Hoxe celebramos o día para a eliminación da violencia contra a muller. Puxemos as camisetas que pintamos con lemas e debuxos e ás 10:40 baixamos ao patio.
Tres alumnas da materia de Igualdade de Xénero leron un manifesto e o alumnado do ciclo de TAPSD realizou unha performance coas persianas da aula do alumnado. Como chovía moito baixamos ao ximnasio. Alí bailamos a coreografía elaborada polas alumnas de 4 de ESO sobre a canción Hay algo en mi de Miriam Rodríguez.
O alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato elaborou un
manifesto para o 25 de Novembro co obxectivo de provocar a reflexión e
crítica da violencia machista, tipos, orixe, formas, facendo fincapé en
que en tempos de pandemia o coronavirus non foi nin é o único virus que
nos está matando.