lunes, 23 de mayo de 2011

MANZANEDA VERDE

O alumnado de 2º ESO visitaron durante tres días Manzaneda.
É unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva, con diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Ademais do esquí dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de karts, hípica, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto multiusos con ximnasio. Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada (rocódromo), tiro con arco, golf en campo rústico, etc. A contorna e o bosque de 2.000 hectáreas de extensión que rodean a estación, a partir de 1.500 e até os 1.800 metros completan un marco incomparable, con instalacións turísticas e de hostalaría. No inverno e no verán, poderás realizar os teus deportes favoritos, con todas as comodidades dun completo "Resort". Principais Actividades: aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, karts, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), tiro con arco...

No hay comentarios:

Publicar un comentario