viernes, 31 de enero de 2020

Almorzo saudables

Nesta sesión estivemos falando a Quinoa  e as súas propiedades. Tamén pudemos degustar quinoa con chocolate, está de vicio!! Animádevos a degustala.


Día da Paz

Onte conmemoramos o día da Paz  e aquí tedes algunhas das actividades que se foron realizando non centro.



miércoles, 29 de enero de 2020

Visita de Xosé de Cea

Hoxe estivo no Camballón, Xosé de Cea para falarnos do seu libro a Revolución Detrito que o alumnado de 2º de ESO traballou no Club de lectura.
Xosé contestou a moitas preguntas que o alumnado lle fixo e tamén reflexionou sobre o grave problema do traballo infantil que a día de hoxe  segue vixente.


Club de lectura de adultos


Visita a industrias Guerra

Os alumnos e segundo do ciclo visitaron a empresa de Guerra, donde se fabrican grúas forestales  para camiones, e marinas para barcos, etc. Estiven castro horas de visita muy bien atendidos por las distintas personas que trabajan en los departamentos. Tienen zona de caldereria, de soldadura robótizada, manual, zona de montaje, de corte plasma y gas, de hidráulica. Y los departamentos de desarrollo en i+d+i, y control de calidad.


martes, 28 de enero de 2020

Saída da Santiago


O luns 27 de xaneiro o alumnado de Francés dos cursos 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato viaxaron ata Santiago para ver a adaptación da obra de teatro “Quasimodo” do celebre escritor francés Víctor Hugo.

Dado que a compañía BHM Producciones está composta por actores nativos foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para todos eles. Os alumnos puideron seguir o fío de toda a representación xa que se trata dunha obra moi coñecida pero tamén debido a certos elementos como os xestos, o son, a posta en escena, etc. Ao rematar a obra tiveron a oportunidade de facer un coloquio cos actores para preguntarlles as dúbidas que puideron xurdirlles.

lunes, 27 de enero de 2020

Proxecto 1000 calcamonias de Galicia. Tatoos da Galicia

O Clube da Língua do IES Marco do Cambalhom, o proxecto educativo Semente de Compostela e o local social A Gentalha do Pichel organizan o proxecto “Tattoos da Galiza: 10.000 de calcomanias para a infancia e a xuventude” co  objetivo de distribuir 10 modelos de tatuaxes temporais con motivos de deseño gráfico da historia da Galicia.

Desde o punto de vista sociolinguístico, esta actividade quere colocar diante dos ollos da infancia e a mocidade a importancia da comunicación visual dende unha perspectiva galega. Esta intervención procura articular un proceso de comunicación social na nosa lingua para a visibilización de referentes visuais, icónicos, plásticos e de deseño gráfico propios da historia e actualidade da Galici
a.

viernes, 24 de enero de 2020

Recreos culturais

Dentro dos  recreos culturais que se desenvolven dende a biblioteca, estamos a coñecer diferentes cereais que aportan grande cantidade de nutrintes precisos para unha dieta saudable: o mijo, a avea, a quinoa.
Trátase de probar novas recetas coas que poder facer pequenos cambios no noso almorzo para reducir azucre na dieta e incrementar o noso rendemento intelectual e beneficiar deste xeito a nosa saúde.


Concerto no Auditorio de Galicia


O alumnado de 2° ESO asistiu o pasado venres 17 de xaneiro ao Auditorio de Galicia de Santiago para escoitar a música que o compositor ruso Sergei Prokofiev (1891-1953) creou para o ballet "Romeo e Xulieta". Interpretouna a Real Filarmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. A música serviu de acompañamento á representación de títeres a cargo da compañía Per Poc. Na súa páxina web podemos ler "...de los 52 temas de la partitura de Sergei Prokofiev, hemos elegido 15, aquellos que mejor nos ayudaban a explicar la historia. La obra de William Shakesperare ha sido transformada en un texto para narrador – ya que nuestros títeres no pueden hablar."

Fui unha hora de música moi fermosa, que describe e narra con moito lirismo e ritmo a traxedia de Romeo e Xulieta, unha historia xenialmente representada pola compañía Per Poc mediante uns títeres que gracilmente se desprazan polo escenario facéndonos cómplices do seu amor, dos seus medos, esperanzas e ilusións, e que teñen que facer fronte á incomprensión, ao odio, á vingaza e, tristemente, á morte.

miércoles, 22 de enero de 2020

Navegando polo universo dende o ximnasio


O martes 21 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO e 1º BAC visitou un planetario portátil de última xeración instalado no ximnasio, e que ofrecía unha viaxe virtual polo ceo titulada Navegando polo universo. A iniciativa é un proxecto docente desenvolvido polo programa cultural Ruta Quetzal.

Este planetario era unha estrutura inchable cunha bóveda de 5 metros de diámetro nas que se proxectaban secuencias dinámicas do universo.

As sesións permitiron un achegamento a diversos aspectos relacionados coa astronomía e o coñecemento do universo, dende a definición e historia da astronomía, o Sistema Solar, a Vía Láctea, os movementos planetarios, cambio de estacións, fases lunares, eclipses, etc.

viernes, 17 de enero de 2020

Almorzos saudables I

O venres 17 tivemos unha sesión impartida por Montse sobre a Avea e as súas propiedades.  Tamén non falou dos elementos que debería incluír un almorzo saudable. Un exemplo de almorzo saudable que non vai aportar moita enerxía son Gachas de avea e probaron o bo que estaba combinación de alimentos.


miércoles, 15 de enero de 2020

Curso de especialización no manexo da radio

No día de onte levouse a cabo unha actividade na cal o noso alumnado de 2º ESO puido especializarse no manexo da radio como ferramenta comunicativa. A formación foi levada a cabo por parte de Xerardo e Damián de Ponte nas Ondas e dividiuse nos seguintes puntos:
- En primeiro lugar realizouse un obradoiro de locución no cal os rapaces e rapazas aprenderon a colocar a voz, a entonar e a expresar coas palabras as súas emocións. Quedaron moi sorprendidos polo gran talento de Damián Alonso (actor de dobraxe).
- Na segunda parte da actividade puideron comprobar como editar en Audacity aquelas grabacións que precisan dalgunha modificación para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta. Nesta labor foron axudados por Damián e por Xerardo.
- Para rematar a xornada, todo o alumnado participante elaborou un guión de radio e participou como locutor e técnico de mesa de radio dando lugar á creación dun gran programa no cal se trataron diversas temáticas, incluso rematamos cunha interpretación musical da nosa terra.

O noso alumnado ademais de coller máis experiencia coa radio, puido especializarse para en vindeiras actividades poder exercer como formadores dos futuros técnicos e técnicas de Radio Camballón.

martes, 14 de enero de 2020

Entrevista compañía a Panadaría

O pasado 19 de decembro de 2019, a compañía de teatro A PANADARÍA representou, de xeito aberto para toda a comunidade educativa do centro, a obra Elisa e Marcela.
A función pretendía servir como unha acción de sensibilización en materia de igualdade e recoñecemento de dereitos para o colectivo LGTBI. Como sabedes, a obra conta a historia de amor de dúas mulleres lesbianas galegas, Elisa e Marcela, que, a principios do s. XX, conseguiron contraer matrimonio en contra da moral hipócrita dominante naquela sociedade (e que, lamentabelmente, chega aos nosos días). Polo seu amor foron perseguidas, derivaron a Portugal, onde foron encarceladas, e finalmente tiveron que emigrar a Arxentina, onde se lles perde a pista.
Antes da función puidemos entrevistar ás actrices que a protagonizan, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kéndelman. Velaquí vos deixamos o vídeo con contido completo. Agardamos que vos guste!

Elisa e Marcela entrevista 2