jueves, 14 de mayo de 2026
Saúde mental
Rematamos os obradoiros de saúde mental da man da Asociación Fonte da Virxe. Desta volta abordamos o autocoñecemento, autoestima e dereitos asertivos en 4º da ESO e 1º de CM Soldadura, onde tamén se abordou a saúde mental no traballo e habilidades sociais. Velaquí algunhas fotos das sesións.
viernes, 30 de enero de 2026
Visita guiada cos alumnos de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería á empresa CITIC CENSA en O Porriño
O pasado 28 de xaneiro, os alumnos do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa CITIC CENSA, situada en O Porriño. Esta empresa está especializada na fabricación de maquinaria pesada, destacando en sectores clave da industria como a minería, a enerxía e a construción.
Durante a visita, o alumnado puido coñecer de primeira man a fabricación de equipos de gran envergadura, entre os que destacan:
Tuneladoras, utilizadas na construción de grandes proxectos subterráneos.
Muíños para cementeiras e extracción de minerais, fundamentais para a industria da construción e a minería.
Turbinas para centrais hidráulicas, que contribúen á produción de enerxía renovable.
A xornada permitiu aos estudantes observar de cerca os procesos de soldadura e caldeirería aplicados á maquinaria pesada, así como comprender a importancia da precisión e da tecnoloxía no deseño e fabricación destes equipos. Ademais, serviu para motivar ao alumnado e mostrarlles posibles vías de desenvolvemento profesional dentro do sector industrial.
Agradecemos á empresa CITIC CENSA a súa disposición e dedicación para amosar o seu traballo e formar aos futuros profesionais da soldadura e a caldeirería.
martes, 20 de enero de 2026
Apoio emocional e habilidades sociais
Da man da psicóloga Adriana Rodríguez traballamos a educación emocional e habilidades sociais co alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º CM Soldadura e FP Básica, ao longo de varias sesións. Aquí podedes ver fotos dos obradoiros.
lunes, 1 de diciembre de 2025
Visita a industrias Guerra de Vila de Cruces
A visita foi guiada e consistiu na explicación do proceso de fabricación dunha grúa dende o comezo coa proceso de corte e conformado, para despois visitar o taller de soldadura e caldeiraría , profundizando no proceso de soldeo con ROBOT.
O segunte paso foi a visita ao taller de montaxe, primeiro co proceso de grúas marítimas e deseguido das grúas forestais.
Por último acudimos a ollar o proceso de soldadura orbital dos cilindros hidráulicos e o curvado de tubos con ROBOT CNC, onde nos fixeron unha demostración.
miércoles, 1 de octubre de 2025
Formación de usuarios
Agradamos velos moito pola biblio durante este curso!
miércoles, 5 de febrero de 2025
Seguridade vial. Pode pasarlle a calquera
En dúas sesións, unha con alumnado de ciclos medios e outra con alumnado de Bacharelato, o ponente concienciou sobre a importancia da precaución en materia de seguridade vial e empregar os mecanismos ao noso alcance para evitar accidentes ou minimizar as súas consecuencias. Así mesmo, incidiuse especialmente nas consecuencias do alcohol e outras drogas ao volante, previndo sobre o seu consumo e alentando á responsabilidade.
En materia de seguridade vial toda precaución é pouca, pois un accidente pódenos pasar a calquera e cambiar a nosa vida nun instante.
miércoles, 14 de diciembre de 2022
Novas masculinidades
O alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Calderería do IES Marco do Camballón participou nun obradoiro de “
Novas masculinidades” impartido por Pepe Cabido, persoa de referencia neste eido a nivel Galicia.
Tivemos o privilexio de reflexionar sobre os novos referentes masculinos: heroes que coidan, que dan vida, que amosan os seus sentimentos.
Abordáronse as relacións afectivo-sexuais, que significado e en que sentido ser home está marcado por unha ideoloxía patriarcal, por un modelo unidimensional de masculinidade, o heteropatriarcal, que fai que os homes teñan que cargar cunha mochila que lles fai a vida dura, fráxil e mesmo perigosa.
jueves, 22 de septiembre de 2022
Formación Ciclo de Solca
Hoxe tivo lugar a formación de alumnado de 1º do ciclo de Solca. Estiveron con Susana, a coordinadora da Biblioteca, que lle explicou o funcionamento, distribución e actividades que se organizan dende a biblioteca.viernes, 22 de octubre de 2021
A buxaina. Recreos culturais.
Hoxe tivo lugar un taller de buxaina, un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular.
Os encargados de realizar este taller foron dous alumnos do ciclo de Soldadura: Alejandro Dasilva e Héctor Pumar que nos ensinaron moitas cousas.... agora toca prácticar na casa!!
Moitas grazas!!
20211022buxaina - Kizoa Movie Maker
martes, 19 de octubre de 2021
Obradoiro de baile da Buxaina
O vindeiro venres 22 de outubro terá lugar no exterior do IES un obradoiro para mañexar a buxaina que correrá a cargo do alumnado do Ciclo de Solda.
E que baile a buxaina!!
jueves, 7 de octubre de 2021
Formación para os ciclos
Xa
temos listos os carnés de usuarios para entregar ao alumnado de TAPSD e
SOLCA. Mañá, a terceira hora, contaremos coa visita das alumnas de 1 do
ciclo de TAPSD que recibirán información sobre o sistema de préstamo e
as normas de acceso e uso da biblio!!




.jpg)





