupo de alumnado que regueifaron.
As parranda correron a cargo do CEIP de Cerdeiriñas e Nosa Señora da Piedade.

Viva o entroido!!

miércoles, 12 de febrero de 2020

Visita ao Pórtico da Gloria

Onte o alumnado de 2º ESO e 2º Bacharelato visitaron a cidade Compostelá para visitar o Pórtico da Gloria e aproveitaron para percorrer as distintas prazas que rodean a Catedral e ver que elementos forman parte de cada unha das fachadas. Aproveitaron para ver o Igrexa de San Paio de Antealtares e visitar o seu museo e coñecer un pouco a historia da casa da Parra. Non marcharon da cidade sen antes percorrer o casco antigo e pasear polas rúas e coñecer algunha curiosidade que se agocha delas.

Monte Gaiás

O alumnado de 4º ESO foron ao museo e a biblioteca e asemade visitaron a exposición sobre A emigración




IV Congreso NOSA

O noso alumnado participou no IV Congreso NOSA, celebrado  o 10 de febreiro en Santiago de Compostela. NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo do que forman parte media ducia de centros públicos galegos, e que se encadra no ámbito STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas).
O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.
O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.
A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas  a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.

martes, 11 de febrero de 2020

Concurso Odisea


Un curso máis, o alumnado do Marco do Camballón participa no concurso Odisea, un certame que vai xa pola 15ª edición e no que o noso centro leva concursando dende o seu segundo ano de celebración. Este ano de olimpismo, como non podía ser doutra maneira, o concurso versa sobre o deporte na Antigüidade, o que nos deu pé a aprender moitas cousas sobre o mundo antigo pero tamén a reflexionar sobre o espírito agonal e os seus límites, o coidado da saúde e a importancia da dieta, a situación da muller dende Grecia ata os nosos días... En fin, non podemos deixar de constatar que somos humanos, que nada humano nos é alleo e que as nosas inquedanzas, degoiros, dificultades e éxitos son os mesmos no 2020 que no 776 a.C., algo que a intensidade do brillo das novas tecnoloxías moitas veces non nos permite ver.
Pero agora, os datos do concurso Odisea 2020:

Este ano están concursando 5.331 alumnos e 346 profesores de toda España, distribuídos en 2.079 grupos procedentes de 309 centros.
No caso de Galicia, participaron 243 equipos de 39 centros diferentes procedentes das catro provincias.
Na primeira fase do concurso, quedou vencedor de todos eles o equipo cruceño LUSAMA, que este mércores 12 de febreiro participará no desempate autonómico competindo con outros catro centros galegos que obtiveron a mesma puntuación aínda que precisaron máis tempo para responder as preguntas.

Parabéns e moita sorte LUSAMA, xa fixestes un traballo espectacular.
Parabéns tamén ao resto de equipos participantes: TACE!, TOK, TWIN TURBO, ZC´S e CLEOPATRA que conseguiron moi boas puntuacións e amosaron un gran entusiasmo e ganas de gañar.

lunes, 10 de febrero de 2020

As nosas mans construiron o mundo


O alumnado de 1º TAPSD realiza un mural na residencia de Vila de Cruces co lema: As nosas mans construiron o mundo, repasaron cos usuarios as súas vidas para rescatar deste xeito o valor inmaterial dos nosos maiores.

miércoles, 5 de febrero de 2020

Visita da poetisa Ana Vila Portomeñe

Hoxe visitounos a poetisa  labrega taboadense Ana Vila Portomeñe que nos explicou como crea os seus poemas. Partindo dun poema dela títulado Canta, o alumnado de 1º de ESO animouse a facer un poema e o resultado foi impresionante. Grazas Ana por compartir con nós este taller de poesía.!!


viernes, 31 de enero de 2020

Almorzo saudables

Nesta sesión estivemos falando a Quinoa  e as súas propiedades. Tamén pudemos degustar quinoa con chocolate, está de vicio!! Animádevos a degustala.


Día da Paz

Onte conmemoramos o día da Paz  e aquí tedes algunhas das actividades que se foron realizando non centro.



miércoles, 29 de enero de 2020

Visita de Xosé de Cea

Hoxe estivo no Camballón, Xosé de Cea para falarnos do seu libro a Revolución Detrito que o alumnado de 2º de ESO traballou no Club de lectura.
Xosé contestou a moitas preguntas que o alumnado lle fixo e tamén reflexionou sobre o grave problema do traballo infantil que a día de hoxe  segue vixente.


Club de lectura de adultos


Visita a industrias Guerra

Os alumnos e segundo do ciclo visitaron a empresa de Guerra, donde se fabrican grúas forestales  para camiones, e marinas para barcos, etc. Estiven castro horas de visita muy bien atendidos por las distintas personas que trabajan en los departamentos. Tienen zona de caldereria, de soldadura robótizada, manual, zona de montaje, de corte plasma y gas, de hidráulica. Y los departamentos de desarrollo en i+d+i, y control de calidad.


martes, 28 de enero de 2020

Saída da Santiago


O luns 27 de xaneiro o alumnado de Francés dos cursos 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato viaxaron ata Santiago para ver a adaptación da obra de teatro “Quasimodo” do celebre escritor francés Víctor Hugo.

Dado que a compañía BHM Producciones está composta por actores nativos foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para todos eles. Os alumnos puideron seguir o fío de toda a representación xa que se trata dunha obra moi coñecida pero tamén debido a certos elementos como os xestos, o son, a posta en escena, etc. Ao rematar a obra tiveron a oportunidade de facer un coloquio cos actores para preguntarlles as dúbidas que puideron xurdirlles.

lunes, 27 de enero de 2020

Proxecto 1000 calcamonias de Galicia. Tatoos da Galicia

O Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom, o proxecto educativo Semente de Compostela e o local social A Gentalha do Pichel organizan o proxecto “Tattoos da Galiza: 10.000 de calcomanias para a infancia e a xuventude” co  objetivo de distribuir 10 modelos de tatuaxes temporais con motivos de deseño gráfico da historia da Galicia.

Desde o punto de vista sociolinguístico, esta actividade quere colocar diante dos ollos da infancia e a mocidade a importancia da comunicación visual dende unha perspectiva galega. Esta intervención procura articular un proceso de comunicación social na nosa lingua para a visibilización de referentes visuais, icónicos, plásticos e de deseño gráfico propios da historia e actualidade da Galici
a.

viernes, 24 de enero de 2020

Recreos culturais

Dentro dos  recreos culturais que se desenvolven dende a biblioteca, estamos a coñecer diferentes cereais que aportan grande cantidade de nutrintes precisos para unha dieta saudable: o mijo, a avea, a quinoa.
Trátase de probar novas recetas coas que poder facer pequenos cambios no noso almorzo para reducir azucre na dieta e incrementar o noso rendemento intelectual e beneficiar deste xeito a nosa saúde.


Concerto no Auditorio de Galicia


O alumnado de 2° ESO asistiu o pasado venres 17 de xaneiro ao Auditorio de Galicia de Santiago para escoitar a música que o compositor ruso Sergei Prokofiev (1891-1953) creou para o ballet "Romeo e Xulieta". Interpretouna a Real Filarmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. A música serviu de acompañamento á representación de títeres a cargo da compañía Per Poc. Na súa páxina web podemos ler "...de los 52 temas de la partitura de Sergei Prokofiev, hemos elegido 15, aquellos que mejor nos ayudaban a explicar la historia. La obra de William Shakesperare ha sido transformada en un texto para narrador – ya que nuestros títeres no pueden hablar."

Fui unha hora de música moi fermosa, que describe e narra con moito lirismo e ritmo a traxedia de Romeo e Xulieta, unha historia xenialmente representada pola compañía Per Poc mediante uns títeres que gracilmente se desprazan polo escenario facéndonos cómplices do seu amor, dos seus medos, esperanzas e ilusións, e que teñen que facer fronte á incomprensión, ao odio, á vingaza e, tristemente, á morte.

miércoles, 22 de enero de 2020

Navegando polo universo dende o ximnasio


O martes 21 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO e 1º BAC visitou un planetario portátil de última xeración instalado no ximnasio, e que ofrecía unha viaxe virtual polo ceo titulada Navegando polo universo. A iniciativa é un proxecto docente desenvolvido polo programa cultural Ruta Quetzal.

Este planetario era unha estrutura inchable cunha bóveda de 5 metros de diámetro nas que se proxectaban secuencias dinámicas do universo.

As sesións permitiron un achegamento a diversos aspectos relacionados coa astronomía e o coñecemento do universo, dende a definición e historia da astronomía, o Sistema Solar, a Vía Láctea, os movementos planetarios, cambio de estacións, fases lunares, eclipses, etc.

viernes, 17 de enero de 2020

Almorzos saudables I

O venres 17 tivemos unha sesión impartida por Montse sobre a Avea e as súas propiedades.  Tamén non falou dos elementos que debería incluír un almorzo saudable. Un exemplo de almorzo saudable que non vai aportar moita enerxía son Gachas de avea e probaron o bo que estaba combinación de alimentos.


miércoles, 15 de enero de 2020

Curso de especialización no manexo da radio

No día de onte levouse a cabo unha actividade na cal o noso alumnado de 2º ESO puido especializarse no manexo da radio como ferramenta comunicativa. A formación foi levada a cabo por parte de Xerardo e Damián de Ponte nas Ondas e dividiuse nos seguintes puntos:
- En primeiro lugar realizouse un obradoiro de locución no cal os rapaces e rapazas aprenderon a colocar a voz, a entonar e a expresar coas palabras as súas emocións. Quedaron moi sorprendidos polo gran talento de Damián Alonso (actor de dobraxe).
- Na segunda parte da actividade puideron comprobar como editar en Audacity aquelas grabacións que precisan dalgunha modificación para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta. Nesta labor foron axudados por Damián e por Xerardo.
- Para rematar a xornada, todo o alumnado participante elaborou un guión de radio e participou como locutor e técnico de mesa de radio dando lugar á creación dun gran programa no cal se trataron diversas temáticas, incluso rematamos cunha interpretación musical da nosa terra.

O noso alumnado ademais de coller máis experiencia coa radio, puido especializarse para en vindeiras actividades poder exercer como formadores dos futuros técnicos e técnicas de Radio Camballón.

martes, 14 de enero de 2020

Entrevista compañía a Panadaría

O pasado 19 de decembro de 2019, a compañía de teatro A PANADARÍA representou, de xeito aberto para toda a comunidade educativa do centro, a obra Elisa e Marcela.
A función pretendía servir como unha acción de sensibilización en materia de igualdade e recoñecemento de dereitos para o colectivo LGTBI. Como sabedes, a obra conta a historia de amor de dúas mulleres lesbianas galegas, Elisa e Marcela, que, a principios do s. XX, conseguiron contraer matrimonio en contra da moral hipócrita dominante naquela sociedade (e que, lamentabelmente, chega aos nosos días). Polo seu amor foron perseguidas, derivaron a Portugal, onde foron encarceladas, e finalmente tiveron que emigrar a Arxentina, onde se lles perde a pista.
Antes da función puidemos entrevistar ás actrices que a protagonizan, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kéndelman. Velaquí vos deixamos o vídeo con contido completo. Agardamos que vos guste!

Elisa e Marcela entrevista 2