jueves, 22 de diciembre de 2022

Felices festas



Boas Festas!!


Festival de Nadal

Rematamos o trimestre entregando os premios do Proxecto Universo. Parabéns a 1º e 2º do ciclo de TAPSD e 1º de Soldadura que acadaron o primeiro premio e o segundo premio foi para o alumnado de 1ºA e 1ºB de ESO!! Parabéns.

Tamén estivo con nós Celso Fernández Sanmartín coas súas historias e contos de vida tradicional e visionaron curtametraxes.



miércoles, 21 de diciembre de 2022

Taller de repostería


Hoxe iniciamos os talleres de postres de nadal!! Durante o recreo as alumnas voluntarias, coordinadas pola profe Elena do Ciclio de TAPSD, realizaron dúas receitas. Como vedes os postres teñen moi boa pinta!! Se queredes probalos podedes vir mañá durante o recreo á biblio e, de paso, levar algún libro!


 

Pandeirada

Este vídeo, elaborado no IES Marco do Camballón, dirixido pola exalumna Nerea Fiuza, é o resultado dun proceso de creación co músico Xabier Díaz, autor da música da canción. Mil grazas! 
Alumnas, alumnos, profes e Xabier traballamos co poema Pandeirada de Florencio é o resultado. Estamos cheos de orgullo.
é un proxecto impulsado polo Club da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o EDNL do IES do Milladoiro, coa finalidade de fomentar motivacións favorables cara a nosa lingua, así como un incremento e mellora do seu uso, e, ao mesmo tempo, coñecer a obra e a vida do autor homenaxeado.


Viva o poeta que baila! Viva a música e o baile nos centros de ensino. 

Este proxecto recibíu un premio de Innovación en Normalización Lingüística da Xunta de Galicia no curso 2021-2022.






 

Presentación dos vídeo-clips do proxecto "O poeta que baila"

Presentación dos vídeo-clips do proxecto "O poeta que baila" do IES do Milladoiro e do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

O vindeiro mércores 21 de decembro, ás 11:00h, presentaranse nunha gala no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os dous vídeos musicais que, a partir de dous poemas de Florencio Delgado Gurriarán, musicaron as comunidades educativas dos dous centros de ensino. A maiores teremos unha serie de actuacións do alumnado de ambos centros unindo música, danza e palabra baixo un mesmo propósito solidario:  xuntar produtos de nadal para o banco de alimentos do Concello de Ames.

O proxecto "O poeta que baila" realizouse ao longo do pasado curso e mais no curso actual e ten como obxectivo coñecer e dar a coñecer a vida e obra do poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022, vinculando os seus valores aos valores da xuventude galega do século XXI. 

O proxecto gañou o Premio á Innovación Educativa en Normalización Lingüística no 2022. 

"O poeta que baila" é un proxecto que xira arredor do baile, a música, a literatura e a lingua, coa finalidade de ligar lingua, música e xente nova. 

Neste sentido, como fin do proxecto presentaranse os dous vídeos musicais:

No IES Milladoiro foi musicado o poema “Sede na nova Galiza” nun proceso creativo conxunto co alumnado do “Colectivo Euterpe” e artistas como Xurxo Souto (encargado de enxarmar a melodía), Lola de Ribeira (voz e percusións), Ricardo Gurriarán (emocións e voz) e Richi Casás (saxo). O vídeo-clip foi dirixido pola artista Antía Ameixeiras e coregrafado polo corpo de baile do noso alumnado. Unha rancheira-galega achegada ao paso dobre para danzar coa poesía cautivadora de Florencio Delgado Gurriarán.

No IES Marco do Camballón de Vila de Cruces foi musicado o poema "Pandeirada" nun proceso conxunto entre o músico Xabier Díaz e alumnado e profesorado do instituto. O poema representa unha foliada con adufes e pandeiretas e outros instrumentos e o vídeo, dirixido por Nerea Fiúza, protagonizado un baile tradicional coreografado polo alumnado das Cruces.

Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Valdeorras, 1903-1987) é autor dunha obra literaria que nos axuda e coñecer unha época histórica e a súa poesía ábrenos portas para nos coñecer a nós mesmas. 

A través de diversos materiais e actividades descubrimos a Florencio e a súa obra, aproveitando para coñecer e bailar a música e o baile tradicional e as relacións entre a música latina e a música galega actual. 

Mais alá do coñecemento da súa obra, quixemos activar unha sensibilidade cara ao propio sentido lúdico e festivo da poesía de Florencio, ademais dun sentido crítico sobre a súa vida e produción literaria. Por iso entre as propostas deste proxecto ocupan un lugar fundamental accións e actividades prácticas, sociais, de dinamización do alumnado nos centros de ensino e, de forma colectiva, a través das redes sociais. Mais, sobre todo, actividades vividas cos nosos corpos, en grupo, en comunidade, persoalmente. 

Quixemos unir a poesía e a festa a través do baile, na procura de experiencias reflexivas e emocionais dentro e fóra das aulas.

“O poeta que baila” quere aproveitar a oportunidade de ligar poesía e festa, dous impulsos vitais dun home crítico coa súa realidade social, activista do galeguismo, antifascista, defensor dos dereitos humanos, de vontade vitalista e que cría na capacidade do humor, a retranca, a música, o baile e a festa para mudar o mundo.


martes, 20 de diciembre de 2022

Proxecto Universo

 Hoxe reuníuse co comité de expertos do Camballón para fallar os premios deste trimestre, aquí mostramos algunhas das decoracións e procesos de traballo do alumnado. Os premios serán entregados o xoves 22. 



Coñecendo a aplicación dos SAAC con axuda

O pasado xoves 15 de Decembro as alumnas de segundo do CM de APSD tiveron a oportunidade de interactuar e coñecer mellor a Nico, alumno do centro con necesidades específicas de apoio educativo, sobre todo no ámbito da comunicación. Xunto coa súa PT Paula Laya podemos aprender como utiliza os pictogramas e imaxes na aula e ademais as alumnas podéronlle contar dous contos feitos por elas apoiados en pictogramas e imaxes. Agradecemos de novo a Nico e a Paula por darnos a oportunidade de vivir esta experiencia e parabéns ás alumnas polo seu traballo.


lunes, 19 de diciembre de 2022

Concerto didáctio

 A escola de música de Vila de Cruces, organizou un concerto didáctico, unha actividade impresionante para o  noso alumnado, algún deles participaban no espectáculo.

No so houbo música, senón que cantamos, bailamos, rimos... pasámolo xenial. Moitas grazas a Pablo e a todos os seus alumnos por un gran traballo e mellor posta en escena. 



Obradoiro Encantado de coñecerme

 

Damos por rematado o obradoiro Encantado de coñecerme!, impartido por Acode Educa durante os meses de novembro e decembro. 

Un ano máis, descubrimos as nosas fortalezas e potencialidades, aprendendo de forma dinámica e divertida. 


 De seguro repetiremos o próximo curso!

Universo inclusivo

Este video que se gravou o día da actividade de Universo Inclusivo.


Recomendacións de Nadal

 


Dende a biblioteca, queremos compartir algunha recomendación coa que poidades abrir unha xanela ao mundo, coa que poidades voar lonxe, coa que poidades soñar e sobre todo que vos permita ser un pouco máis felices.
Felices lecturas a todas e a todos!!

Quérote máis


 Como cada curso visitáronnos do centro Quérote Máis para impartir uns obradoiros de educación afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica. 


Sen dúbida, unha actividade moi necesaria en plena etapa de cambios e descubrimentos, onde se aborda non só a prevención, senón tamén a diversidade e o respecto á mesma. 

viernes, 16 de diciembre de 2022

Visita ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa e a Cidade de Santiago de Compostela





O alumnado de 4º de ESO e 2º Bacharelato foron a Santiago de Compostela. 

O alumnado de 4º de ESO, visitaron o Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa, alí o profesor Docobo e Pedro explicáronlle que foi fundado 1943 para continuar o traballo que Dr. D. Ramón Mª Aller realizaba na súa casa en Lalín.

 A saída foron ata a Praza do Obradoiro para facer unha visita guiada ao Pazo Arcebispal de Xelmírez e o ascenso aos tellados do templo.



O alumnado de 2º de Bacharelato estivo percorrendo a cidade de Santiago de Compostela, explicaron as características do románico fixándose na fachada de Platerías. Estiveron nas fachadas barrocas do Obradoiro, na Porta Santa (Quintana) e na neoclásica da Inmaculada ou Azabachería.
Estiveron no Pórtico da Gloria, o sepulcro do Apóstoloe e a Capela da Corticela. 
Remataron a visita coas subida as cubertas coincidindo cos seus compañeiros de 4º de ESO.








jueves, 15 de diciembre de 2022

Visita do CDR de Medelo

 Onte tivemos o privilexio de contar coa visita dos usuarios/as do Centro de Recursos para Personas con Diversidade Funcional de Medelo, Silleda. Cos cales as alumnas do Ciclo Medio de Atención ás Persoas en situación de Dependencia traballan de forma coordinada dentro do proxecto de “Eu son das Cruces”, proxecto a través do cal levamos a cabo a sinalización de rutas de sendeirismo da zona. Tivemos tempo para traballar, pero tamén para gozar dun bo tentempé elaborado polas alumnas do centro e un espazo lúdico animado a través do cal un ano máis establecéronse lazos de unión e desfrute mutuo.

Foi unha xornada única onde o alumnado tivo a posibilidade de aprender e medrar tanto persoal como profesionalmente.

Grazas


o CDR de Medelo e moi especialmente os nosos compañeiros/as de proxecto por facelo posible!

Unha de estrelas: Altair e Spica



O alumnado de 1º de ESO estiveron traballando durante este trimestre unha estrela, traballo incluído no Proxecto Universo que se está traballando dende a Biblioteca. Cada curso debía escoller unha estrela e decorar a aula.

En primeiro A traballaron Altair e en primeiro B elexiron a Spica.

Aquí podedes ver algún dos traballos que fixeron.


miércoles, 14 de diciembre de 2022

España aprende a coidarse dende Vila de Cruces


 Hoxe volvemos a ser noticia, o Faro de Vigo faise eco do premio otorgado o pasado 15 de novembro polas alumnas de primeiro curso do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia coa elaboración do vídeo titulado "a maxia da prevención".  

Así o recolle o Faro de Vigo, aquí podedes ver a noticia

Novas masculinidades

 O alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Calderería do IES Marco do Camballón participou nun obradoiro de “


Novas masculinidades” impartido por Pepe Cabido, persoa de referencia neste eido a nivel Galicia.

Tivemos o privilexio de reflexionar sobre os novos referentes masculinos: heroes que coidan, que dan vida, que amosan os seus sentimentos.

Abordáronse as relacións afectivo-sexuais, que significado e en que sentido ser home está marcado por unha ideoloxía patriarcal, por un modelo unidimensional de masculinidade, o heteropatriarcal, que fai que os homes teñan que cargar cunha mochila que lles fai a vida dura, fráxil e mesmo perigosa.

martes, 13 de diciembre de 2022

As árbores do Camballón



As árbores do Camballón é un proxecto do alumnado de 2º de Bacharelato no que podedes colaborar. Trae unha folla dunha árbore próxima ao noso centro e colocaa no panel que temos no corredor da e trada do centro.

Chega o nadal e no Camballón traballamos con espíritu navideño!!








lunes, 12 de diciembre de 2022

Presentación de Las jarras del trotamundos


 


O alumnado de Bacharelato, FPBásica  e gran parte do Club de Lectura de Adultos asistiu onte á presentación do libro de Javier Mariño Las jarras del trotamundos. Javier foi profesor no noso centro e escribiu esta novela inspirándose nas viaxes que realizou por todo o mundo percorrendo ata o día de hoxe,176 países. En palabras do autor: se algunha vez soñaches co imposible, este libro é para ti!!! É unha historia de amor polas viaxes,  de loitar polos teus soños, de vivir dun xeito diferente, de descubrir e convivir en culturas distintas .... pero tamén unha gran historia de intriga que non poderás deixar ata a última páxina! 

Moitas grazas pola túa visita Javier, foi un pracer volver a verte!




miércoles, 7 de diciembre de 2022

Sensibilidade coas enfermidades mentais

No IES Marco do Camballón tamén traballamos no eido da sensibilización do alumnado con respecto as enfermidades mentais. Contamos coa testemuña en primeira persoa da alumna de 2º do ciclo medio de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Andrea Cela, a cal compartiu con nós a

súa propia experiencia e vivencia tanto do proceso de diagnóstico como a aceptación da enfermidade e a superación no día a día. Un exemplo de superación, forza e motivación. Un enorme grazas de parte de todo o centro e moi especialmente dos compañeiros/as do ciclo que teñen a gran fortuna de compartir non só aula, senón vida, aprendemos día a día contigo, grazas Andrea!





lunes, 5 de diciembre de 2022

Nacementos

Xa estamos no mes de Nadal, mes da Natividade de Jesús. 
O alumnado de 3º de ESO,  de Relixón,para recrear a  historia do Nacemento de Jesús en Belén empregaron material de todo tipo de refugallo.

Estas son algunhas das creacións que foron presentando.





sábado, 3 de diciembre de 2022

Día reivindicativo dos dereitos das persoas con Diversidade Funcional



Con motivo do Día 3 de Decembro, Día reivindicativo dos dereitos das persoas con Diversidade Funcional, o ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Marco do Camballón organizou o venres 2 unha actividade de sensibilización para todos/as os rapaces do centro. Traballamos os prexuízos e as barreiras sociais que debemos romper para poder facilitar unha verdadeira inclusión e igualdade de oportunidades para as persoas en situación de dependencia, moi especialmente para as persoas con diversidade funcional.

viernes, 2 de diciembre de 2022

Viaxe a Santiago


O alumnado de 1º e 2º de ESO de Relixión fixeron unha saída a Santiago de Compostela para coñecer a historia do Petróglifo do Castriño de Conxo, na Volta do Castro. Luis, membro da Asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre A Rula, foi o encargado de guiarnos.
Tamén demos unha volta pola zona vella para rematar no Obradoiro e subir as cubertas da Catedral, inclúe dúas visitas guiadas: o Pazo Arcebispal de Xelmírez e a subida aos tellados do templo.










jueves, 1 de diciembre de 2022

25N



Hoxe celebramos o día para a eliminación da violencia contra a muller. Puxemos as camisetas que pintamos con lemas e debuxos e ás 10:40 baixamos ao patio.
Tres alumnas da materia de Igualdade de Xénero leron un manifesto e o alumnado do ciclo de TAPSD realizou unha performance coas persianas da aula do alumnado.
Como chovía moito baixamos ao ximnasio. Alí bailamos a coreografía elaborada polas alumnas de 4 de ESO sobre a canción Hay algo en mi de Miriam Rodríguez.