Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de febrero de 2026

Homenaxe a Rosalía de Castro

A palabra convértese en arte, e a arte en emoción. Con motivo da celebración da figura de Rosalía de Castro, convidámoste a participar nun concurso creativo onde poderás expresar, dende a túa propia mirada, o que esta autora significa para ti e para a nosa cultura.

Poderás empregar calquera técnica ou formato: debuxo, pintura, collage, fotografía, escultura… non hai límites cando a creatividade fala! O importante é que a túa obra sexa persoal, sentida e chea de intención.

Haberá 5 premios, e o xurado valorará especialmente:

a creatividade,

a orixinalidade,

a habilidade técnica,

                                                             e a composición da obra.

Este é o teu momento para crear, experimentar e deixar pegada. Atréveste a dialogar con Rosalía dende o século XXI?
Participa e fai que a súa voz siga viva a través da túa creación.
 

martes, 3 de febrero de 2026

Novas ilustracións na biblio!

Xa temos na biblioteca algunhas das impresionantes ilustracións que chegaron para participar no noso concurso. O reto? Facer unha caricatura, debuxo ou ilustración dun artista, pintor/a, cantante ou escritor/a...  que te inspire.

Non hai límites á creatividade: cada participante puido deixar voar a imaxinación e compartir a súa visión única dunha persoa que admire.

E atención: hai dous premios para as mellores obras, e son canxeables na cafetería do instituto!  Así que vale a pena deixar a túa pegada artística.



Pasade pola biblioteca e botádelle un ollo a estas obras fantásticas. Tamén podedes vela no Calaméo desta publicación, por se queredes revisalas desde calquera lugar. Quen sabe? A túa tamén podería ser unha das gañadoras!


miércoles, 19 de marzo de 2025

Gañadoras do premio Femismo 4.0


 Estas alumnas de 4º de ESO foron as gañadoras do concurso Feminismo 4.0.

Parabéns Vicky, Alba, Tizi e Marta!!

jueves, 23 de febrero de 2023

Gañadoras concurso de disfraces


 Xa temos gañadoras do concurso de disfraces!! Universo mariño, creado polas alumnas de 1° do Ciclo Medio de TAPSD!!! Parabéns a todxs que participastes!!!

lunes, 26 de abril de 2021

Concurso de Escritura rápida


 Estes son os  textos seleccionados para o concurso de escritura rápida.


 
 
 Os premiados son:
- "Un lugar para perderse"- Nuria 4º ESO
- "Libro favorito"- Anxo 1º ESO
- "Que pasou despois"- Victoria 1º ESO
- "14 de marzo de 2020"- Vanessa 1º TAPSD

sábado, 5 de marzo de 2016

Certame de Regueifas de Valadares 2016

 Nuria Penas, Noa Guzmán, Miguel Alonso e Rubén Pardo, -e com a baixa de última hora de Vicente o Cuco- deixarom bem representado o nosso IES no Certame de Regueifas de Valadares 2016. Grazas á Asociación ORAL, ao Servizo de Normalización do Concelho de Vigo, a Marta Souto, a Pinto de Herbón, Luis o Caruncho e Carlos Alonso. Tamém a Manolo Maseda, con quen participamos no proxecto Regueifesta, que representando ao IES de Baio, formou parte do jurado. 
A cultura é aventura!!!

lunes, 1 de febrero de 2016

O teu punto de vista pode cambiar o mundo. Clipmetraxes 2016

O alumnado do noso centro acaba de presentarse ao concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas que
pretende sensibilizar ao alumnado sobre a pobreza, o subdesenvolvemento, a fame, as desigualdais e as súas causas. A actividade fomenta o traballo en equipo e consiste en elaborar vídeos dun minuto de duración.
Neste Enlace podes ver e votar os vídeos. Grazas

martes, 19 de mayo de 2015

Concurso de personaxes célebres franceses

O alumnado de francés participou nun concurso sobre persoaxes francófonos famosos, organizado polos profesores de Francés de Galicia  (APFG). O obxectivo era introducir as artes nas aula, potenciando o desenvolvemento de competencias e favorecendo o enriquecemento do acervo cultural como factor clave da transmisión de coñecementos entre civilizacións. Estes foron os seus traballos:

 

Xadrez con Cruces

Participaron neste último torneo de Xadrez un total de 50 xogadore/as repartidos en: Grupo A (ESO, FPB e profes) cun total de 30 e Grupo B (BACH, CF SOLe profes) 20 participantes. Desenvolveuse polo Sistema Suizo a 6 roldas, en tando que os desempates fixéronse mediante o Sistema Bucholz.Os catro mellores de cada grupo disputan unha "final-catro" cun tempo de 20 minutos por xogador, enfrontándose o primeiro clasificado co cuarto e o segundo co terceiro.
Grupo B
1. Diego Rodríguez Taboada
2. Alberto Mejuto Sesto
3. Marcos Torres Torres
4. Marcos González Lamas
O Campión do grupo foi Marcos Gónzalez Lamas e Subcampión Alberto Mejuto Sesto.
Grupo  A:
1. Martín Saa López
2. Alejandro Senín Montero
3. Adrián Guerra García
4. Javier Troitiño Jordedo
O Campión deste grupo foi Adrián Guerra García e Subcampión Martín Saa López.




 PARABÉNS A TODOS!!

domingo, 26 de abril de 2015

Manos Unidas 2015

O pasado 17 de outubro de 2014, coincidindo co Día internacional para a Erradicación da Pobreza, arrancou o concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas co lema "O desafío da fame no mundo II". A final autonómica tivo lugar o 10 de abril na Coruña.
O alumnado de Relixión desde 2º ESO ata 2º Bacharelato do instituto presentou 15 propostas para sensibilizar sobre a fame e denunciar as causas durante un minutos.
Os nosos comportamentos, o  noso modelo socioeconómico e as nosas actitudes están detrás das causas da fame. A degradación medioambiental, os biocombustibles e o acaparamento de terras son as tres causas evitables e denunciables da fame no mundo.
Aproveitamos a viaxe para visitar a casa onde residíu Pablo Picasso dende 1891 ata 1895 e onde están expostas 33 das súas obras.
Tamén fomos ao monte de San Pedro, onde subimos no ascensor panorámico, vimos os canóns e a cúpula atlántica, paseamos polo labirinto inglés elaborado con plantas italianas e gozamos das vistas da Coruña.


miércoles, 17 de diciembre de 2014

Sígueme: o desenlace

Sígueme


E os que mellor transitaron pola senda que, tan xenerosamente, nos descubriu o escritor Fran Alonso  son:

Categoría A : Brais Iglesias Montoto (4º ESO) co relato 
O meu desacougo
Categoría B: Noelia Dopazo Blanco (2º BACH) co relato 
A vinganza do porco






martes, 18 de noviembre de 2014

Sígueme





Lembrade que tedes de prazo ata o 1 de decembro para presentar os vosos relatos na biblioteca.

Para que vos inspiredes, aquí vos deixamos o texto de Fran Alonso que tedes que continuar:



O día en que desapareceu Xoel sucederon demasiadas cousas estrañas. Deitárame moi cansa, durmira profundamente e erguérame coa sensación de proceder dun lugar moi afastado e profundo. Para comezar, espertoume con brusquidade unha chamada telefónica desconcertante. Cando apañei o teléfono só escoitei a música de London Calling, de The Clash, logo de que unha voz robotizada pronunciase o meu nome: María. Curiosamente, esa é a miña canción favorita. Logo, cando fun almorzar, non quedaba café. Xa sei que pode parecer que iso non ten nada de raro, pero Xoel nunca marchaba da casa sen deixar o café feito. El sabía que eu son adicta ao café pola mañá, para cargarme de toda a enerxía que unha veterinaria necesita na súa xornada laboral. E, finalmente, cando saín pola porta para ir traballar, descubrín que durante a noite alguén metera dentro do meu coche a touriña que acababa de nacer, un par de porcos e todas as galiñas que temos na casa.


e o videoclip de London Calling de The Clash:



Que as Musas vos sexan propicias!!!

viernes, 24 de octubre de 2014

III Concurso de Relato Breve





BASES

A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”

CONVOCA

SÍGUEME !

III CONCURSO de  RELATOS

Participantes: poderá tomar parte no concurso todo o alumnado matriculado no centro no curso académico 20142015.

Presentación: Cada participante poderá presentar, se así o desexa, ata dous relatos escritos en lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato, asinado cun pseudónimo, e un folio no que constarán os seguintes datos:

Pseudónimo
Nome e Apelidos
Curso e grupo


Tema: os relatos serán a continuación do seguinte fragmento de inicio escrito polo autor Fran Alonso:

O día en que desapareceu Xoel sucederon demasiadas cousas estrañas. Deitárame moi cansa, durmira profundamente e erguérame coa sensación de proceder dun lugar moi afastado e profundo. Para comezar, espertoume con brusquidade unha chamada telefónica desconcertante. Cando apañei o teléfono só escoitei a música de London Calling, de The Clash, logo de que unha voz robotizada pronunciase o meu nome: María. Curiosamente, esa é a miña canción favorita. Logo, cando fun almorzar, non quedaba café. Xa sei que pode parecer que iso non ten nada de raro, pero Xoel nunca marchaba da casa sen deixar o café feito. El sabía que eu son adicta ao café pola mañá, para cargarme de toda a enerxía que unha veterinaria necesita na súa xornada laboral. E, finalmente, cando saín pola porta para ir traballar, descubrín que durante a noite alguén metera dentro do meu coche a touriña que acababa de nacer, un par de porcos e todas as galiñas que temos na casa.
  

Extensión: as obras presentadas non excederán as cinco páxinas a ordenador (arredor de 1200 palabras), incluíndo o inicio do relato do que hai que partir.

Prazo: os relatos entregaranse na Biblioteca ata o luns 1 de decembro de 2013.
O resultado do concurso será publicado na Biblioteca o mércores 17 de decembro.

Xurado: estará formado por un membro do equipo da biblioteca, do departamento de Lingua galega e do departamento de Lingua castelá.

Premios: establécense dúas categorías:

         Categoría A: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
         Categoría B: 1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.

Haberá un único premio por categoría dotado cun vale por 50 € en material de libraría ou tecnolóxico. Ademais os relatos ganadores serán publicados no blogue Abre os ollos.

Ø  Os premios poderán ser declarados desertos no caso de non acadaren os relatos presentados un mínimo de calidade.

Ø  Se se constatase que un relato constitúe copia doutro, non será tido en conta.


Ánimo a todos e todas!



jueves, 12 de junio de 2014

Gañadores do Concurso Cambaletras

Parabéns para os gañadores do concurso Cambaletras deste ano: Roi, Adrián e Alexandre
de 1º de ESO.




domingo, 8 de junio de 2014

CambaLetras 2014: respostas do 3º bloque e clasificación definitiva



As respostas do 3º e último bloque do CambaLetras deste ano foron as seguintes: 
1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.
“eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.”
2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?
Roberto Vidal Bolaño
3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?
Terra brava
4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?
Castelao
5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.
Rosalía de Castro, “Castellanos de Castilla”

Xa sabedes que as respostas de cada equipo aparecen publicadas como comentarios na entrada das preguntas correspondente.


CLASIFICACIÓN DEFINITIVA ORDENADA POR MAIOR  PUNTUACIÓN

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
1.     Tres nenos
0+5+4+5+5
19
67
2.     Medio limón
4+5+4+5+5
23
64
3.     O armadillo
Non responderon
0
48
4.     Equipo B
Non responderon
0
41
5.     Galeg@
0+5+4+5+5
19
41
6.     Lánzalo
0+5+4+5+5
19
39
7.     Manera
Non responderon
0
21
8.     As 3 galegas
Non responderon
0
14
9.     As principiantes
Non responderon
0
13
10.  GGRR
Non responderon
7
7
11.  Individual
Non responderon
0
0

Polo tanto, aínda que a clasificación foi bastante reñida, finalmente o equipo ganador é Tres nenos, formado por Adrián García Torres, Roi Guzmán Gómez e Alexander Iglesias Santandré de 1º de ESO. Parabéns!!!!

lunes, 2 de junio de 2014

CambaLetras 2014: 3º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 5 preguntas correspondentes ao 3º bloque (do luns 2 ata o venres 6 de xuño).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación co equipo ganador faranse públicas o domingo 8 de xuño.

As preguntas son as seguintes:



1. O autor ao que se lle dedica o Día  das Letras neste ano escribiu un poemario cun título que fai referencia a un tipo de nubes. Neste libro hai un poema que ten o mesmo título; localízao e copia os tres últimos versos.


2. A que dramaturgo se lle dedicou moi recentemente o Día das Letras?


3. A que obra do autor homenaxeado en 1997 corresponde a CDU da nosa biblioteca N/FOL/ter?

4. De que autor, homenaxeado nos comezos da celebración do Día das Letras, son as “cousas” máis famosas da literatura galega?

5. Que autora escribiu, xa hai moito, un poema denunciando o maltrato que sufrían os galegos que ían á sega a Castela? Indica tamén o título do poema.