miércoles, 26 de octubre de 2016

Obradoiro de consumo

O alumnado de 1º de ESO estivo onte en Santiago de visita na Escola Galega de Consumo. Cada 4 alumnos e alumnas crearon un videoxogo nun obradoiro. Tamén puideron asistir a un simulacro de etiquetado de produtos nun supermercado.
Posteriormentes explicáronlle que é e cal foi a orixe do comercio xusto.
Antes de voltar foron visitar as hortas urbanas de Compostela e a zona vella da cidade (Obradoiro, Plaza da Quintana, Platerias, Belvís ....)


lunes, 24 de octubre de 2016

Día das Bibliotecas

Este ano celebramos o día das Bibliotecas presentando aos colaboradores deste curso e poñendo en marcha as carpetas viaxeiras para o alumnado de 1º ESO.
Queremos agradecerlles a Nerea, Nicolás, Breogán, Jesús, Noa, Nuria, Uxía, Roi, Nuria T, Diego e Xiana que cedan o seu tempo libre para axudarnos nas tarefas da Biblioteca. Moitas grazas!!



jueves, 20 de octubre de 2016

Prácticas de posición de seguridade

O alumnado de 1º de TAPSD estiveron traballando durante este semana a posición de seguridade e a movilización de pacientes.


martes, 18 de octubre de 2016

Taller de Xadrez

O alumnado de 1º ESO participou na primeira sesión de formación de Xadrez a cargo do profesor de Matemáticas Manuel Lugo. Esta actividade tivo lugar na aula de xogos e alí mostrounos dende como colocar as pezas no taboleiro, pasando polos distintos movementos... ata o Xaque mate!!
Nesta xornada reparteuse entre o alumnado un pequeno manual e un marcapáxinas.

viernes, 14 de octubre de 2016

Técnicas de estudo

Hoxe tivemos a primeira das tres sesión do Obradoiro de técnicas de estudo para o alumnado de 1º ESO.  Agradecer a Salomé a súa colaboración nestas xornadas. Grazas!!


miércoles, 12 de octubre de 2016

Audiovisual

Onte estivo con nós Tereixa, de Telearqueoloxía, dando un Obradoiro de Audiovisual. Participaron o alumnado de 3º PMAR e 4º ESO.



jueves, 6 de octubre de 2016

A Espada de Brandomés

 Hoxe viñeron ao centro David Abella e Saleta González para falarnos de arqueoloxía e "Telearqueoloxía" e da Espada de Brandomés e das espadas da idade de bronce no río Ulla.
Nesta charla estie

martes, 4 de octubre de 2016

Día do Maior

 Con motivo da celebración do Día das persoas maiores, que este ano tivo como lema "Visibilizar os nosos maiores", o grupo de primeiro do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependecia quixo aportar o seu gran de área.
Realizouse unha búsqueda de obxectos relacionados co maior, unha chambra conmemorativa, unhas crachas coas figuras dos maiores e uns marcapáxinas coas facianas dos maiores. Estes elementos foron agochados en diferentes lugares do centro, e foi o alumnado de 1º e 2º ESO os encargados  de atopalos.
 Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.

lunes, 3 de octubre de 2016

Outono no Camballón

Chegou o mes de Outubro e con el os preparativos para o samaín e o magosto. E que mellor modo que empezar por ambientar o noso centro creando ambiente?




Esperamos que moitos poidamos sentarnos aqui e de paso... ollar algún exemplar dos que están na mesa....
A comunidade educativa, fíxonos estas recomendación para este tempo de frío e auga. Esperamos que sexan  do voso agrado.




O alumnado de 1º ESO de Iniciación e tratamento da información recopilaron unha serie de receitas con algúns elementos típicos desta época: