viernes, 24 de marzo de 2023

IV Encontro feminista




Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller no mes de marzo, no IES Marco do Camballón celebramos o IV Encontro Feminista no auditorio Xosé Casal.

O acto, presentado por alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, estivo centrado na cuestión de xénero na elección de estudos e profesións, tema analizado no coloquio inicial, no que participou antigo alumnado como Carolina Cabaleiro (técnica en soldadura e construcións metálicas), Adrián Villar (técnico en atención a persoas en situación de dependencia) e Nerea Fiúza (creadora audiovisual e unha das fundadoras de

Levedar Colectivo Feminista). Os

anteriores, estiveron acompañados por Silvia Penide, recoñecida cantante e intérprete vencellada ao desenvolvemento de proxectos relacionados coa música e a igualdade de xénero en centros educativos. Os poñentes explicaron as súas motivacións para elixir estudos e traballos normalmente asociados ao xénero contrario nuns casos, e entre todos, analizaron a influencia do xénero á hora da elección vocacional, cuestión aínda moi influenciada polo proceso de socialización e educación diferenciada. Os poñentes coincidiron na importancia de visibilizar e proporcionar referentes nos distintos campos, sendo o feminismo un movemento de consenso que implica a homes e mulleres procurando a igualdade entre ambos.

Durante a xornada, Natalia Guzmán, que actualmente rexenta O Refuxio e A casa con encanto, en Merza, recibiu o III Premio Juana López Elizagaray e ofreceu unha charla sobre emprendemento no ámbito da hostalería, contando a súa experiencia e traxectoria profesional e persoal.

No acto entregaronse tamén os premios ao alumnado que acadou os tres primeiros postos no concurso convocado polo centro para o deseño do cartaz, actividade enmarcada na materia de plástica. Uxía Balo e Alejandro Oro levaron o terceiro e segundo previo respectivamente. O deseño gañador, elaborado por Ricardo Santiso, empregouse como imaxe para o encontro.

A xornada rematou amenizada coa música de Silvia Penide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario