Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Paco Lareo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Paco Lareo. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de abril de 2026

Visita á Fundación Paco Lareo

O alumnado de 1º de ESO de Relixión, visitou onte a Fundación Paco Lareo.
Da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación, coñeceron as obras de distintos artistas que están expostas na Solaina. Tamén  descubriron a figura de Paco Lareo, as actividades da fundación e o seu importante papel como foco cultural e dinamizador do rural.
Queremos agradecer a Carmen Lareo a súa acollida e amabilidade!





domingo, 23 de noviembre de 2025

Entrega dos galardóns do I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez

Este sábado, a Fundación Paco Lareo fixo entrega dos galardóns do I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez. O xurado desta primeira edición estivo formado por Alfonso Pato, Daniel González, Carmen Lareo e Xaime Varela, profesionais vencellados ao ámbito cultural e
audiovisual.

O IES Marco do Camballón participou activamente no acto, tendo a honra de entregar o Premio do Público, un recoñecemento que pon de manifesto a importancia da mirada colectiva e da participación da comunidade educativa neste tipo de iniciativas.
Queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Paco Lareo por convidarnos e implicarnos nunha actividade que aposta pola creatividade, dá visibilidade ao talento de novas e novos creadores e, ao mesmo tempo, recoñece o valor do rural como espazo de cultura, memoria e inspiración.


martes, 4 de noviembre de 2025

I Concurso de curtametraxes Carlos Asorey Martínez

 

Hoxe o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar como xurado do I Concurso de Curtametraxes Carlos Asorey Martínez. 



A xornada comezou coa presentación das dúas curtametraxes finalistas, Testemuñas dunha Illa e O que non falta, da man de Carmen Lareo, presidenta da Fundación Paco Lareo, e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.




Tras o visionado, o alumnado emitiu o seu voto, contribuíndo activamente a esta fermosa iniciativa que busca recuperar e poñer en valor a figura de Carlos Asorey Martínez, pioneiro do cinema galego, e recoñecer o talento artístico e cultural do noso rural

 



O vindeiro 15 de novembro, na Solaina de Piloño (sede da Fundación Paco Lareo), terá lugar a entrega de premios.


Parabéns a todas e todos
os que fan posible este proxecto e manteñen viva a paixón polo cinema galego!




jueves, 4 de mayo de 2023

Piloño e Carolina Santomé

 


Hoxe fixemos o Roteiro con María José Viz, explicounos moitas cousas da súa obra en concreto e de Piloño en particular, grazas a La extraña desaparición de Carolina Santomé que dounos o motivo para coñecer un anaquiño desta parroquia no Concello de Vila de Cruces.

Contamos coa compañía de Carmen Lareo, da Fundación Paco Lareo- A Solaina de Piloño, Marga Viz, o alumnado do Club de 4º de ESO e o Club de Adultos. 

Foi unha experiencia impresionante.  Saímos da casa de Carolina, fomos a parada do bus (a que a protagonista empregaba para ir a Santiago) e pasamos polo 21( hoxe o campo da festa pero antigamente había a feira o 21 de cada mes). Cruzamos a estrada e pasamos pola capela da Angustia para dirixirmos a igrexa Parroquial de Piloño. Máis tarde dirixímonos as escolas vellas (onde estudou os primeiros anos) para logo subir ao grupo escolar (onde remata a formación), hoxe CEIP Cerdeiriñas. Baixamos a a Fundación Paco Lareo para ver fotografías antigas cedidas por:  Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño, Familia Viz Blanco, Familia Soto Parcero, Familia Varela Quintela, Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño, Felipe Fernández Martín, Esther Viz, Suso Varela López, Begoña García Otero e Mari Rodríguez Arteaga.

 Grazas a todos!!



miércoles, 19 de abril de 2023

Visita de Carmen Lareo




Hoxe visitounos Carmen Lareo, presidenta da Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño dende 2011. O alumnado de 2° de BAC asistiu a unha amena charla con ela, na que falaron da traxectoria do seu irmán, Paco Lareo, creador da solaina e polifacético artista. Duas alumnas realizaron unha entrevista, a través da que descubriron datos curiosos sobre a vida e a obra deste artista de Piloño. Moitas grazas pola túa visita, Carmem, foi un pracer charlar contigo!!

jueves, 13 de octubre de 2022

A maxia de Paco Lareo

 Hoxe queremos compartir este  poema de María José Viz Blanco, escritora do noso concello, adicado  ao forxador de soño da Solaina de Piloño, Paco Lareo, coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento. 

Paco, de forma altruísta, acercou a cultura a aldea, ao concello, aos veciños e a todos aqueles que se queiran achegar a Fundación Paco Lareo (A Solaina de Piloño).

Grazas a ambos por este legado cultural.