"Neogaleg@s. @s nov@s fill@s da lingua" é o documentario que estivemos a gravar como actividade final da Aula de Acollida Lingüística do IES Marco do Camballón con alumnas e alumnos recén chegados. As súas reflexións sobre a nosa lingua foron brillantes e sorprendentes. Nerea Fiúza, exalumna e colaboradora do Clube da Lingua, está ao mando do documentario. Sempre é unha garantía de calidade superior o teu traballo, compañeira!
Tamén estivo botando unha man Sara, a mestrinha, que trouxo uns diplomas de OG, Orixinal Galego, para este alumnado que xa se sente galego. A nosa lingua é fundamental para unha socialización equilibrada.
Cinco alumnos e alumnas do Camballón viaxaron a Xinzo de Limia para impartir dous obradoiros de regueifa e improvisación oral nos institutos Cidade de Antioquia e Lagoa de Antela.
O alumnado do Camballón impulsa un proxecto que deron en chamar "RegueiNovxs" para dinamizar a regueifa entre a xente nova e vincular a lingua galega coa tradición e a modernidade.
Nos obradoiros explicouse a orixe da regueifa ou a importancia da poesía oral no entroido do Ulla. Así realizaron unha mostra dun atranque improvisado ao xeito dos xenerais de Merza.
Despois de explicar a técnica da improvisación en verso, fixeron varios xogos de improvisación e animaron a improvisar ao alumnado de Xinzo que deu os seus primeiros pasos regueifando.
Un documentario sobre a pegada da Batalla de Ponte Ledesma na lingua e na tradición oral.
A Batalla de Ponte Ledesma, que enfrentou as tropas de Napoleón e o exército popular galego da Xunta de TrasDeza en 1809, protagoniza o documental que realizou o alumnado de Oralidade e Regueifa de 3º da ESO do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
O documentario céntrase nas pegadas daquel acontecemento histórico na tradición oral que, douscentos anos despois, perviven na cultura da comarca do Ulla.
O documentario ábrese co testemuño oral do avó dun alumno do Camballón que relata que o avó do seu avó, de nome Rodrigo, loitou na batalla de Ponte Ledesma, explicando detalles que se transmitiron de xeración en xeración na súa familia desde 1809.
No audiovisual preséntase a batalla como posíbel orixe do entroido da Ulla, que se expresa nunha batalla dialéctica en verso entre xenerais. Estes versos foron noutros tempos improvisados nos coñecidos atranques, onde as armas son as coplas rimadas e a violencia se converteu en humor.
Así, varios alumnos e alumnas da comarca falan da súa experiencia como xenerais do entroido do Ulla con orgullo e emoción. Tamén é importante no documentario a entrevista ao seu bisavó dun alumno da materia de “Regueifa e improvisación en verso”, onde coñecemos alguén que, ademais de memorizar as coplas na súa xuventude, tamén as improvisaba, no entroido de Merza.
No documentario fálase tamén dos traxes dos xenerais do Ulla, moi similares aos da Grand Armée, o exército de Napoleón Bonaparte, comparando os uniformes. Tamén ten unha atención especial na reportaxe a presenza de pavos reais na comarca, con cuxas plumas se elabora a decoración dos bicornes dos xenerais do Ulla, convertendo posibelmente esta comarca nunha das zonas de Europa onde que máis pavos reais se crían.
Os xenerais franceses Jean-Dieu Soult e Michel Ney dirixiron as tropas napoleónicas no século XIX e no documental recóllese a investigación que se realizou desde o Camballón –e através das redes sociais- para localizar cans que hoxe en día, máis de douscentos anos despois, foron bautizados como Sul e Nei. Esta pescuda activou o alumnado da comarca do Ulla através dos centros de ensino das Cruces, Silleda, a Bandeira, a Estrada, Boqueixón, Vedra, Touro, Milladoiro, Teo e o coléxio Lamas de Abade de Compostela. O resultado foi a recollida en vídeo e fotografía de varios cans que levan eses nomes.
O historiador e arqueólogo Víctor García Piñeiro, exalumno do Camballón, fecha o documentario a falar da pegada da batalla na toponimia local. García está a investigar na microtoponimia da zona do enfrontamento e fala de varios nomes de lugar relacionados co episodio bélico.
Desde o Clube da Lingua” do IES Marco do Camballón afirman que “o documentario é o resultado dun traballo colectivo no que participou alumnado e profesorado de varios centros de ensino da comarca, de forma colaborativa e con xenerosidade, e que serve como exemplo de que investigar na historia axúdanos a coñecer mellor o noso presente”. Tamén sinalan que “a oralidade é unha construción social do pobo e neste documentario coñecemos como através da nosa lingua se manifestan expresión culturais valiosas desde diferentes perspectivas: na poesía popular do entroido, na transmisión de relatosorais, nos nomes propios dos cans, na toponimia.”
Ademais, sinalan, “relacionar as orixes do entroido dos xenerais da Ulla coa actualidade é unha motivación para valorar unha cultura que se mantén viva grazas á colaboración e participación das novas xeracións pois nestes centros de ensino hai alumnado implicado na celebración dos xenerais do Ulla.”
Lara, Aldara, Inés, Ainara, Nerea e Aroa, en representación do proxecto O poeta que baila, participaron na Gala do Premio de Poesia Florencio Delgado Gurriarán.
Presentaron, falando e bailando, o vídeoclip "Pandeirada", dirigido por Nerea Fiúza, con música de Xabier Diaz e interpretado polo alumnado do Clube da Língua. Foi unha festaza!
Hoxe Pinto de Herbón veu impartir a primeira parte do obradoiro de
regueifa organizado pola Asociación ORAL de Regueifa para a Deputación
de Pontevedra. Pinto é un grande dinamizador, unha das persoas
fundamentais no proceso de revitalización do repente galego. Que ben o
pasamos!
martes, 10 de mayo de 2022
Onte fomos a Gres a levarlle música a Balbino e a Pepe Neira Vilas. Cantamos, fixemos festa e coñecemos mellor o autor de Memoria dun neno labrego. Un bonito día!
Anacos de Unto interpretada polo grupo de gaitas Luz do Ilicinio de Lestedo.
Hoxe cantamos, bailamos, falamos e recitamos a Florencio Delgado Gurriarán, O poeta que baila.
Aser, Laura e Sara, da produtora audiovisual Arraianos, veu gravar a Vila de Cruces recursos para un audiovisual sobre o poeta de Córgomo. Alegría e agradecemento.
O
Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa
comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas
artesanalmente.
Estas máscaras foron pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
O alumnado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
E
decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da
comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente)
que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
Os
memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa
lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125
formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non
poden ser ofensivos nin sexistas.
Poderanse
enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu).
Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da
nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes,
tres máscaras.**
Comezamos
o curso viaxando a Euskal Herria para regueifar en Errenteria, ao
Festival de Culturas do Atlántico Atlantikaldia, convidados pola
Casa de Galiza en Donostia.Unha das probas consistía en desenvolver un tema a partir dunha situación flicticia. Unha experiencia única!!
O Proxecto FIFA é unha actividade impulsada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballon de Vila de Cruces. Con esta iniciativa preténdese promover o uso do Portugués nas novas tecnoloxías e combater os perxuízos e comportamentos sexistas nos videos-xogos e nas actividades deportivas.
Na FIFA 15 en XBox o alumnado preparou un tornero de FIFA programando equipos galegos femininos e masculinos de diferentes categorias, dende o Celta, Ourense ata o equipo feminino de Vila de Cruces, "Cruces FSF"
O Proxecto púxose a andar cunha conferencia do programador informático José Ramón Pichel, da empresa "Imaxin, Factoreia de Software e Multimedia" sobre a internacionalidade da nosa llingua e as novas tecnoloxías.
Hoxe presentamos na aula Manuel Dobarro do IES esta pequena e humilde peza audiovisual que fixeron co Clubeda Lingua: Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.Non ao acoso.
Unha produción conxunta do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Canto Ghalpón contra o acoso escolar.
A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pon a súa atención no campo das agresións verbais, insultos, prexuízos e discriminacións.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua.
Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais.
O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.
Os compañeriros e compañeiras do clube da Lingua fixeron onte unha triple presentación do libro Tattoos da Galiza. Pola maña presentáronnos no libro no instituto e pola tarde na librería Alvarellos de Lalín e librería Lila de Lilith de Santiago de Compostela. Na presentación estivo Julieta Penas, Tania Plaza, Eloy Hervela, Niko Alvarellos e Uxío Novo. No libro recóllense máis de 200 fotos que reflexan a Galiza que levamos tatuada na pel.
Parabéns compañeiros/as do Clube da lingua por ese gran proxecto!!!