BASES
A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”
CONVOCA
SÍGUEME !
III CONCURSO de RELATOS
Participantes: poderá tomar parte no concurso todo o alumnado
matriculado no centro no curso académico 2014‐2015.
Presentación: Cada participante poderá presentar, se así o desexa,
ata dous relatos escritos en lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato,
asinado cun pseudónimo, e un folio no que constarán os seguintes datos:
Pseudónimo
Nome e Apelidos
Curso e grupo
Tema: os
relatos serán a continuación do seguinte fragmento de
inicio escrito polo autor Fran Alonso:
O día en que
desapareceu Xoel
sucederon demasiadas cousas estrañas. Deitárame moi cansa, durmira
profundamente e erguérame coa sensación de proceder dun lugar moi afastado e
profundo. Para comezar, espertoume con brusquidade unha chamada telefónica
desconcertante. Cando apañei o teléfono só escoitei a música de London Calling, de The Clash, logo de
que unha voz robotizada pronunciase o meu nome: María. Curiosamente, esa é a
miña canción favorita. Logo, cando fun almorzar, non quedaba café. Xa sei que
pode parecer que iso non ten nada de raro, pero Xoel nunca marchaba da casa sen
deixar o café feito. El sabía que eu son adicta ao café pola mañá, para
cargarme de toda a enerxía que unha veterinaria necesita na súa xornada
laboral. E, finalmente, cando saín pola porta para ir traballar, descubrín que
durante a noite alguén metera dentro do meu coche a touriña que acababa de
nacer, un par de porcos e todas as galiñas que temos na casa.
Extensión: as obras presentadas non excederán as cinco páxinas a
ordenador (arredor de 1200 palabras), incluíndo o inicio do relato do que hai
que partir.
Prazo: os relatos entregaranse na Biblioteca ata o luns 1 de decembro
de 2013.
O
resultado do concurso será publicado na Biblioteca o mércores 17 de decembro.
Xurado: estará formado por un membro do equipo da biblioteca,
do departamento de Lingua galega e do departamento de Lingua castelá.
Premios: establécense dúas categorías:
Categoría A: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Categoría B: 1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.
Haberá
un único premio por categoría dotado cun vale por 50 € en material de libraría
ou tecnolóxico. Ademais os relatos ganadores serán publicados no blogue Abre os ollos.
Ø
Os premios poderán
ser declarados desertos no caso de non acadaren os relatos presentados un
mínimo de calidade.
Ø
Se se constatase
que un relato constitúe copia doutro, non será tido en conta.
Ánimo a todos e todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario