Hoxe o noso alumnado de TAPSD tivo a sorte de poder compartir cos usuarios de CDR de Medelo un dos roteiros que podemos marcar grazas ao traballo compartido. Pintaron unhas 100 estacas para marcar 10 rutas entre o curso pasado e este curso.
Foi unha experiencia moi expecial onde compartiron experiencia, emocións e moitas risas.
Onte tivemos o privilexio de contar coa visita dos usuarios/as do Centro de Recursos para Personas con Diversidade Funcional de Medelo, Silleda. Cos cales as alumnas do Ciclo Medio de Atención ás Persoas en situación de Dependencia traballan de forma coordinada dentro do proxecto de “Eu son das Cruces”, proxecto a través do cal levamos a cabo a sinalización de rutas de sendeirismo da zona. Tivemos tempo para traballar, pero tamén para gozar dun bo tentempé elaborado polas alumnas do centro e un espazo lúdico animado a través do cal un ano máis establecéronse lazos de unión e desfrute mutuo.
Foi unha xornada única onde o alumnado tivo a posibilidade de aprender e medrar tanto persoal como profesionalmente.
Grazas
o CDR de Medelo e moi especialmente os nosos compañeiros/as de proxecto por facelo posible!