martes, 22 de diciembre de 2015

Festa de Nadal no Camballón

No Auditorio Xosé Casal, tivo lugar unha boa festa, o I Certame de Regueifas de Vila de Cruzes foi espectacular! 16 participantes, un público que participou de forma exemplar, animando e acompañando os nervos d@s valentes regueifeiras, e un xurado ao que agradecemos o seu labor.

Dentro do Festival de Nadal do IES Marco do Camballón, deu unha conferencia o arqueólogo submarino David Abella, da empresa de arqueloxía Argos, especializada en xestión do patrimonio e mergullo arqueolóxico.Presentou o proxecto de arqueoloxía submarina que ARGOS-Servizo de Actividades Subacuáticas vai desenvolver no rio Ulla, no lugar de Brandomés, en colaboración co Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
Este proxecto parte da lenda da espada de Brandomés, unha lenda recollida durante a elaboración do "Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces" que alumnado, profesorado e familias do IES Marco do Camballón desenvolveron hai dous cursos e no que participaron mais de cen persoas.
Ao ser o rio Ulla un lugar de interese arqueolóxico especial, pois nel apareceron no século XX numerosas espadas da Idade de Bronce, este proxeto relaciona a nosa lingua e a tradición oral coa arqueloxía submarina. Relacionado con este traballo de divulgación,, alumnos do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón fixeron o curso pasado dúas replicas de espadas da prehistória, asesorados pola arqueóloga Beatriz Comendador.
David Abella e ARGOS teñen interese na divulgación da arqueoloxía como forma de posta en valor do patrimonio e, neste proceso científico e educativo, participará o alumnado do Marco do Camballón coñecendo de primeira man a metodoloxía científica e comunicativa dunha intervención arqueolóxica deste tipo.
Desde o Clube da Lingua explican que é importante relacionar os nosos valores culturais, o noso patrimonio, coa última tecnoloxia científicia, e que o motor deste proxecto é a lingua galega, ao converterse no estímulo fundamental deste e outros procesos de participación social e educativa.

  Que viva a festa!

viernes, 18 de diciembre de 2015

Mulleres de mate

http://www.edu.xunta.es/eduga/985/boas-practicas/mulleres-mate



A revista Eduga publica a experiencia que levamos a cabo o curso pasado co alumnado de 1º de ESO na materia de Proxecto Interdisciplinar. Para ver o documento premer na imaxe.

Felices festas

Montaje creado Bloggif
O equipo de Biblioteca deséxavos un
Bo Nadal
e un 
Próspero Aninovo 
cheo de lecturas.

A boina galega

Hoxe foi a presentación mundial da primeira boina galega do século XXI, no noso instituto!
A artesá Sandra Vilas trouxo as primeiras boinas que elaborou a man, tres modelos diferentes. Iso si, acabamos de descubrir que a boina galega ten moitas posibilidades de variación e que se poden crear moitísimos deseños diferentes, mesmo personalizados. A boina con espiral azul é un exemplo dos múltiples deseños que se poden chegar a elaborar, grazas á creatividade da artesá, unha artista de vangarda.
Parabéns Sandra Vilas e moitas grazas por firmar no noso libro de visitas!

jueves, 17 de diciembre de 2015

Formación Xadrez

As/os alumnas/os de 1º ESO participou nun taller de Xadrez coordinado polo profesor de Matemáticas, Manuel Lugo, que elaborou un pequeno manual para o alumnado de 1º ESO. As primeiras sesións realizáronse con cada titoría e rematouse o taller cunha sesión conxunta de ámbalas titorías.


Leer más publicaciones en Calaméo
Durante varias sesión de titoría aprenderon nocións elementais e movementos básicos e comezaron a xogar partidas entre compañeiros de clase.

martes, 15 de diciembre de 2015

A curiosidade lectora

Para espertar a curiosidade lectora, o alumnado de TAPSD escolleron anacos de textos dos libros que están non distintos carros de lecturas e colgaron carteis por todo o centro.


Recomendacións de Nadal

Baixo o lema LER EN NADAL É IDEAL, alumnas de 2º de Bacharelato tiveron a iniciativa de crear un grupo de WhatsApp para recomendar libros e películas para estas vacacións.
Moitas grazas e felices lecturas!!.

viernes, 11 de diciembre de 2015

O Camballón celebra os Dereitos Humanos

10 de decembro é un dos días máis significativos en termos educativos e así o entendemos no Camballón. Este curso o alumnado fixo unha lectura dos 30 artigos da Declaracións dos Dereitos humanos en distintos idiomas.



Nadal verde

O Nadal tamén se pode ver e sentir doutro xeito. Unha mostra é este traballo feito por alumnas e alunmos de TAPSD. Esta é outra mostra do seu traballo.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Música e fotografía

O alumnado de 3º e 4º ESO escoitou a Real Filharmonía de Galicia nun concerto didáctico dirixido polo mestre Maximino Zumalave.

Este concerto comezou cunha obra Minueto do compositor italiano Luigi Boccherini (1743-1805), afincado en España desde os 25 años, onde desenvolveu a maior parte da súa carrera como compositor.

Os músicos interpretaron  unha selección da Serenata nº 9 “Posthorn” de Mozart (1756-1791). O manuscrito data de 1779 e parece que foi creada para as cerimonias anuais de graduación da Universidade de Salzburgo.

Tamén foron ver a exposión do fotógrafo galego José Suárez, unhas das figura máis interesantes e destacadas no século XX, baixo o título "Uns ollos vivos que pensan". 
Remataron a xornada en Santiago realizando cun taller de revelado.



 

Video dereitos humanos

Conmemorando o día dos dereitos humanos a alumnado de 1º Bacharelato fixeron este traballo.



Parabéns!!

Música e fotografía

O alumnado de 3º e 4º ESO escoitou a Real Filharmonía de Galicia nun concerto didáctico dirixido polo mestre Maximino Zumalave.

Este concerto comezou cunha obra Minueto do compositor italiano Luigi Boccherini (1743-1805), afincado en España desde os 25 años, onde desenvolveu a maior parte da súa carrera como compositor.

Os músicos interpretaron  unha selección da Serenata nº 9 “Posthorn” de Mozart (1756-1791). O manuscrito data de 1779 e parece que foi creada para as cerimonias anuais de graduación da Universidade de Salzburgo.

Tamén foron ver a exposión do fotógrafo galego José Suárez, unhas das figura máis interesantes e destacadas no século XX, baixo o título "Uns ollos vivos que pensan". 
Remataron a xornada en Santiago realizando cun taller de revelado.