martes, 31 de mayo de 2011

TENGO GANAS DE TI

Tras pasar dous anos en Nova York, Step volve a Roma. O recordo de Babi acompañoulle todo este tempo e teme o momento de reencontrarse con ela. Pronto se dá conta de que as cousas cambiaron e de que aos poucos terá que reconstruír a súa vida de novo en Italia: facer novos amigos, conseguir un emprego, empezar unha nova vida?Cando coñece a Gin, unha moza alegre e preciosa, parece que poderá namorarse de novo. Pero non é fácil esquecer a Babi e cando a ve por primeira vez sente como todo o seu mundo cambaléase?É posible revivir a maxia do primeiro amor? En Teño ganas de ti, a esperada segunda parte da tres metros sobre o ceo, Moccia deléitanos cunha deliciosa novela que nos fala dos desexos, de amor e de soños.

lunes, 30 de mayo de 2011

PRIMAVERA CON UNA ESQUINA ROTA


Primavera cunha esquina rota é un testemuño directo e dolorido, un libro emotivo e exaltante que trata dunha sociedade escindida, fracturada pola represión e o autoritarismo, e tenta ser unha ponte entre dúas rexións -o Uruguai baixo a ditadura e o Uruguai do exilio- que constitúen un só e lacerado país.

viernes, 27 de mayo de 2011

CAPITANES EN LA ARENA

Novela situada en Salvador de Bahía, onde unha banda de delincuentes de pouca idade que, refuxiados nunha zona esquecida do porto, arrasan a cidade. A caracterización que fai Jorge Amado destes nenos arroxados á delincuencia, coñecedores dos máis sórdidos aspectos da loita pola existencia, é un dos maiores logros do popular escritor brasileiro. A picaresca e a tenrura, a procura da supervivencia e o sentido da solidariedade son trazos sobresalientes desta novela na que se entreveran lirismo e crueza.

miércoles, 25 de mayo de 2011

APAGA LA LUZ

Este libro pretende reunir a visión da ciencia, os seus coñecementos, as súas certezas contrastadas e as incertezas que estimulan o seu desenvolvemento, cos recursos do xornalismo ambiental rigoroso e comprometido ante a nova realidade do cambio climático antrópico.
O quecemento global, a máxima expresión do cambio climático, é, o problema ambiental máis grave ao que se enfronta a humanidade no século XXI. Non é só unha cuestión ambiental, senón que é tamén un importante reto económico, social, ético, de modelo enerxético e de desenvolvemento, de xustiza e de igualdade
O libro trata de presentar que sabemos sobre o cambio climático actual e, en función diso, que debemos facer como individuos para mitigalo.
.

lunes, 23 de mayo de 2011

MANZANEDA VERDE

O alumnado de 2º ESO visitaron durante tres días Manzaneda.
É unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva, con diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Ademais do esquí dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de karts, hípica, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto multiusos con ximnasio. Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada (rocódromo), tiro con arco, golf en campo rústico, etc. A contorna e o bosque de 2.000 hectáreas de extensión que rodean a estación, a partir de 1.500 e até os 1.800 metros completan un marco incomparable, con instalacións turísticas e de hostalaría. No inverno e no verán, poderás realizar os teus deportes favoritos, con todas as comodidades dun completo "Resort". Principais Actividades: aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, karts, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), tiro con arco...

AS CRIADAS. O BALCÓN


Estas dúas pezas dan conta dun dos motivos recorrentes na obra dramática de Genet, o da vida como un xogo de máscaras.

viernes, 13 de mayo de 2011

jueves, 12 de mayo de 2011

miércoles, 11 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

Lois Pereiro III: Videopoemas

Unha maneira diferente de aproximarse á poesía de Lois Pereiro son estes videopoemas realizados por Gerardo Rodríguez e Jorge García do IES Campo de San Alberto.
Poema:"Curiosidade", pertencente ao libro Poesía última de amor e enfermidade.

"Curiosidade", Lois Pereiro from Jorge García-Valenciano on Vimeo.



Poema: "Soir", do mesmo libro.

"Soir", Lois Pereiro from Jorge García-Valenciano on Vimeo.

HIP HOP NO CENTRO

Aqui tedes algúns dos participantes no obradoiro de Hip Hop organizado polo ENLD e, para que vexades o ben que o pasamos, podedes ver dous dos videos que gravamos como mostra:



lunes, 9 de mayo de 2011

Lois Pereiro II: audiobiografía

Por se aínda non coñecedes os datos básicos da vida de Lois Pereiro, aquí poderedes escoitalos. É un traballo da biblioteca do CPI San Vicente da Baña en colaboración co alumnado de Música de 4º de ESO.

Lois Pereiro na nosa biblioteca

domingo, 8 de mayo de 2011

Lois Pereiro I

Como xa sabedes, este ano dedícanselle as Letras Galegas a Lois Pereiro. Para que vos poidades facer unha idea xeral sobre el, déixovos este estupendo vídeo documental que elaboraron no CPI dos Dices.

viernes, 6 de mayo de 2011

UNA DE ROMANOS





Un delicioso paseo pola historia de Roma. Un libro repleto de información, divertido e suxerente...

miércoles, 4 de mayo de 2011

GLADIADORES: EL ESPECTÁCULO

Os sanguentos xogos de gladiadores no circo romano e o mesmo personaxe do gladiador resultan algo atractivo e fascinador, pero pouca xente coñece como eran e como vivían realmente estes singulares loitadores. Este libro recolle toda a información histórica sobre eles e sobre os acontecementos nos que se viron inmersos, sorprendendo aos lectores cunha imaxe moi diferente do que até agora se cría que era ser gladiador na antiga Roma.

martes, 3 de mayo de 2011

LA GRAN AVENTURA DE LOS GRIEGOS

Leónidas, rei de Esparta e comandante dos 300 espartanos que morreron nas Termópilas. Pericles, primeiro home de Atenas e campión da democracia. Alejandro Magno, o xeneral máis famoso de todos os tempos que aos 33 anos conquistara o maior imperio. Estes e moitos máis, como Minos, Dracón, Temístocles, Pitágoras, Sócrates ou Epaminondas, son algúns dos personaxes máis famosos da historia universal, e son gregos.

lunes, 2 de mayo de 2011

LA CANCIÓN DE TROYA


Relata a tráxica e terrible epopea da guerra de Troia, de tres mil anos de antigüidade, unha lenda de amor perdurable, odio inestinguible, vinganza, traizón, honra e sacrifico. Na historia, tan apremiante e apaixonada coma se narrase por vez primeira, os seus protagonistas, Príamo, Helena, o príncipe Paris, Aquiles, Héctor, Ulises e Agamenón, avanzan cara a un destino que nin sequera os deuses poden evitar.