Os días 28 e 29 de Marzo asistimos como convidados á II Mostra de Orientación de A Estrada para promocionar os ciclos formativos do noso centro (SOLCA e APSD) . Acudiron tamén as alumnas do segundo curso de APSD que puideron facer unha demostración das súas habilidades en primeiros auxilios e apoio á comunicación, así como visitar os diferentes stands da Mostra. Agradecemos enormemente ao Departamento de Orientación do IES García Barros por ter contado con nós para a presente edición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario