Mostrando entradas con la etiqueta Charla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charla. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de marzo de 2023

Charla da Universidade. A ponte entre o ensino medio e a USC

 Un ano máis participamos no programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

Nesta ocasión visitounos un profesor da facultade de Física que lles presentaou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a universidade de Santiago de Compostela.


O alumnado puido coñecer de primeira man como se organiza a universidade, graos que se imparten, programas de becas e mobilidade, posibilidades de aloxamento e residencias ou outras cuestións relativas á vida universitaria. 

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Lendas e patrimonio

Esta tarde visitaron o IES Marco do Camballón Antonio Presas e José Carlos García Porral para falar das lendas e do patrimonio da Comarca do Deza.
Antonio  falounos das Mámoas e castros da Comarca, así como da boa situación xeográfica que ten o Concello de Vila de Cruces. José Carlos presentounos un enorme patrimonio inmaterial, composto ata o momento de 516 lendas recollidas mapa.

martes, 23 de mayo de 2017

Ultreia

Onte visitouno Alberto, membro da asociación Ultreia Santiago, a que lles falou ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre a identidade de xénero e aclarou dúbidas respecto a este tema.


viernes, 27 de enero de 2017

Xornada de Sensibilización de lingua de signos

Hoxe recibimos a visita da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, a petición de CMAPS.
Unha persoa xorda, acompañada de varias intérpretes de lingua de signos, realizou unha sesión de sensibilización para mostrar ao alumnado de 1º de ESO as dificultades de integración.
Co alumnado do ciclo APSD realizaron unha tarefa de profundización na lingua de signos e sobre como mellorar a súa tarefa profesional nun contorno de usuarios con esta diversidade funcional.



martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo

Despois de preparar cas nosas voluntarias da Biblio os lazos para ese día, hoxe tamén non acompañou Pilar Díaz, Secretaría de Igualdade, a darnos unhas charlas sobre violencia de Xénero que nos impactou.

Moitas grazas BB por a túa visita.!! 

O alumnado de 1º ESO traballaron as mulleres e os xogos.

 

miércoles, 17 de febrero de 2016

Visita de Carlos Meixide

Carlos Meixide compartiu con nos o seu mundo a partir da súa novela "Ons". A presentación correu a cargo de Byron e Noa e Nuria regueifaron.












Este é o libro do que nos veu falar pero...




... na biblioteca tamén tiñamos iste...









E como non, firmou no noso libro de  visitas. Moitas grazas Carlos.




jueves, 11 de febrero de 2016

Carreira Solidaria

Despois do desfile de carnaval fixemos unha andaina-carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the children. O obxectivo é coñecer e actuar para impedir que máis nenos e nenas segan a morrer or mor de doenzas que se poden previr. Aproveitamos que dúas profesoras do centro participaron en viaxes solidarios (en países como: Ghana, Tanzania e Senegal) para que nos contaran as súas experiencias.

viernes, 18 de diciembre de 2015

A boina galega

Hoxe foi a presentación mundial da primeira boina galega do século XXI, no noso instituto!
A artesá Sandra Vilas trouxo as primeiras boinas que elaborou a man, tres modelos diferentes. Iso si, acabamos de descubrir que a boina galega ten moitas posibilidades de variación e que se poden crear moitísimos deseños diferentes, mesmo personalizados. A boina con espiral azul é un exemplo dos múltiples deseños que se poden chegar a elaborar, grazas á creatividade da artesá, unha artista de vangarda.
Parabéns Sandra Vilas e moitas grazas por firmar no noso libro de visitas!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Día da ciencia en galego

O mércores 5 de novembro o alumnado de 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Tapsd asistíu a videoconferencias de Ciencia en Galego co título: A máquina que constrúe a mente e a realidade a cargo do biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas Xurxo Maríño.
Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo.

miércoles, 21 de mayo de 2014

Xenómica no Camballón


Aos que tivestes a fortuna de estar alí e aos que, pola razón que sexa, non puidestes asistir, calquera cousa que vos dixésemos agora sobre a conferencia coa que nos agasallou o doutor Ángel Carracedo o pasado martes 20 quedaríase curta.
As expectativas xeradas eran grandes –non en van o conferenciante é unha figura mundial no seu eido científico– e á cita, ademais dos que xogabamos na casa (a xente do Camballón), acudiron estudantes e profesorado dos IES Aller Ulloa e Laxeiro de Lalín, aos que se sumaron nais, pais e público xeral.
Porén, a conferencia non estivo á altura das expectativas previas: estivo por enriba delas. A proximidade do doutor Carracedo –que non quixo permanecer no estrado que se lle tiña preparado e baixou a departir con nós no patio de butacas–, a súa enorme capacidade de comunicación, a súa humildade e honestidade intelectual, converteron a experiencia nunha charla amigable e, ao mesmo tempo, engaiolante que se traduciu nunha longa rolda de preguntas por parte do alumnado. Conseguiuse o case imposible: dúas horas de conversa dun interese indeclinable.
Desde o equipo da biblioteca queremos expresar unha vez máis o noso profundo agradecemento ao doutor Carracedo por compartir connosco, de xeito completamente xeneroso e desinteresado, unha parte do seu tempo e dos seus vastos coñecementos.


Aquí vos deixamos o vídeo da conferencia para que a revivades ou vos asomedes por primeira vez ao que alí se dixo. Aproveitádeo, non sempre se ten a ocasión de aprender cun sabio do noso tempo.









E aquí tedes a galería de imaxes do acontecemento:



martes, 14 de mayo de 2013

CHARLAS SOBRE CICLOS

O alumnado de 4º ESO vai asistir hoxe a unha charla sobre os Ciclos Formativos que se imparten no IES de  Lalín e no de Silleda.

viernes, 19 de abril de 2013

RISCOS DE INTERNET

O alumnado de 2º ESO vai asistir a unha charla sobre os riscos de Internet que terá lugar na aula Manuel Dobarro.

miércoles, 17 de abril de 2013

DROGAS E ALCOL

O alumnado de 3º e 4º da ESO e o PCPI vai asistir a unha charla sobre drogas e alcol que terá lugar na aula Manuel Dobarro

jueves, 4 de abril de 2013

CLASES SEN FUME

O alumnado de 1º e 2º  ESO participan hoxe nunha charla de CLASES SEN FUME que terá lugar na aula Manuel Dobarro. É un concurso europeo para a prevención do tabaquismo dirixido a escolares  (mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade).
 A competición baséase
  • no compromiso colectivo de toda a clase e o seu educador/a de manterse sen fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
  • na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles
  • e no desenvolvemento dunhas actividades na aula
As clases que conseguen chegar ao final da competición optan a varios premios.

miércoles, 13 de marzo de 2013

CHARLA USC

O alumnado de 2º Bac asiste hoxe a unha charla sobre o Sistema Universitario Galego: Universidades de Santiago, Coruña e Vigo, carreiras, selectividade, ....
De 15.00 a 17.00 horas na
Aula Manuel Dobarro
Ponente: Alberto Bugarín (profesor na USC)

martes, 26 de febrero de 2013

CHARLA: ACOSO ESCOLAR




Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO asistirán a unha charla sobre o Acoso escolar na aula Manuel Dobarro do IES

miércoles, 30 de enero de 2013

CHARLA: SOCIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ


No día da Paz  o alumnado da ESO do noso Instituto participan nunhas charlas sobre o pobo Saharauí co fin de coñecer a súa situación actual.

lunes, 14 de enero de 2013

CHARLA: OS USOS DE INTERNET E REDES SOCIAIS

Hoxe o alumnado de 1º ESO participa nunha charla sobre os usos de Internet e das redes sociais e cales son os riscos se que os perigos

martes, 30 de octubre de 2012

CHARLA: A RECICLAXE


No día de hoxe terá lugar na aula Manuel Dobarro unha charla sobre reciclaxe na que participará todo o alumnado do centro.

miércoles, 10 de octubre de 2012

CHARLA:TÉCNICAS DE ESTUDO

O alumnado de 1º da ESO participa no día de hoxe e o próximo 24 de outubro nunha charla sobre técnicas de estudo que terán lugar na aula Manuel Dobarro do IES.