sábado, 31 de enero de 2015

Día da Paz

Este ano, o centro celebrou o día da paz, elaborando unha pomba coa axuda de todo o alumnado, profesorado e personal non docente do noso Centro.
Ademáis tamén confeccionamos unhas palomas para poñer na solapa.





Colgamos polos corredores do centro fotos e frases de persoas importantes que contribuír á Paz.







lunes, 26 de enero de 2015

ODISEA 2015




Comeza hoxe luns 26 de xaneiro a X edición do Concurso Odisea no que participan 4 equipos do Camballón:

OLLO DE SAURON
CALIPSO
BASILISCO
ILUSSIA



Moita sorte aos 4!!!


Da Organización do concurso envíannos o seguinte escrito:

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Saúdos.

A organización do concurso.

Aproveitamos esta entrada para comunicarvos que o xoves 29 e coincidindo co Preguntón, celebraremos na Biblioteca de 11:30 a 11:55 unha festa grecolatina á que estades tod@s invitad@s. Haberá música, imaxes de Grecia e Roma, algo de comer e ...sorpresas!!! 
Non faltedes!

CambaNet, 1º Bloque, 5ª Fase

Comeza a 5ª Fase do CambaNet da man do Departamento de Orientación que centrará as súas cuestións na situación da muller, os roles sexuais e as actitudes sexistas. Teremos dous bloques de preguntas, nas semanas do 26 ao 30 de xaneiro e do 2 ao 6 de febreiro. 

Lembrade que para responder as preguntas deste 1º bloque debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades entre o luns 26 e o venres 30 de xaneiro. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:

  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 1º bloque da quinta fase do concurso, faranse públicas o domingo 1 de febreiro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

As preguntas son as seguintes:


1. Que obra da autora Gemma Lienas recoñecida co “ Premio Internacional Unesco 2003 á tolerancia” trata, a efectos de guía subversiva,  sobre a situación da muller no mundo actual e nos axuda a descubrir situacións inxustas cando actuamos segundo modelos impostos.


2. Que película do 2002 da directora Gurinder Chadha con música orixinal de Craig Pruess nos axuda a ter unha actitude crítica ante determinados roles sexuais e comportamentos sexistas que non favorecen unha relación igualitaria entre persoas? Cóntanos nunha palabra o tema.




domingo, 25 de enero de 2015

Clasificación 4ª Fase


As solucións ás preguntas formuladas polo Departamento de Ciencias Sociais son as seguintes:





1. Na nosa biblioteca hai un libro sobre Leonardo da Vinci titulado Leonardo, el vuelo de la mente. Como se titula a obra que aparece na páxina 274? En que data foi realizada?

O Home de Vitruvio.
En 1490


2. No libro Marco Polo, la ruta de las maravillas fálase da ruta da seda. Que especias chegaban a través desa ruta? En que páxina do libro aparecen?

Pementa branca, cardamomo, noz moscada, azafrán, cravo e xenxibre.
Páxina 48.
E a clasificación queda así:

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Os nénos
5/5
10
60
As venusiñas
4/5
               9
56
Nosilo
0/5
5
54
Morriña
5/0
5
53
Chocolota
5/0
5
48
Ilussia
5/0
5
44
Alex Tintor
0/4
4
40
Merengue Merengue!!
0/0
0
29
Los Ma´s
0/0
0
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato de Cristal
0/0
0
10
Galizantes
0/0
0
5
Equipo A
0/0
0
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap
0/0
0
0
Sen Nome
0/0
0
0

sábado, 24 de enero de 2015

Corrección de erros na Clasifiación da 3ª Fase do CambaNet



Cometeuse un erro na puntuación de dous dos equipos concursantes na 3ª fase do concurso CambaNet  ao non admitir as respostas que non incluían o país no que se exhibe a obra de Leonardo da Vinci A última cea, cando no enunciado da cuestión non se pedía este dato. Unha vez revisados todos os comentarios que enviastes, a clasificación corrixida é a seguinte:





EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Os nénos
5/5
10
50
Nosilo
5/5
10
49
Morriña
4/5
9
48
As venusiñas
4/5
9
47
Chocolota
0/5
5
43
Ilussia
0/0
0
39
Alex Tintor
0/5
5
36
Merengue Merengue!!
0/0
0
29
Los Ma´s
0/0
0
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato de Cristal
0/0
0
10
Galizantes
0/0
0
5
Equipo A
0/0
0
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap
0/0
0
0
Sen Nome
0/0
0
0

Lamentamos as molestias causadas. Se alguén ten dúbidas acerca da súa puntuación pode resolvelas na biblioteca de 11:30 a 11:55 de luns a venres.