Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de octubre de 2021

Premio Fiestra de Audiovisual Galego

 A Academia Galega do Audiovisual (AGA) presentou onte no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces o I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores. 

Así o recollía  a noticia redactada polo Faro de Vigo :

Ao acto asistiron Miguel Mariño, director da academia; o concelleiro de Cultura de Vila de Cruces, Julio López; o director do IES Marco do Camballón, José Manuel Iglesias; e a actriz Camila Bossa. A presentación foi precedida pola proxección dun programa feito a partir do catálogo de Fiestra polo alumnado do instituto.

O director da AGA presentou esta iniciativa, na que os centros de ensino de Galicia que formen parte da comunidade de Fiestra poderán decidir cos seus votos cal é a curtametraxe do catálogo merecedora do premio, polo seu valor á hora de facilitar o traballo e a reflexión na aula. Camila Bossa, que interviña como representante do sector audiovisual, salientou a importancia de “promocionar e visibilizar a nosa cultura e a nosa lingua”, ademais de afirmar que “co cine se aprende moito máis do que cremos, dun xeito diferente”.

Julio López augurou unha “longa vida” ao galardón, ao tempo que louvou a actitude e o comportamento do alumnado do Marco do Camballón, que formou parte do público do acto e participou activamente na proxección previa. Pola súa banda, José Manuel Iglesias declarou que desde o instituto estaban “orgullosos de participar” nesta iniciativa “que contribúe á formación de cidadáns críticos”.

O I Premio Fiestra de Audiovisual Galego para a educación en valores será anunciado e entregado en Vila de Cruces no mes de xuño de 2022. Con anterioridade á presentación foi proxectado un programa de curtametraxes realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Marco do Camballón, composto polos seguintes títulos: C.O.D.A., dirixida por Veru Rodríguez; Matria, de Álvaro Gago; 1977, creación de Peque Varela; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez. A continuación, Javier Grixo, director de fotografía de C.O.D.A., e Camila Bossa, actriz protagonista de Conversa cunha muller morta, participaron nun coloquio cos mozos e mozas asistentes.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Audiovisual

Onte estivo con nós Tereixa, de Telearqueoloxía, dando un Obradoiro de Audiovisual. Participaron o alumnado de 3º PMAR e 4º ESO.