viernes, 28 de abril de 2023

Ruta de Cumeiro co CDR de Medelo


 

Hoxe o noso alumnado de TAPSD tivo a sorte de poder compartir cos usuarios de CDR de Medelo un dos roteiros que podemos marcar grazas ao traballo compartido. Pintaron unhas 100 estacas para marcar  10 rutas entre o curso pasado e este curso.
Foi unha experiencia moi expecial onde compartiron experiencia, emocións e moitas risas. 

Moitas grazas aos usuarios e as súas profes.
.




jueves, 27 de abril de 2023

Roteiro por Piloño

O vindeiro 4 de Maio ás 11.30 imos poder disfrutar dun roteiro literario  da obra La extraña desaparición de Caroliña Santomé, da man da súa autora,  María José Viz Blanco.
 Son dous kilómetros escasos cargados de emocións. 
Ao final do roteiro poderemos ver na Fundación Paco Lareo imaxe inéditas dos lugares por onde pasamos.



 

miércoles, 26 de abril de 2023

Visita á Cooperativa Milhulloa e Castelo de Pambre

 



Visita do alumnado de Proxecto Competencial de horta á cooperativa Milhulloa, de produción de plantas medicinais e aromáticas, sita no lugar do Coto, Melide. O alumnado puido ver as plantacións, o laboratorio e planta de deshidratación de plantas, de xeito especial o deshidratado de Grelos. Desde alí, dada a súa proximidade fomos visitar o Castelo de Pambre no Concello de Palas de Rey e o balneario que se encontra nas ribeiras do río. A visita foi de interese para o alumnado e o profesorado acompañante. 





Amadriñamento de Silleda


 
As alumnas de 1º de TAPSD tiveron a oportunidade de compartir contos cos nenos/as de 2 a 3 anos da Escola Infantil "A galiña azul de Silleda". En esta ocasión compartiron o conto de "O orinal de Lulú" e o "Lobo Feroz". Foi unha xornada lúdica na que unha vez máis palpouse o enriquecemento mutuo en torno o libro e a lectura.

martes, 25 de abril de 2023

Apadriñamento e amadriñamento en Cerdeiriñas

 Hoxe tivemos o pracer de facer o apadriñamento e amadriñamento lector co Ceip Cerdeiriñas de Piloño.

Lemos contos, fixemos debuxos dos contos, rimos e xogamos un montón. 

O alumnado de 1º de ESO de Relixión estivo encantado de participar nesta experiencia.

Grazas Ceip Cedeiriñas!!

 


 



lunes, 24 de abril de 2023

Mediación con 1° ESO


 Hoxe o alumnado de 1° de ESO, tivo unha sesión de mediación. Houbo unha primeira parte teórica e logo representaron varios casos prácticos.

domingo, 23 de abril de 2023

Día do libro


 "A lectura debe ser unha das formas da felicidade e non se pode obrigar a ningunha perso a ser feliz". Jorge Luis Borges.

Feliz día do libro!

jueves, 20 de abril de 2023

Apadriñamento lector no Cole

O alumnado de 1º ESO de Relixión fixeron o apadriñamento e amadriñamento lector do alumnado de infantil do CEIP Nosa Señora da Piedade.Para a actividade empregamos contos da biblioteca do seu colexio. Fixemos unha saída ao parque e alí realizamos a actividade, onde se leron contos, xogaron e os padriños lectores os agasallaronos cun marcapáxinas.

Grazas CEIP Nosa Señora da Piedade por esta experiencia!!






Apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces





O grupo de 1° Tapsd fixo o apadriñamento lector na escola infantil de Vila de Cruces. Contaron o conto de "Corre corre cabaciña" e despois xogaron cos monicreques elaborados na aula.

miércoles, 19 de abril de 2023

Visita de Carmen Lareo




Hoxe visitounos Carmen Lareo, presidenta da Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño dende 2011. O alumnado de 2° de BAC asistiu a unha amena charla con ela, na que falaron da traxectoria do seu irmán, Paco Lareo, creador da solaina e polifacético artista. Duas alumnas realizaron unha entrevista, a través da que descubriron datos curiosos sobre a vida e a obra deste artista de Piloño. Moitas grazas pola túa visita, Carmem, foi un pracer charlar contigo!!

Apadriñamento lector na Escola Infantil de Vila de Cruces



O alumnado de 1º TAPSD foi onte a Escola Infantil de Vila de Cruces facer o Apadriñamento lector para nenos/as de 1 a 2 anos. O libro que lle representaron foi Cocorico. Para iso elaboraron o escenario e os distintos persoaxes que aparecen no conto. 




martes, 18 de abril de 2023

Os fondos saen da biblio



 Os nosos fondos saen da biblio! Dende hoxe podedes atopar libros e revistas nos corredores e na cafetería do centro. Cando vaiades tomar algo á cafetería podedes aproveitar para poñervos ao día sobre a actualidade lendo algún xornal ou revista!


Traballando a interculturalidade

 "Co fin de valorar a riqueza da diversidade e da interculturalidade, gravamos na titoría dous podcast protagonizados polo alumnado de 3ºESO B. Estes programas inclúen dúas entrevistas que lle fixemos aos nosos compañeiros: Felipe Cheffer e Adams Zubiate. Para a súa posta en marcha, adicamos unha sesión de titoría a elaborar o guión e as cuestións. Na seguinte sesión levamos a cabo a gravación. Grazas a esta actividade aprendimos moito acerca da súa orixe, cultura, e diferentes características dos seus países natais. Agardamos que vos gusten!"


lunes, 17 de abril de 2023

Regueifa

 O alumnado de Camballón participou os días 12, 13 e 14 de abril nun encontro con alumnado vasco e catalán, dentro das actividades da Regueifesta.


Ademais, durante estes tres días, o alumnado celebrou unha Galeusca de improvisación oral entre adolescentes de Galicia, Euskadi e Cataluña, con diferentes actividades arredor da música, a sociolingüística e a poesía oral. Coa colaboración do profesorado e das familias, estes tres días continúan, un ano máis, os encontros anuais entre regueifeiras, bertsolaris e glosadores adolescentes. O ano pasado viaxamos ao País Vasco e o ano que vén visitaremos Cataluña. Nestas xornadas, ademais da canción improvisada, poñemos no centro das actividades as nosas tres linguas en proceso de normalización.

O pasado 14 de abril participamos na Gala Regueifesta-Enreguéifate, que reuniu a máis de mil escolares de toda Galicia nun espectáculo de improvisación oral no que o noso alumnado protagonizou diferentes momentos. Regueifamos nas probas de regueifa e formamos a banda do espectáculo. Máis de 30 centros docentes, do Courel a Trives, de Vigo a Vilalba, de Carballo a Burela, encheron un Auditorio que celebrou a gran festa escolar da Regueifa.

O Auditorio de Galicia converteuse nun avión das "Aerolinhas Galegas da Regueifa" e viamos con diferentes improvisadores por Europa, dende a Toscana ou Madeira ata Cuba. Lupe Blanco e Olalla Liñares pilotaron este avión que nos transportou ao mundo da improvisación oral con moita festa e creatividade.

viernes, 14 de abril de 2023

Plantación no Bosque do Camballón

 Hoxe tivo lugar a  segunda plantación de árbores autóctonas, nesta ocasión, de cerdeiras e castiñeiros.  O alumnado de 3° e 4° da ESO colaborou cos integrantes da asociación Peneirando o Monte. Xunto cos exemplares plantados na outra ocasión xa suman 60!!
Moitas grazas á asociación Peneirando o Monte, integrada por exalumnxs do noso centro como Ánxela Louzao, Irene Portas ou Xavier Devesa, por contar con nós para esta fermosa aventura.

Agradecer o traballo fotográfico feito por José Ramón Moire Silva.






jueves, 13 de abril de 2023

Asistencia á II Mostra de Orientación de A Estrada


Os días 28 e 29 de Marzo asistimos como convidados á II Mostra de Orientación de A Estrada para promocionar os ciclos formativos do noso centro (SOLCA e APSD) . Acudiron tamén as alumnas do segundo curso de APSD que puideron facer unha demostración das súas habilidades en primeiros auxilios e apoio á comunicación, así como visitar os diferentes stands da Mostra. Agradecemos enormemente  ao Departamento de Orientación do IES García Barros por ter contado con nós para a presente edición.



miércoles, 12 de abril de 2023

Torneo de Xadrez

 


Recordade que temos xa iniciamos o torneo de xadrez Camballón 2023!!! As partidas realízanse durante todos os recreos na aula que está fronte ao taller de tecnoloxía. Para calquera dúbida podedes dirixirvos ao profe Manuel Lugo. Moita sorte a todxs participantes.

sábado, 1 de abril de 2023

Ruta do Quixote

 O alumnado de Relixión de 3º e 4º de ESO estiveron do 27 ao 31 de marzo a Ruta do Quixote. Fixeron unha primeira parada a Puerto Lápice,  o Toboso, Campo de Criptana e Parque das Tablas de Daimiel. Tamén foron ao Parque Natural de As Lagunas de Ruidera, Almagro, Corral de Comedias. O penúltimo día pasearon pola cidade de Toledo: Catedral, Igrexa de Santo Tomé, Sinagoga de Santa María A Blanca e San Juan de los Reyes. Para rematar a viaxe foron ao Parque Warner. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá e Relixión.