Xa temos na biblioteca algunhas das impresionantes ilustracións que chegaron para participar no noso concurso. O reto? Facer unha caricatura, debuxo ou ilustración dun artista, pintor/a, cantante ou escritor/a... que te inspire.
Non hai límites á creatividade: cada participante puido deixar voar a imaxinación e compartir a súa visión única dunha persoa que admire.
E atención: hai dous premios para as mellores obras, e son canxeables na cafetería do instituto! Así que vale a pena deixar a túa pegada artística.


No hay comentarios:
Publicar un comentario