viernes, 31 de marzo de 2023

Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

 

Hoxe estivemos nas Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE! Compartimos experiencias, lecturas e boas prácticas. Levamos moitas ideas innovadoras para seguir dinamizando a nosa
biblio!! Disfrutade do tempo de lecer! Vémonos á volta!

viernes, 24 de marzo de 2023

IV Encontro feminista




Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller no mes de marzo, no IES Marco do Camballón celebramos o IV Encontro Feminista no auditorio Xosé Casal.

O acto, presentado por alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, estivo centrado na cuestión de xénero na elección de estudos e profesións, tema analizado no coloquio inicial, no que participou antigo alumnado como Carolina Cabaleiro (técnica en soldadura e construcións metálicas), Adrián Villar (técnico en atención a persoas en situación de dependencia) e Nerea Fiúza (creadora audiovisual e unha das fundadoras de

Levedar Colectivo Feminista). Os

anteriores, estiveron acompañados por Silvia Penide, recoñecida cantante e intérprete vencellada ao desenvolvemento de proxectos relacionados coa música e a igualdade de xénero en centros educativos. Os poñentes explicaron as súas motivacións para elixir estudos e traballos normalmente asociados ao xénero contrario nuns casos, e entre todos, analizaron a influencia do xénero á hora da elección vocacional, cuestión aínda moi influenciada polo proceso de socialización e educación diferenciada. Os poñentes coincidiron na importancia de visibilizar e proporcionar referentes nos distintos campos, sendo o feminismo un movemento de consenso que implica a homes e mulleres procurando a igualdade entre ambos.

Durante a xornada, Natalia Guzmán, que actualmente rexenta O Refuxio e A casa con encanto, en Merza, recibiu o III Premio Juana López Elizagaray e ofreceu unha charla sobre emprendemento no ámbito da hostalería, contando a súa experiencia e traxectoria profesional e persoal.

No acto entregaronse tamén os premios ao alumnado que acadou os tres primeiros postos no concurso convocado polo centro para o deseño do cartaz, actividade enmarcada na materia de plástica. Uxía Balo e Alejandro Oro levaron o terceiro e segundo previo respectivamente. O deseño gañador, elaborado por Ricardo Santiso, empregouse como imaxe para o encontro.

A xornada rematou amenizada coa música de Silvia Penide.

martes, 21 de marzo de 2023

Número PI

Hoxe entregamos os diplomas aos alumnos do noso centro que conseguiron dúas novas marcas de memorización de cifras decimais do número Pi, como parte do concurso que organiza o Depertamento de Matemáticas do centro para celebrar o 14 de marzo, Día internacional do número Pi.
Moitos parabéns para Candela e David Troncoso Borrego pola súa memoria prodixiosa!! 



 

Día mundial da poesía

O alumnado de 1º de ESO de Lingua e literatura Castelá participaron nun concurso de recitado dun
poema de Lope de Vega, Pobre barquilla mía,  que tiñan que memorizar.
 Os que mellor o fixeron foron Martiño, Hugo de 1º ESO A e Joel de 1º ESO B. Parabéns aos tres!! Hoxe no día Mundial da poesía pasaron pola radio para facer a gravación do poema

 

lunes, 20 de marzo de 2023

Día de Cine

 Hoxe fomos

Hoxe fomos ao cine!! O alumnado de 1° de Bacharelato e dos ciclos de Dependencia e Soldadura visionou o filme As bestas na sala NUMAX. O largometraxe, dirixido por Rodrigo Sorogoyen, está centrado na vida de Antoine e Olga, unha parella francesa instalada nunha aldea do interior de Galicia, e inspirado nun suceso real ocorrido en 2010 en Santoalla (Ourense). As relacións cos veciños, dentro da parella e entre pais e fillos son algúns dos temas tratados no filme que comentaremos na aula. Impactante e moi recomendable!!

Le tour du monde de Nelly Bly

Salut à tous et à toutes !! Aujourd’hui quelques élèves de 4º ESO ont préparé un bref podcast qu’ils ont enregistré à la radio de notre lycée. L’un de ces podcast fait un résumé de la pièce de théâtre «Le Tour du Monde de Nellie Bly» qu’ils sont allés voir à Santiago. Dans le deuxième podcast, les filles racontent ce qu’elles ont aimé le plus. Merci !

 

 

Hola a todos y a todas!! Hoy algunos alumnos de 4º de la ESO prepararon un pequeño podcast que grabaron en la radio de nuestro instituto. Uno de estos podcasts resume la obra de teatro "La vuelta al mundo de Nellie Bly" que fueron a ver a Santiago. En el segundo podcast, las chicas cuentan lo que más les gustó. Gracias !


 


Sesión de Orientación

Hoxe o alumnado de 1º de ESO tivo unha sesión de orientación, onde se lle explicou cales poden ser as opcións que teñen para o vindeiro curso. Tamén tiveron a posibilidade de preguntar todas as dúbidas sobre a promoción, materias pendentes...



 

viernes, 17 de marzo de 2023

Obradoiro de Arqueoloxía

 Hoxe tivemos obradoiro de Arqueoloxía. O alumnado de 1° da ESO e 1° de FPB puido coñecer reproduccións de pezas descubertas en xacementos do concello. Repasaron os contidos analizados na aula
e ampliaron os seus coñecementos sobre a Idade do Bronce e a do Ferro. A actividade foi impartida por Victor García Piñeiro, exalumno do noso centro e arqueólogo. Grazas pola túa visita, Victor!! 




Costura, festón


 Nas clase de hoxe de Costura tocou facer festón e comezaron a coser os fondos do retal á máquina. Maruja foi indicando como se debía facer e os resultados podédelos ver nas imaxes.


Charla da Universidade. A ponte entre o ensino medio e a USC

 Un ano máis participamos no programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

Nesta ocasión visitounos un profesor da facultade de Física que lles presentaou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a universidade de Santiago de Compostela.


O alumnado puido coñecer de primeira man como se organiza a universidade, graos que se imparten, programas de becas e mobilidade, posibilidades de aloxamento e residencias ou outras cuestións relativas á vida universitaria. 

jueves, 16 de marzo de 2023

Rosalia de Castro e a nosa Contorna

O alumnado de 4º de ESO de Relixión anda a percorrer varias parroquias do noso concello dentro do Proxecto Son das Cruces, onde pretenden coñecer un pouco máis a contorna na que viven. 
Andiveron retratando a natureza que os rodea cada día e elaboraron un pequeno herbario con fragmentos de Rosalía de Castro. Hai fotos doutros concellos limítrofes. Fantástico traballo!!

 

martes, 14 de marzo de 2023

Récord de memorización do número PI


 Candela e David Troncoso teñen unha memoria prodixiosa e conseguen recordar 421 e 420 cifras decimais do número PI.

O departamento de Matemáticas para conmemorar o Día internacional do número PI, 14 de marzo, organiza un concurso, onde o curso pasado resultara gañadora África García.

Dende o centro mandarán as marcas dos irmáns ao portal web Pi World Ranking List, que compila os récords de memorización deste número en todo o mundo. Xa figura África García e agora farano Candela e David Troncoso. En principio os seus rexistros ocuparán os puestos 370 e 371 dese ránking a nivel mundial, mentras que territorio español estarán séptimo e octavo.

Parabéns Candela e David!

Grazas a vós hoxe o Camballón sae na Voz de Galicia e no Faro de Vigo

lunes, 13 de marzo de 2023

Nano o netiño de Naveiro

No día de hoxe pasou pola nosa biblioteca Jose, ex alumno do centro, cociñeiro de profesión, que presentou ao noso alumnado os seus libros: Nano o netiño de Naveiro e Es tu alma quien me dice que te siga, que foron todo un reto para el, xa que ninguén cría nel, pero con esforzo e moito traballo conseguíu o que se propuxo. 
Non so nos falounos de literatura, de arte e de creatividade, tamén da súa experiencia como chef en restaurantes de gran prestixio como El Bulli o Mugaritz. Transmitiunos o seu amor polos libros e a importancia de vivir novas experiencias e coñecer lugares e persoas que poden transformar as nosas vidas. Grazas pola túa visita Jose, eres todo un orgullo para o noso centro.





 

Xadrez


 Xa podedes pasar  os vosos recreos xogando o xadrez, estamos na aula 103. Calquera persoa pode vir a botar unha partida. Animádevos!!

viernes, 10 de marzo de 2023

Obradoiro de cociña

 

As alumnas de primeiro de APSD tiveron unha clase maxistral de cociña tradicional da man de Maruja, voluntaria do club de lectura do Camballón, que se prestou para compartir a súa sabiduría con nós. Agradecemos a Maruja da Cunca a súa dedicación e quedamos con ganas  de novas sesións coma a do venres.

Torneo de xadrez


 

miércoles, 8 de marzo de 2023

Historia de Brasil contada por Lucimar

 Hoxe o alumnado de portugués 1º e 2º de ESO e a profesora da materia, asistiron a un relatorio interesantísimo sobre: a historia do Brasil, a súa cultura musical e literaria, a variadísima gastromomía, un percorrido polo plurilingüismo, así como unha sinxela,  pero moi didáctica explicación da rica mestizaxe e multirracial poboación  dese enorme país. Toda esta valiosa información foinos trasmitida por Lucimar Pardo Pardo, brasileira e nai de dous alumnos do centro. O noso profundo agradecemento por adicarnos estas dúas sesións de aula, das que tiramos tanto proveito e da que aprendemos tanto.

8M

Fortes, valentes, traballadoras, seguras, intelixentes, creativas, imparables, capaces, independentes, honestas, brillantes, poderosas, curiosas, inspiradoras... 


Feliz 8M a todas!!! 



martes, 7 de marzo de 2023

Proxecto de fin de ciclo medio na época do covid.

 Os alumnos non puideron asistir a prácticas en empresas na época do Covid. E a nosa alumna destacada Carolina, presentou un proxecto de maquetas de casas para invidentes feita integrante en metal. Para exemplo este modelo exposto na mesa da zona de lecer da primeira planta. Magnífico traballo Carolina. Parabéns.





lunes, 6 de marzo de 2023

Reunión do club de lectura de adultos

 Os luns, durante o recreo, reunímonos un grupo de nais, avoas e profes que amamos a lectura e a conversa. Admitimos novxs membros!! Se pertences á nosa comunidade educativa e queres perticipar ven uns luns ás 11:30 á biblioteca do centro. Estamos lendo Persépole de Marjane Satrapi e imos empezar La extraña desaparición de Carolina Santomé de María José Viz Blanco, veciña do noso concello. Seguindo a trama deste libro, realizaremos un roteiro litetario en Piloño


jueves, 2 de marzo de 2023

Árbore da Muller


A nosa árbore convírtese na Árbore da Muller para conmemorar o 8M. Dela agroma valentía, forza, intelixencia, empatía, sororidade...






miércoles, 1 de marzo de 2023

Lecturas 8M

Neste mes de marzo temos nos nosos corredores unha exposición de Libros cuxa temática é o 8M, botádelle un ollo por se son do voso agrado. Felices lecturas.