martes, 22 de diciembre de 2015

Festa de Nadal no Camballón

No Auditorio Xosé Casal, tivo lugar unha boa festa, o I Certame de Regueifas de Vila de Cruzes foi espectacular! 16 participantes, un público que participou de forma exemplar, animando e acompañando os nervos d@s valentes regueifeiras, e un xurado ao que agradecemos o seu labor.

Dentro do Festival de Nadal do IES Marco do Camballón, deu unha conferencia o arqueólogo submarino David Abella, da empresa de arqueloxía Argos, especializada en xestión do patrimonio e mergullo arqueolóxico.Presentou o proxecto de arqueoloxía submarina que ARGOS-Servizo de Actividades Subacuáticas vai desenvolver no rio Ulla, no lugar de Brandomés, en colaboración co Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
Este proxecto parte da lenda da espada de Brandomés, unha lenda recollida durante a elaboración do "Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces" que alumnado, profesorado e familias do IES Marco do Camballón desenvolveron hai dous cursos e no que participaron mais de cen persoas.
Ao ser o rio Ulla un lugar de interese arqueolóxico especial, pois nel apareceron no século XX numerosas espadas da Idade de Bronce, este proxeto relaciona a nosa lingua e a tradición oral coa arqueloxía submarina. Relacionado con este traballo de divulgación,, alumnos do Ciclo de Soldadura do IES Marco do Camballón fixeron o curso pasado dúas replicas de espadas da prehistória, asesorados pola arqueóloga Beatriz Comendador.
David Abella e ARGOS teñen interese na divulgación da arqueoloxía como forma de posta en valor do patrimonio e, neste proceso científico e educativo, participará o alumnado do Marco do Camballón coñecendo de primeira man a metodoloxía científica e comunicativa dunha intervención arqueolóxica deste tipo.
Desde o Clube da Lingua explican que é importante relacionar os nosos valores culturais, o noso patrimonio, coa última tecnoloxia científicia, e que o motor deste proxecto é a lingua galega, ao converterse no estímulo fundamental deste e outros procesos de participación social e educativa.

  Que viva a festa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario