Mostrando entradas con la etiqueta Acoso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acoso. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2023

Prevención do Acoso escolar


Iniciamos esta semana dando comezo ás charlas do Plan director da convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, impartidas pola Garda Civil.
Para comezar, visitounos un axente da zona que estivo a falar co alumnado de 1º da ESO e de 1º e 2º de Formación Profesional Básica sobre o acoso escolar (bullying). Ademais de centrarse no concepto e consecuencias, o axente puxo o foco no rol que xoga cada un dos actores participantes e o papel clave dos espectadores para frear os abusos. Asemade, resaltouse na sesión a responsabilidade legal dos menores nos seus actos, ben sexan por comisión de acoso escolar ou outros delitos.
Pronto nos volverán visitar para seguir falando deste tema en 2º ESO.


domingo, 2 de mayo de 2021

Día do acoso escolar

 Este curso o alumnado de 1º A de ESO estivo traballando en titoría distintas maneiras de acoso que se poden dar nos coles e nos institutos: como e cando se poden producir, como poden afectar a persoa acosada....

Elaboraron este vídeos para concienciar deste grave problema e ter mecanismos para poder evitalo.

Acoso físico

 Acoso sexual

 

 
 

martes, 29 de marzo de 2016

Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.

Hoxe presentamos na aula Manuel Dobarro do IES esta pequena e humilde peza audiovisual que fixeron co Clubeda Lingua: Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.Non ao acoso. Unha produción conxunta do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Canto Ghalpón contra o acoso escolar. A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pon a súa atención no campo das agresións verbais, insultos, prexuízos e discriminacións.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.